Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Ampliación de hidrostática e hidrodinámica Código 730496020
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Pena Agras, Jose Daniel
Correo electrónico
daniel.pena1@udc.es
Profesorado
Miguez Gonzalez, Marcos
Pena Agras, Jose Daniel
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
daniel.pena1@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é ampliar os coñecementos de hidrostática e á hidrodinámica naval, así como o modo de facer os cálculos de arquitectura e hidrodinámica naval, dos alumnos procedentes dos Graos en Propulsión e Servizos do Buque ou con coñecementos moderados nestas temáticas.

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
B7 Falar ben en público
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para a comprensión dos fundamentos nos que se basean tanto a hidrostática como a hidrodinámica do buque, incluíndo a realización de todos os cálculos relacionados con ambos campos e a capacidade para analizar os resultados obtidos. BM1
BM2
BM4
BM5
BM6
BM7
CM1

Contidos
Temas Subtemas
Hidrodinámica. Resistencia ó avance - Descomposición da resistencia ó avance.
- Métodos teóricos e experimentais de análisie de resistencia ó avance.
- Ensaios en canle de experiencias.
- Resistencia por formación de ondas.
Hidrodinámica. Propulsor - Teorías de funcionamiento do propulsor.
- Ensaios experimentais.
- Cavitación.
- Series sistemáticas.
Hidrodinámica. Proxecto de hélices - Cálculo a diámetro óptimo.
- Cálculo a revolucións óptimas.
Hidrostática. Estabilidade transversal - Estabilidade transversal a pequenos e grandes ángulos.
- Estabilidade dinámica.
- Criterios de estabilidade en estado intacto.
- Experiencia de estabilidade
Hidrostática. Estabilidade lonxitudinal - Modificacións no trimado do buque pola variación da condición de carga.
Hidrostática. Varadas accidentais e controladas - Varada en dique seco.
- Varada en dique flotante.
- Varada involuntaria.
Hidrostática. Estabilidade tras avarías - Cálculo do equilibrio lonxitudinal do buque tras avaría.
- Cálculo do equilibrio transversal do buque tras avaría.
- Criterios reglamentarios de estabilidade do buque tras avarías.
Hidrostática. Francobordo e arqueo - Francobordo. Convenio de Liñass de Carga de 1966. Protocolo de 1988.
- Arqueo. O Convenio de Arqueo de Buques de 1969.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B5 15 25 40
Proba obxectiva B2 B5 B6 6 0 6
Solución de problemas B6 B2 8 10 18
Prácticas de laboratorio B2 C1 6 10.5 16.5
Traballos tutelados B1 B4 B7 C1 6 22 28
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación e desenvolvemento dos temas teóricos e prácticos citados no apartado de contidos
Proba obxectiva Unha proba obxectiva que consistirá nun examen que se dividirá en duas partes:

1.- Hidrostática
2.- Hidrodinámica

Cada unha de estas partes se dividirá a súa vez en Teoría e Práctica.
Solución de problemas Ao longo do curso serán propostos unha serie de problemas a resolver de modo individual, relacionados coas dúas partes da asignatura (Hidrostática e Hidrodinámica).
Todos estes problemas serán obrigatorios, e será imprescindible a súa realización para superar esta materia.

Prácticas de laboratorio Ao longo do curso realizaranse unha serie de prácticas de laboratorio, que serán de obrigada asistencia, e tralas cales será necesario entregar unha memoria, na que se abordará un problema relacionado con ditas prácticas. A realización e entrega en prazo desta memoria, cuxo obxectivo, extensión e datas de entrega publicaranse na web (Moodle) da asignatura e faranse públicas nas clases presenciais, é tamén obrigatoria para superar a asignatura.
Traballos tutelados Ao longo do curso será proposto un traballo tutelado, de caracter individual ou en grupo relacionado con algunha das partes en que se divide a asignatura.
Este será de caracter obrigatorio, e será imprescindible a realización e presentación pública do mesmo para superar esta materia.
A presentación pública terá lugar nas horas lectivas do horario da materia, podendo acordar cos alumnos, en casos excepcionáis e sempre a criterio do profesor, outros horarios de defensa.
Os detalles das datas/prazos dos traballos, así como o seu contido e o seu caracter individual ou en grupo, publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicas nas clases presenciais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
Atención personalizada na realización dos problemas de cada unha das partes da asignatura, para a realización da memoria das prácticas e para a realización do traballo tutelado.

Este apartado é tamén de aplicación a aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase e que precisen de atención fora do horario de clases e/o titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B4 B7 C1 A calificación do traballo tutelado representará un máximo dun 30% sobre a nota de cada unha das partes da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva". 30
Solución de problemas B6 B2 A calificación destes problemas representará un máximo dun 10% da nota, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva" 10
Proba obxectiva B2 B5 B6 Unha proba obxectiva que consistirá nun examen que se dividirá en duas partes:

1.- Hidrostática
2.- Hidrodinámica

Cada unha de estas partes dividirase a súa vez en Teoría e Práctica.

Para poder aprobar a materia haberá que ter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das partes citadas (Teoría e Práctica).

A parte de Teoría terá unha valoración de entre o 35% e o 65% do total e a de Práctica o 65% ou o 35% do total respectivamente, a definir ó comezo do curso, e farase público a través de Moodle e nas clases presenciais.

A valoración de cada unha de esas partes será.

1.- 50 % do total
2.- 50 % do total

Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas.

Todo estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico correspondente. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria extraordinaria de decembro.

A LIBERACIÓN DAS PARTES SO SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE.

A cualificación máxima desta proba obxectiva será dun 50 % da nota final do alumno.
50
Prácticas de laboratorio B2 C1 A cualificación destes problemas representará un máximo dun 10% sobre a nota da asignatura, a condición de que a cualificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva" 10
 
Observacións avaliación
Dado
que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os
requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán
que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os
mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa, con excepción de non
ser necesaria a realización da presentación oral do traballo tutelado,
nin a asistencia ás prácticas de laboratorio, nin a memoria destas
prácticas.



Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán
realizar un exame de prácticas, cuxa cualificación corresponderase cun 10 %
do total, e deberán responder a unha serie de preguntas orais sobre o
traballo tutelado, que contabilizarán na valoración do mesmo.

Fontes de información
Bibliografía básica JOSÉ DANIEL PENA AGRAS (). DOCUMENTACIÓN VARIA. Moodle
JOSÉ MARÍA DE JUAN GARCÍA AGUADO (). ESTÁTICA DEL BUQUE. EUP / UDC
JOSÉ ANTONIO BAQUERO (). INTRODUCCIÓN A LA PROPULSIÓN DE BUQUES. E.T.S.I.N. (U.P.M.)
JOSE ANTONIO ALAEZ ZAZURCA (). INTRODUCCIÓN A LA TEORÍA DEL FUNCIONAMIENTO DE LA HÉLICE. E.T.S.I.N. (U.P.M.)
JOSÉ ANTONIO BAQUERO (). RESISTENCIA AL AVANCE. E.T.S.I.N. (U.P.M.)
JOSE ANTONIO ALAEZ ZAZURCA (). RESISTENCIA VISCOSA DE BUQUES. CANAL DE EXPERIENCIAS HIDRODINÁMICAS DE EL PARDO
JOSE ANTONIO ALAEZ ZAZURCA (). TEORÍA DEL BUQUE. E.T.S.I.N. (U.P.M.)
JOSÉ ANTONIO ALAEZ ZAZURCA (). TEORÍA DEL BUQUE I. E.T.S.I.N. (U.P.M.),

Bibliografía complementaria (). PRINCIPLES OF NAVAL ARCHITECTURE. S.N.A.M.E.
HARVALD (). RESISTANCE AND PROPULSION OF SHIPS.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Hidrodinámica naval avanzada/730496002
Traballo fin de mestrado/730496023

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías