Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
Coñecemento axeitado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas. |
A15 |
Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación. |
A17 |
Coñecementos aplicados de organización de empresas. |
A18 |
Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo |
B5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades |
B7 |
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas |
B8 |
Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades |
B9 |
Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento |
C1 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C2 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C3 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C4 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C5 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C6 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Traballar de forma colaboradora coas diferentes áreas da empresa implicadas no proceso de deseño e desenvolvemento de proxectos de enxeñaría. |
A6 A15 A17 A18
|
B4 B6 B8
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6
|
Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo. |
A6 A15 A17 A18
|
B2 B3
|
C2 C3 C4 C5 C6
|
Capacidade de organización e planificación do proceso de deseño e desenvolvemento de novos produtos. |
A6 A15 A17 A18
|
B5 B7
|
C2 C3 C4 C5 C6
|
Capacidade para integrarse eficazmente nos proxectos e interrelacionarse coas demais áreas da empresa implicadas neste. |
A6 A15 A17 A18
|
B6 B9
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6
|
Entender e xestionar as diferentes implicacións que a actividade ingenieril ten sobre os aspectos económicos, organizativos e comerciais na empresa. |
A6 A15 A17 A18
|
B3 B4 B6 B8
|
C2 C3 C4 C5 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1: INTRODUCCIÓN |
O concepto de empresa
O contexto socieconómico empresarial
Os obxectivos empresariais
O empresario. Formas xurídicas
O tamaño empresarial |
TEMA 2: A Organización da Empresa |
A organización da empresa
Estruturas organizativas básicas
Estruturas orientadas a proxectos
Análise de estruturas organizativas: O modelo de Mintzberg |
TEMA 3: Empresa e Producto |
A Carteira de Negocios da Empresa: Campo de Actividades
Estratexias no campo de Actividades
A cadea de valor
Ciclo de Vida do Produto
Matrices de Actividades
Ciclo de vida da organización |
TEMA 4: A Empresa e o Sistema de Marketing |
O concepto xeral de mercadotecnia
Planificación: A Mercadotecnia Estratéxica
Execución e Control: A Mercadotecnia Operativa |
TEMA 5: La Empresa e o Sistema de Producción |
O concepto xeral de produción
Estudo de Custos
Just in Time |
TEMA 6: Análise dos Estados Financeieros |
Definición e Campo de Aplicación
Análise do Negocio e o seu Ámbito
Os estados financeiros: Reflexo das Actividades da Empresa
A Análise Financeira e Económica |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A6 A15 A17 B3 B9 C1 C2 C3 C4 C5 |
30 |
30 |
60 |
Estudo de casos |
A18 B5 B7 C2 C4 C6 |
12 |
12 |
24 |
Traballos tutelados |
A18 B2 B4 B6 B8 C1 C3 C5 |
8 |
40 |
48 |
Proba de resposta múltiple |
A6 A17 B7 |
4 |
12 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesor impartirá a maior parte dos contidos teóricos da materia a través da exposición destes en sesións expositivas, nas que a participación dos alumnos será promovida tamén.
O profesor axudarase de medios audiovisuais para unha mellor exposición dos contidos da materia. |
Estudo de casos |
Ao longo do curso, iranse presentando casos de estudo aos alumnos para a súa análise e discusión en clase, así como para a elaboración de traballos ben individuais, ben colectivos, que serán obxecto de avaliación e computarán na nota final.
Os casos corresponderanse con aspectos ilustrativos dos temas obxecto da materia.
O profesor axudarase e propoñerá aos alumnos o emprego de ferramentas de simulación para a toma de decisións a través dun xogo de empresa. |
Traballos tutelados |
Propoñerase a elaboración dun traballo tutelado a realizar en grupo os alumnos. O alcance do devandito traballo así como as súas particularidades e peso na nota final serán transmitidos aos alumnos coa antelación debida.
O traballo pretende que os alumnos desenvolvan a súa capacidade de traballo en equipo elaborando unha actuación orixinal e creativa, a través de da análise dun determinado caso para o cal terán que poñer en práctica as competencias adquiridas ao longo do curso. |
Proba de resposta múltiple |
Consistirá nunha proba de avaliación dos coñecementos adquiridos á finalización da exposición de todos os contidos da materia.
Propoñerase un conxunto de preguntas con varias opcións de resposta. O número de preguntas, de opcións de resposta e o criterio de puntuación será establecido polo profesor á súa discreción. Os alumnos serán informados de tales aspectos coa antelación debida. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Proba de resposta múltiple |
|
Descrición |
Todas as actividades e metodoloxías desenvolvidas ao longo do curso requiren da atención personalizada do alumno para a súa mellor compresión e consecución. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A18 B5 B7 C2 C4 C6 |
Proposta e valoración de traballos por parte do alumno/s. Os casos poderán computar ata nun 20% da nota final de avaliación da materia; á súa vez, esíxese un rendemento mínimo do 30% nesta parte para poder aprobar a materia, salvo repetidores ano anterior que se lles garda nota. |
10 |
Traballos tutelados |
A18 B2 B4 B6 B8 C1 C3 C5 |
Valoración do Traballo do Curso elaborado en grupo. Como a asignatura esta orientada á práctica, é imprescindible que os alumnos demostren a súa capacidade de análise global, co estudio dun caso específico reai. A realizacion e exposicion do traballo e obrigatoria. O traballo poderá computar ata nun 40% da nota de avaliación da materia. Esíxese un rendemento mínimo do 30% na súa valoración para poder aprobar a materia, salvo repetidores do ano anterior que se lles gardará a nota. |
30 |
Proba de resposta múltiple |
A6 A17 B7 |
Corrección do exame de resposta múltiple, de acordo cos criterios que no seu momento se presenten. O exame poderá computar ata nun 60% da nota de avaliación da materia. Esíxese un rendemento mínimo do 45% na súa valoración para poder aprobar a materia. |
60 |
|
Observacións avaliación |
O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ó inicio do curso a
súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b
e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). O alumnado nesta situación será evaluado na data aprobada na
Xunta de Escola, mediante una proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da
Guía e un traballo a consensuar cos profesores da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fernández Sánchez, E., Junquera Cimadevilla, B., del Brío González, J.A. (2008). Iniciación a los Negocios para Ingenieros. Aspectos Funcionales. España |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|