Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Administración de Recursos en Unidades Informativas Código 710311101
Titulación
Licenciado en Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Xestión das unidades informativas. Tipoloxía dos recursos, planificación, xestión e avaliación dos mesmos

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecemento, comprensión, aplicación e valoración dos principios teóricos e metodolóxicos, e das técnicas para a planificación, organización e avaliación de sistemas, unidades e servizos de información.
A8 Habilidades para analizar, asesorar e formar a produtores, usuarios e clientes de servizos de información, así como habilidades nos procesos de negociación e comunicación.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B13 Capacidade de dirección e liderado.
B15 Capacidade de integración en equipos multidisciplinais.
B17 Capacidade para a adaptación a cambios no contorno.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dos principios teóricos e metodolóxicos para a xestión de recursos en unidades de información A2
Habilidades nos procesos de negociación e comunicación dentro e fora da organización A8
Aprender a traballar en grupo B5
Capacidade de dirección e liderado B13
Aprender a valorar a necesidade da perspectiva cidadan na análise e resolución de problemas B6
Capacidade de integración en equipos multidisciplinares B15
Capacidade de análise e adaptación ós cambios na contorna B17

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á Administración de recursos en unidades informativas

Concepto e funcións da Administración de recursos
2. Recursos organizacionais A estrutura organizacional
A Dirección
3. Recursos humanos Recursos humanos: Xestión e planificación
Recursos humanos: Desenvolvemento do persoal
4. Recursos económicos Recursos económicos: Financiamento e orzamento
Recursos económicos: Contabilidade directiva
5. Recursos informativos Desenvolvemento de coleccións
Xestión de coleccións
6. Infraestruturas das unidades informativas Xestión de desastres
Introducción á xestión da tecnoloxía

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos 18 18 36
Lecturas 0 15 15
Xogo de rol (role playing) 17 0 17
Proba de resposta múltiple 9 25 34
Sesión maxistral 48 10 58
Traballos tutelados 10 30 40
Resumo 0 15 15
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas
Lecturas Complemento das sesións maxistrais a través de textos seleccionados pola Profesora
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
Sesión maxistral Leccións impartidas pola profesora
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados
Resumo Síntese escrita das lecturas

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Xogo de rol (role playing)
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Resolución de dúbidas de interpretación. Orientación da discusión en grupo

Resolución de dúbidas de interpretación. Orientación da discusión en grupo. Retroacción

Resolución de problemas de comprensión

Orientación do traballo. Materiais metodolóxicos e bibliografía. Resolución de problemas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos Valora a capacidade de resolución de problemas e a creatividade das solucións dentro do contexto presentado 30
Xogo de rol (role playing) Valora a participación, a capacidade de resolución de conflitos, e a interacción co resto dos/as participantes 10
Proba de resposta múltiple Valora os coñecementos teóricos obtidos a través das leccións maxistrais e as lecturas 20
Traballos tutelados Valoración dos coñecementos, estructuración dos mesmos, orixinalidade dos contidos, calidade da bibliografía empregada e presentación 20
Resumo Valoración de comprensión e capacidade de síntese 10
 
Observacións avaliación

Os/as alumnos/as en período de extinción da materia realizaran o exame oficial das distintas convocatorias, con cuestións teóricas e prácticas


Fontes de información
Bibliografía básica

Corral, Sheila: Strategic Management of Information Services: A Planning Handbook. London: Aslib, 2000.

 

Costa Cabanillas, Ángel, López Méndez, Ernesto: Los Secretos de la dirección : manual práctico para dirigir organizaciones y equipos. Reimp. Madrid: Pirámide, 2002.

 

Evans, Edwards G., Ward, Paatricia L., Rugaas, Bendik: Management Basics for Information Professionals. 2nd. ed. New York: Neal-Schuman, 2007.

 

Gibson, James L., [et al.]: Organizaciones: comportamiento, estructura, procesos. 12ª ed. México, etc.: McGraw Hill, 2006.

 

Paños Álvarez, Antonio, coord., Carrasco Fernández, A. José: Administración de recursos en unidades informativas. Murcia, DM, 2004.

 

Stueart, Robert D.,  Moran, B. Gestión de bibliotecas y centros de información. Barcelona: Pagés, 1998

 

Johnson, Peggy: Fundamentals of Collection Development & management. Chicago, American Library Association, 2004.

 

Puchol, Luis, et al.: El libro de las habilidades directivas. 2ª ed. Madrid:  Diaz de Santos, 2006.

 

Pymm, Bob, Hickey, Damon: Learn Library Management. 2nd. Friendswood: Total Recall, 2007.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías