Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Lingua Portuguesa Código 710476009
Titulación
Mestrado Universitario en Patrimonio Cultural: A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Estudo descritivo-instrumental da lingua portuguesa, así como do proceso histórico do sistema lingüístico galego-portugués que acabou na expansión internacional da lingua e na existencia de varias normas.
Perséguese que o alumnado sexa quen de ler e se expresar cun mínimo de corrección en portugués, tanto oralmente como por escrito, para o que deberá adquirir as competencias do nivel A2 (usuario básico, grao elevado do nivel elemental), dentro dos seis niveis que se distinguen no "Marco común europeo de referencia para as linguas".

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer o patrimonio cultural do Noroeste peninsular dende un punto de vista diacrónico.
A2 Estar capacitado para investigar en temas de patrimonio cultural eurorrexional.
A3 Coñecer os diferentes bens e recursos patrimoniais que identifican tanto a Galicia como ó Norte de Portugal, para o desenvolvemento de convenios de colaboración e conservación conxuntos.
A5 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento en temas eurorrexionais.
A8 Coñecer linguas modernas: uso correcto, oral e escrito, das linguas propias da eurorrexión.
A14 Ter capacidade de integración en equipos multidisciplinares galegos e portugueses: saber traballar con equipos internacionais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B9 Capacidade de análise e de síntese aplicada á xestión e organización da
B10 Capacidade de xestión da información relevante.
B13 Coñecemento falado e escrito dunha lingua estranxeira (con preferencia inglés).
B14 Capacidade de organización e planificación do traballo propio.
B16 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade no ámbito do exercicio
B19 Motivación e compromiso cara a calidade nas actuacións profesionais.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o proceso histórico do sistema lingüístico galego-portugués que acabou na expansión internacional da lingua e na existencia da varias normas. AI1
AI2
AI3
AI5
BI1
BI3
BI8
BI9
BI13
BI18
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
Coñecer as principais variedades do portugués empregadas na actualidade. AI8
BI1
BI3
BI8
BI9
BI12
BI13
BI15
BI18
CM2
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
Ser capaz de ler en portugués. AI8
BI1
BI4
BI12
CM2
Ser capaz de expresarse en portugués, tanto oralmente como por escrito, cun mínimo de corrección. AI8
AI14
BI1
BI4
BI12
BI13
CM2
CM7
Valorar el potencial que ofrece o galego como instrumento útil para o mundo lusófono en que se inscribe. AI14
BI1
BI4
BI15
CM4
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución histórica 1.1. A unidade lingüística galego-portuguesa
1.2. Galiza e o Norte de Portugal
1.3. Aproximación ás variedades lingüísticas no ámbito galego-portugués
2. Apresentar(-se) e despedir-se. Cumprimentar e dar informações de caráter pessoal 2.1. Alfabeto e ortografia: relação grafema-fone; questões de coarticulação; acentuação gráfica e fonológica
2.2. Informação pessoal (morada, estado civil, profissão, nacionalidade). Formas de tratamento
3. Descrever pessoas física e psicologicamente 3.1. Feminino e plural dos nomes e adjetivos
3.2. Presente do Indicativo dos verbos regulares
3.3. Construção perifrástica estar + infinitivo
3.4. Corpo humano. Cores
4. Localizar e descrever lugares, pedir informações sobre lugares e indicar direções. Seguir um mapa 4.1. Artigos e contrações. Possessivos. Demonstrativos
4.2. Casa. Cidade. Lojas
5. Reservar um quarto no hotel. Perguntar e dizer as horas 5.1. Presente do Indicativo dos verbos irregulares.
5.2. Interrogativos
5.3. Números cardinais e ordinais
6. Pedir no café, no restaurante e noutras lojas. Perguntar preços e pedir artigos em lojas. Expressar preferência 6.1. Pretérito Perfeito Simples, Pretérito Imperfeito e Pretéririto Mais-Que-Perfeito Simples do Indicativo
6.2. Compras. Roupa. Refeições, comidas e bebidas
7. Falar de acções da vida quotidiana que decorrem no momento 7.1. Grau dos adjetivos e dos advérbios. Locuções adverbiais de tempo, lugar e modo
7.2. Dia a dia e lazer. Viagens e meios de transporte
8. Escrever cartas 8.1. Pronomes pessoais. Colocação dos pronomes pessoais
8.2. Verbos reflexos
8.3. Família
9. Falar de festas e tradições. Comparar países e hábitos 9.1. Preposições e locuções prepositivas. Construções perifrásticas andar + inf., haver de + inf., costumar + inf., ter de + inf., conseguir + inf.
9.2. Meses, estações e épocas festivas do ano
10. Fazer planos para as férias e o tempo livre. Convidar, aceitar e recusar. Concordar e discordar. Pedir descupas 10.1 Futuro do Indicativo. Imperativo
10.2 Atividades do tempo livre. Desportos
11. Falar sobre o tempo climatérico 11.1 Infinitivo pessoal
11.2. Clima
12. Ir ao médico. Aconselhar e dar instruções 12.1. Particípio passado. Particípios duplos. Voz activa e voz passiva
12.2. Saúde
13. Falar sobre acontecimentos passados e futuros. Argumentar e defender pontos de vista 13.1 Falsos amigos
13.2 Expressões de cortesia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 4 1 5
Traballos tutelados 1 6 7
Proba obxectiva 2 2 4
Análise de fontes documentais 6 6 12
Lecturas 0 6 6
Presentación oral 2 6 8
Discusión dirixida 6 2 8
Actividades iniciais 1 0 1
Recensión bilbiográfica 1 4 5
Estudo de casos 3 6 9
Aprendizaxe colaborativa 2 6 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor de contidos teóricos.
Traballos tutelados O alumnado deberá desenvolver un traballo tutelado polo profesor responsábel da materia. Os prazos para a determinación do tema, as sesións de atendemento e a entrega do mesmo serán anunciados na primeira sesión presencial.
Proba obxectiva O alumnado deberá superar determinadas probas (orais e escritas) durante o cuadrimestre.
O número e natureza destas probas serán determinados nas primeiras sesións presenciais.
Análise de fontes documentais Análise de documentos audiovisuais ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou filmes, noticias de actualidade, gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) como instrumento de aplicación de estudo de casos.
Lecturas O alumnado deberá ler unha serie de obras sinaladas polo profesor que servierán de fonte para a profundización dos contidos traballados.
Ademais, para un óptimo aproveitamento das sesións, deberá ter leído e analizado previamente artigos especializados que se indiquen para cada sesión.
Presentación oral O alumnado deberá realizar a presentación oral de algúns supostos prácticos de expresión oral en lingua portuguesa que o profesor presentará durante as sesións presenciais e, eventualmente, tamén do traballo tutelado.
Discusión dirixida Los alumnos participarán en discusións dirixidas polo profesor sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións, estudando o léxico e as destrezas que a discusión demande.
Actividades iniciais Actividades de sondaxe das competencias previas do alumnado en lingua portuguesa e de presentación dos obxectivos, metodoloxías e mecanismos de avaliación do curso.
Recensión bilbiográfica Lectura crítica de libros ou artigos, atendendo á análise do seu contido en relación á literatura existente sobre o tema, a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou á propia experiencia do alumnado.
Estudo de casos Perante a descrición dunha situación específica de comunicación, o alumnado (de maneira individual ou en grupo) realizará dous tipos de actividades: nuns casos, recoñecer as variantes lingüísticas presentes e proceder ao estudo do léxico e a morfosintaxe (e, cando o soporte documental o permitir, tamén a fonética); noutros, defrontarse de maneira práctica aos reptos comunicacionais da situación presentada (ora oralmente, ora por escrito), atendendo ás cuestións gramaticais -con especial atención ás pragmáticas.
A adaptación á situación real proposta das solucións fornecidas polos participantes serán discutidas e avaliadas nun proceso de práctica oral da lingua até alcanzar unha decisión razoada.
Aprendizaxe colaborativa Oalumnado realizará traballos que supoñan contraste de ideas e estratexias, retroalimentación e aprendizaxe colaborativa cos compañeiros.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Presentación oral
Discusión dirixida
Lecturas
Análise de fontes documentais
Actividades iniciais
Estudo de casos
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Relativamente á realización do traballo tutelado, será preciso consultar o profesor para determinar o tema, as estratexias de realización e as fontes documentais que podan resultar de utilidade.
Nas discusións dirixidas e nos estudos de casos, o profesorado analisará a evolución de cada alumno e as dificultades específicas que presente e, cando for preciso, programará sesións de atendemento personalizado para atender estas cuestións.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo tutelado será avaliado cun 15% da cualificación final.
Para a súa avaliación terase en conta tanto os resultados do mesmo como a entrega nos prazos determinados e a realización das sesións de atendemento personalizado que foren marcadas.
15
Proba obxectiva Os exercicios especiais de avaliación (orais ou escritos) proporcionarán o 40% da cualificación final. 40
Presentación oral A presentación oral do traballo tutelado e cantas foren realizadas durante o curso será avaliada cun 15% da cualificación final. 15
Discusión dirixida Serán avaliadas tanto a correcta preparación como a participación activa nas discusións dirixidas. 10
Análise de fontes documentais A participación activa na análise de documentos audiovisuais ou bibliográficos como instrumento de aplicación de estudo de casos será avaliada cun 10% da cualificación final. 10
Estudo de casos As actividades de estudos de casos (recoñecemento de variedades lingüísticas, defrontamento de situacións comunicacionais concretas, debates sobre a adaptación das solucións fornecidas polos participantes á situación proposta etc.) serán avaliadas cun 10% da cualificación final. 10
 
Observacións avaliación

Avaliarase una serie de pequenos traballos tutelados (de fonética, morfosintaxe, léxico, semántica...) que serán expostos oralmente ora nas sesión presenciais, ora nas de atención personalizada. Realizaranse igualmente as probas escritas e/ou de laboratorio que se consideraren necesarias.

O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá participar através de ferramentas de comunicación asíncrona.

En xullo o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior, incluída a proba de ensaio. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación.

 


Fontes de información
Bibliografía básica (2008). Acordo ortográfico: guia prático. Porto: Porto Editora
Castro, Ivo (1991). Curso de História da Língua Portuguesa. Lisboa: Universidade Aberta
(2009). Dicionário da Língua Portuguesa. Porto: Porto Editora
Vázquez Cuesta, P. / Luz, Mª A. Mendes da (1971). Gramática da Língua Portuguesa. Lisboa: Edições 70
Mateus, Maria Helena et alli (orgs.) (2003 (5ª ed. revista e aumentada)). Gramática da Língua Portuguesa. Lisboa: Caminho
Faraco, C. E. / Moura, F. M. (2003 (14 ed.)). Gramática Nova. São Paulo: Editora Ática
Mariño Paz, Ramón (1998). Historia da lingua galega. Compostela: Sotelo Blanco
Teyssier, Paul (1990). História da Língua Portuguesa. Lisboa: Sá da Costa
Hauy, A. B. (1989). História da Língua Portuguesa. Vol. I: Séculos XII, XIII e XIV. São Paulo: Ática
Maia, C. de Azevedo (1997 (1986)). História do Galego-Português. Estado Linguìstico da Galiza e do Noroeste de Portugal desde o Século XIII ao Século XVI (Com Referência à Situação do Galego Moderno). Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian /JNICT
Castro, Ivo (2006). Introdução à História do Português. Lisboa: Colibri
Ribeiro, Manoel Pinto (2007 (17ª ed.)). Nova Gramática aplicada da língua portuguesa; uma comunicação interativa. Rio de Janeiro: Metáfora Editora
Cunha, C. Ferreira da / Cintra, L. F. Lindley (2007 (14ª ed. rev. e ampliada)). Nova Gramática do Português Contemporâneo. Lisboa: Sá da Costa
Gomes, Francisco Álvaro (2008). O acordo ortográfico. Moatosinhos: Edições Flumen
Houaiss, Antônio (1992). O Português no Brasil. Rio de Janeiro: Ed. Revan
Silva, Mendes (1982). Português contemporâneo. Lisboa: Instituto da Cultura e da Lingua Portuguesa
Bergström, Magnus / Reis, Neves (1997 (42ª ed.)). Prontuário Ortográfico e Guia da Língua Portuguesa. Lisboa: Editorial Notícias

Recursos em linha

Ciberdúvidas da língua portuguesa: http://www.ciberduvidas.com/respostas.php

Dicionário Priberam da Língua Portuguesa: http://www.priberam.pt/dlpo/definir_resultados.aspx?bibliografia

Infopédia. Enciclopédia e dicionários Porto Editora: http://www.infopedia.pt/lingua-portuguesa/


ANDAIME, RECURSOS LINGUÍSTICOS: http://andaime.eu/node/34

Bibliografía complementaria Fontenla, José Luís (1990). "Lusofonia e ortografia", en Temas do Ensino vol. VI. Ressurgimento galego, essa lusofonia: 45-56.
Castro, Ivo (1987). "O Linguista e a Fixação da Norma" in Mendes e Freitas (orgs.) Actas do XVIII Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Linguística. Lisboa: APL
Castro, Ivo / Duarte, Inês e Leiria, Isabel (orgs.) (1987). A Demanda da Ortografia Portuguesa. Comentário do Acordo Ortográfico de 1986 e subsídios para a comprensão da Questão que se lhe seguiu. Lisboa: Edições João Sá da Costa
Nogueira, Camilo (2001). A memoria da nación. O reino de Gallaecia. Vigo: Xerais
Leite, Yonne / Callou, Dinah (2002). Como falam os brasileiros. Rio de Janeiro: Jorge Zahar Editor
Cunha, Antônio Geraldo da (1982). Dicionário Etimológico da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Nova Fronteira
Cintra, L. F Lindley (1983). Estudos de Dialectologia Portuguesa. Lisboa: Livraria Sá da Costa


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías