Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Deseño de Recursos Informativos no Contorno Web Código 710311602
Titulación
Licenciado en Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Primeiro-Segundo Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://docencia.lbd.udc.es/dri/
Descrición xeral A formidable expansión, acontecida nos últimos anos, do uso de Internet en xeral, e das tecnoloxías web en particular, ven de revolucionar o xeito en que temos acceso á información que precisamos. A web simplificou enormemente o acceso a inxentes cantidades de dados desde calquera punto do planeta; mais complicou tamén a asimilación e selección da información que se necesita de entre toda a disponíbel.

O obxectivo fundamental desta asignatura é o de dotar aos estudiantes coa capacidade de deseñar recursos de información facendo uso das tecnoloxías web, cunha axeitada organización da información que permita a adecuación dos recursos ás necesidades dos usuarios.

Con esa fin, serán proporcionados aos estudiantes os fundamentos tecnolóxicos necesarios para coñecer as capacidades proporcionadas polas tecnoloxías web, e dotalos ao tempo dunha certa independencia no seu manexo. E serán analizadas arquitecturas, técnicas e recomendacións de deseño, organización e presentación de sitios web, facendo especial énfase no concepto de usabilidade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Coñecemento e aplicación das tecnoloxías da información que se emprega nas unidades e servizos de información e nos procesos e transferencia da información.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B8 Capacidade de análise e de síntese aplicada á xestión e organización da información.
B9 Capacidade de xestión da información relevante.
B11 Habilidades no uso de software xenérico (ofimática).
B14 Capacidade de organización e planificación do traballo propio.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Deseñar recursos de información facendo uso das tecnoloxías web, cunha axeitada organización da información que permita a adecuación dos recursos ás necesidades dos usuarios. A5
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B11
B14
C3
C6
Coñecer as capacidades proporcionadas polas tecnoloxías web A5
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B11
B14
C3
C6
Coñecer arquitecturas, técnicas e recomendacións de deseño, organización e presentación de sitios web, facendo especial énfase no concepto de usabilidade. A5
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B11
B14
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Conceptos básicos de informática necesarios para entender o resto dos contidos da asignatura.
Fundamentos. Tecnoloxías. A linguaxe HTML.
Follas de estilos CSS.
Deseño de sitios web O proceso de deseño web.
Organización e exploración de sitios web.
Elementos para o deseño.
Principios básicos de deseño.
Accesibilidade web.
Conceptos avanzados Ferramentas de publicación: xestores de contidos, wikis e blogs
HTML dinámico.
Aplicacións web.
Plugins.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A5 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B14 C3 C6 25 25 50
Traballos tutelados A5 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B14 C3 C6 25 25 50
 
Atención personalizada 12.5 0 12.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Realización dunha proba escrita individual onde haberá preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas de resposta breve.
Traballos tutelados Realización, por parte de cada alumno e de forma individual, de proxectos nos que se poña en práctica o aprendido en cada tema da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Se estima que entre o alumnado haberá diferencias notables tanto en canto á sua familiariación con conceptos e termos informáticos, como en canta ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. Por iso, prevese desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e para os traballos que se desenvolverán de forma individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B14 C3 C6 Proba individual escrita sobre contido teórico e práctico 50
Traballos tutelados A5 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B14 C3 C6 Avaliarase a calidade dos traballos realizados 50
 
Observacións avaliación

Para aprobar é necesario obter as seguintes cualificacións mínimas:

  • Na proba mixta: 2,5 puntos sobre 5
  • Nos traballos tutelados: 2,5 puntos sobre 5
O criterio para obter a cualificación de non presentado é non asistir á proba mixta. Os criterios son os mesmos en todas as convocatorias.

Fontes de información
Bibliografía básica

Dado o caracter esencialmente práctico desta asignatura, a bibliografía estará composta polos manuais das ferramentas informáticas descritas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías