Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Proxectos Técnicos II Código 670G01027
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Representación e Teoría Arquitectónica
Tecnoloxía e Ciencia da Representación Gráfica
Coordinación
Fernández Álvarez, Ángel José
Correo electrónico
angel.fernandez.alvarez@udc.es
Profesorado
Fernández Álvarez, Ángel José
Correo electrónico
angel.fernandez.alvarez@udc.es
Web http://euat.udc.es
Descrición xeral A materia Proxectos Técnicos II desenvolve, como continuación da materia Proxectos Técnicos I, conceptos vinculados coa linguaxe gráfica do proxecto e contidos relacionados coa actividade do Arquitecto Técnico como responsable da redacción, análise, auditoría, control, xestión e desenvolvemento de proxectos técnicos dentro do seu ámbito de competencias.
Adquírense nocións conceptuais básicas achega do deseño e das metodoloxías necesarias para facer fronte ao deseño de proxectos de edificación, tanto de adecuación e rehabilitación como de obra nova así como a capacidade de redactar, analizar, controlar, xestionar e desenvolver proxectos técnicos no ámbito da edificación.
Tamén se introduce ao alumno no estudo dos antecedentes e as necesidades de planificación do deseño e a adquisición de coñecementos relativos á toma de datos e a planificación previa.
Proponse o establecemento dun proceso metodolóxico na realización do proxecto e o coñecemento dos elementos básicos do deseño, a súa forma e a súa importancia no espazo físico. Preténdese que o alumno obteña a capacidade para realizar proxectos técnicos dentro do seu ámbito de competencia atendendo tanto ao seu aspecto formal, funcional ou á súa execución.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 Redactar proxectos técnicos no ámbito da edificación.
A27 Desenvolver auditorías de proxectos e de execución de obras.
A29 Elaborar estudos, certificados, ditames, documentos e informes técnicos.
A31 Redactar, analizar, controlar, xestionar e desenvolver proxectos técnicos.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B7 Capacidade de traballo en equipo.
B13 Compromiso ético.
B15 Adaptación a novas situacións.
B16 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B19 Capacidade de liderado, diálogo e negociación.
B23 Orientación a resultados.
B24 Orientación ao cliente.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aptitude para redactar proxectos técnicos de obras e construcións, que non requiran proxecto arquitectónico. A15
A29
A31
B1
B2
B15
B16
B23
B24
C1
C3
C6
C8
Adquirir coñecementos da organización do traballo profesional e dos estudos, oficinas e sociedades profesionais, a regulamentación e a lexislación relacionada coas funcións que desenvolve o Arquitecto Técnico e o marco de responsabilidade asociado á actividade. A27
A29
B7
B13
B16
B19
B24
C1
C2
C3
C4
C5
C7
Analizar, auditar, controlar os proxectos de execución e a súa translación á execución das obras. A27
B2
B7
B16
B19
B24
C1
C4
C5
C6
Redactar documentos que forman parte de proxectos de execución elaborados en forma multidisciplinar. A15
A29
B1
B2
B16
B19
C1
C2
C3
C7
C8
Aplicar a normativa técnica ao proceso da edificación, e xerar documentos de especificación técnica dos procedementos e métodos construtivos de edificios. A29
A31
B2
B13
B16
B19
B24
C1
C2
C4
C6
Analizar, deseñar e executar solucións que faciliten a accesibilidade universal nos edificios e a súa contorna. A31
B1
B13
B16
B24
C4
C6
Determinar o contido gráfico dun proxecto técnico coa capacidade técnica para afrontar as cuestións tecnolóxicas e construtivas necesarias para a súa realización. A15
A31
B1
B15
B16
B23
C3
C6
C8
Capacidade para aplicar as ferramentas avanzadas necesarias parea a resolución das partes que comportan o proxecto técnico e a súa xestión. A15
A27
A29
A31
B1
B2
B15
B16
B23
C3
C5
C6
C8
Identificar, diferenciar e interpretar os códigos gráficos de representación dos elementos que interveñen nun proxecto arquitectónico aplicando as normativas e os criterios de deseño adecuadas a cada caso. A15
A31
B1
B2
B16
B23
B24
C1
C3
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCIÓN Introdución ao proxecto técnico en edificación. Definición e obxecto. Tipos de proxectos. Fases de elaboración do proxecto. Normativa.
METODOLOXÍA DO PROXECTO O contexto e os medios do proxecto. Proceso metodolóxico: análise, síntese, avaliación. Adecuación e coherencia entre proposta e obxectivos.
REPRESENTACIÓN, COMUNICACIÓN E DOCUMENTACIÓN DO PROXECTO Memorias: descritiva e construtiva. Análise do contido gráfico do proxecto.
ZONIFICACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE ESPAZOS Distribucións en relación coa función e o uso. Creación de espazos e ambientes. Estudo de percorridos e circulacións. A iluminación e o mobiliario como elementos de distribución. Relación entre espazos públicos e privados. Relación entre espazos e compatibilidade entre eles. Conexión entre espazos servidos e de servizo.
ESPAZOS COMERCIAIS E DE TRABALLO. CASO PRÁCTICO Análise, desenvolvemento e planificación dun espazo comercial ou de traballo.
O ESPAZO DOMÉSTICO: A VIVENDA. CASO PRÁCTICO. Análise, desenvolvemento e planificación dun ámbito destinado a vivenda.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A29 A31 B1 B13 B16 B23 C1 C4 C7 25 25 50
Obradoiro A15 A27 A29 A31 B1 B2 B7 B13 B16 B19 B23 C1 C4 C6 25 25 50
Traballos tutelados A15 A27 A31 B1 B2 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C6 0 30 30
Portafolios do alumno A15 B2 B7 B15 B19 B23 C1 C4 C7 C8 2 6 8
Análise de fontes documentais A27 B1 B2 B7 B13 B16 B23 C2 C3 C4 C5 C6 0 10 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O formato da docencia expositiva consiste na modalidade de exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de cuestións expostas aos estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A exposición oral poderase complementar con outro tipo de actividades formativas como conferencias, presentacións, charlas, visitas, etc.
Obradoiro A docencia interactiva organízase segundo a estrutura de taller de proxectos, modalidade formativa orientada á aplicación das aprendizaxes adquiridas nas clases teóricas e na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e a supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Con esta metodoloxía preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesorado tanto en escenarios académicos como profesionais. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación.
Portafolios do alumno Constitúe a recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto técnico elaborado: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntes vinculados aos lugares de traballo e ao desenrolo de a cada un dos exercicios propostos.
Análise de fontes documentais Para o desenvolvemento material dos traballos, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. De forma individual ou nos grupos de taller analízase a documentación dispoñible e amplíase, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
O profesor simultaneará o seguimento colectivo do grupo co de cada alumno para garantir a correcta evolución do proceso proyectual individual. Atenderanse as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de ensino/aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A15 B2 B7 B15 B19 B23 C1 C4 C7 C8 Neste apartado considérase o seguimento da recompilación de datos e a xestión de información elaborada polo alumno con relación aos traballos desenvolvidos así como a participación activa e o aproveitamento do alumnado nas prácticas e actividades que se realicen sobre os contidos da materia. 10
Traballos tutelados A15 A27 A31 B1 B2 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C6 Proporase a elaboración de dous traballos prácticos ao longo do cuadrimestre con dúas datas de entrega:

Primeira entrega (marzo): análise, desenvolvemento e planificación dun espazo comercial ou de traballo.

Segunda entrega (maio): análise, desenvolvemento e planificación dun espazo destinado a vivenda.
90
 
Observacións avaliación

Para a avaliación da materia esíxese unha asistencia regular tanto ás clases expositivas como ás interactivas cun mínimo do 80% de asistencia en cada unha delas.

A docencia da materia de Proxectos Técnicos II baséase nunha metodoloxía de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), suxeitos a un sistema de avaliación continua.

Cada proxecto realizarase de forma individual e consideraranse APTOS aqueles traballos que alcancen unha puntuación mínima de 5 sobre 10. Para superar a materia é necesario a correcta realización de TODOS os traballos propostos así como o adecuado seguimento dos mesmos na clase de prácticas (taller de proxectos) e nas tutorías.

Ademais da asistencia, participación e realización de traballos tutelados poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e procedimentales da materia.

Para superar a materia POR CURSO o alumno deberase realizar a entrega de TODOS os traballos propostos na forma e prazo sinalados ao comezo do período de docencia e cada un dos traballos deberá ser cualificado como APTO.

Os alumnos que non superen a materia por curso deberán entregar os traballos correspondentes na data fixada para a Primeira Oportunidade de avaliación (XUÑO) ou, no seu caso, na data fixada Segunda Oportunidade de avaliación (XULLO). Nestas entregas deberán seguirse obrigatoriamente as indicacións correspondentes do profesor responsable da materia.

IMPORTANTE: Terá a condición de NON PRESENTADO o alumno que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:

- Non cumprir co mínimo de asistencia esixido.
- Non entregar algún dos traballos propostos.

Non se permitirá completar ou modificar os traballos fóra das datas de entrega sinaladas.


Fontes de información
Bibliografía básica F. CHING (). ARQUITECTURA: FORMA, ESPACIO Y ORDEN. EDITORIAL GUSTAVO GILI
ERNST NEUFERT (). ARTE DE PROYECTAR EN ARQUITECTURA. EDITORIAL GUSTAVO GILI
GERARD ALLEN / RICHARD OIVER (). ARTE Y PROCESO DEL DIBUJO ARQUITECTÓNICO. EDITORIAL GUSTAVO GILI
F. ALCALDE (). BANCO DE DETALLES ARQUITECTÓNICOS. TECNOGRAPHIC S.L.
FRANCISCO DE GRACIA (). CONSTRUIR EN LO CONSTRUIDO: LA ARQUITECTURA COMO MODIFICACIÓN.
F. CHING Y STEVEN P. JOROSZEK (). DIBUJO Y PROYECTO. EDITORIAL GUSTAVO GILI
LEONARDO BENEVOLO (). DISEÑO DE LA CIUDAD. EDITORIAL GUSTAVO GILI
BRUNO MUNARI (). DISEÑO Y COMUNICACIÓN VISUAL. CONTRIBUCIÓN A UNA METODOLOGÍA DIDÁCTICA..
RUDOLF PRENZEL (). DISEÑO Y TÉCNICA DE LA REPRESENTACIÓN EN ARQUITECTURA. EDITORIAL GUSTAVO GILI
JORGE SAINZ (). EL DIBUJO DE ARQUITECTURA. EDITORIAL NEREA
BOUDON / POUSIN (). EL DIBUJO EN LA CONCEPCIÓN ARQUITECTÓNICA. LIMUSA. NORIEGA EDITORES
INSTITUTO DE BIOMECÁNICA DE VALENCIA (1992). ERGONOMÍA Y MUEBLE.
E. J. MCCORMIK (1980). ERGONOMÍA. FACTORES HUMANOS EN INGENIERÍA Y DISEÑO. EDITORIAL GUSTAVO GILI
S. GIEDION (). ESPACIO, TIEMPO Y ARQUITECTURA.. EDIT. DOSSAT
WUCIUS WON (). FUNDAMENTOS DEL DISEÑO BIDIMENSIONAL Y TRIDIMENSIONAL..
LEONARDO BENEVOLO (). HISTORIA DE LA ARQUITECTURA MODERNA. EDITORIAL GUSTAVO GILI
J. PANERO, M. ZELNIK (1983). LAS DIMENSIONES HUMANAS EN LOS ESPACIOS INTERIORES. EDITORIAL GUSTAVO GILI
F. CHING (). MANUAL DE DIBUJO ARQUITECTÓNICO. EDITORIAL GUSTAVO GILI
JONES CHRISTOPHER (). MÉTODOS DE DISEÑO..
LUDOVICO QUARONI (). PROYECTAR UN EDIFICIO: OCHO LECCIONES DE ARQUITECTURA. XARAIT EDICIONES
BRUNO ZEVI (). SABER VER LA ARQUITECTURA. EDIT. POSEIDON
K.D. PORTMAN (). SIGNOS Y SÍMBOLOS DE LOS DISEÑOS DE LA CONSTRUCCIÓN. EDITORIAL GUSTAVO GILI
HENRICH SCHMITT (). TRATADO DE LA CONSTRUCCIÓN. EDITORIAL GUSTAVO GILI

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeometría Descritiva/670G01004
Expresión Gráfica Arquitectónica I/670G01008
Construción I/670G01009
Construción II/670G01011
Expresión Gráfica Arquitectónica II/670G01013
Instalacións I/670G01014
Construción III/670G01017
Xeometría da Representación/670G01018
Estructuras I/670G01019
Topografía/670G01020
Proxectos Técnicos I/670G01023
Instalacións II/670G01024
Estruturas II/670G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Construción IV/670G01022

Materias que continúan o temario
Proxecto Fin de Grao/670G01036
Prácticas externas/670G01043

Observacións

NOTA: Para o correcto seguimento e aproveitamento da materia considérase conveniente o coñecemento e manexo de programas informáticos de deseño asistido (AutoCAD, ArchiCad, Revit, SketchUP, etc.), así como de programas informáticos de carácter ofimático (procesamento de textos, follas de cálculo, xestión de PDFs, tratamento de imaxes, presentacións, etc.).

Recoméndase acudir ás clases interactivas (taller de proxectos) provistos dun computador portatil con acceso a Internet.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías