Identifying Data 2016/17
Subject (*) INFORMÁTICA Code 730G04004
Study programme
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First FB 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Computación
Coordinador
Duro Fernandez, Richard Jose
E-mail
richard.duro@udc.es
Lecturers
Becerra Permuy, Jose Antonio
Bellas Bouza, Francisco Javier
Duro Fernandez, Richard Jose
Monroy Camafreita, Juan
E-mail
jose.antonio.becerra.permuy@udc.es
francisco.bellas@udc.es
richard.duro@udc.es
juan.monroy@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es
General description A materia obxecto desta guía constitúe a única disciplina de formación básica de ámbito puramente informático na titulación. Polos seus contidos, e dado o marcado carácter instrumental da materia e que a maior parte das materias de Enxeñaría necesitan métodos de cálculo susceptibles de ser realizados con axuda de ordenador, observamos que poderían ser practicamente todas as materias ás que a Informática apoiase dende os seus contidos como ferramenta indispensable para o enxeñeiro.

Study programme competencies
Code Study programme competences

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer a estrutura funcional dun computador e os seus compoñentes principais. A3
B4
C1
C4
C5
Comprender a representación da información no computador. A3
B9
C1
C5
Adquirir coñecementos sobre a estrutura e funcións dun sistema operativo A3
C1
C5
Coñecer os fundamentos das redes de computadores e de Internet C1
C5
Capacidade de resolver problemas mediante o computador, neste caso o desenvolvemento de algoritmos e/ou programas A3
A12
B2
B3
B6
B7
C1
C5

Contents
Topic Sub-topic
BLOQUE DIDÁCTICO I ------------------------------------------------
Tema 1: Representación da información 1.1.- Medida da información
1.2.- Sistemas de numeración usuais en Informática
1.2.1 Sistema de numeración binario
1.2.2 Códigos intermedios
1.3.- Representación de números enteiros
1.3.1.- Representación binaria sen signo
1.3.2.- Representación binaria signo-magnitude
1.3.3.- Representación binaria en complemento a 1
1.3.4.- Representación binaria en complemento a 2
1.3.5.- Aritmética con enteiros
1.3.6.- Representación decimal BCD
1.4.- Representación de carácteres
1.4.1.- Código ASCII
1.5.- Representación de información analóxica
1.5.1.- Representación de son
1.5.2.- Representación de imaxes
Tema 2: Arquitectura de ordenadores 2.1.- Arquitectura Von Neumann e extensións
2.2.- Memoria Principal
2.2.1.- Tipos de Memoria Principal
2.2.2.- Rendemento CPU-Memoria
2.2.3.- Xerarquía de memorias: memoria caché
2.3.- CPU (Unidade Central de Proceso)
2.3.1.- A Unidade Aritmético-Lóxica
2.3.2.- A Unidade de Control
2.3.3.- Rexistros da CPU
2.4.- Sistemas de almacenamento masivo
2.4.1.- Discos magnéticos
2.4.2.- Discos ópticos
2.4.3.- Memorias de estado sólido e USB
2.5.- Conexións e portos
Tema 3: Sistemas operativos 3.1.- Estrutura e funcións dun sistema operativo
3.2.- Tipos de sistemas operativos
3.3.- Xestión de recursos
3.3.1.- Xestión de arquivos e directorios
3.3.2.- Xestión do procesador
3.3.3.- Xestión da memoria principal
3.3.4.- Xestión de entrada/saída
3.3.5.- Xestión da seguridade
Tema 4: Redes de datos e Internet 4.1.- Sistemas e medios de transmisión
4.2.- Redes de comunicación e topoloxías de rede
4.3.- Tipos de redes
4.4.- Protocolos de rede
4.5.- Internet e a web
BLOQUE DIDÁCTICO II ------------------------------------------------
Tema 5: Introdución á programación 5.1.- A programación
5.1.1.- Fase de análise
5.1.2.- Fase de programación
5.1.3.- Fase de codificación
5.2.- Estrutura dun programa
5.2.1.- Partes principais dun programa
5.2.2.- Clasificación das instrucións
5.2.3.- Elementos auxiliares dun programa
5.3.- Descrición de programas
5.3.1.- Pseudocódigo
5.3.2.- Organigramas de programa e sistema
5.3.3.- Representación das estruturas de control
5.4.- Linguaxes de programación
5.4.1.- Linguaxe máquina
5.4.2.- Linguaxe ensambladora
5.4.3.- Linguaxe de alto nivel
5.4.4.- Tradutores de linguaxe
Tema 6: Introdución a unha linguaxe de programación: linguaxe C 6.1.- Descrición xeral
6.2.- Estrutura dun programa en C
6.3.- Tipos de datos, operadores e expresións
6.4.- Declaración de variables e constantes
6.5.- Entrada e saída estándar
Tema 7: Estruturas de control 7.1.- Expresións lóxicas
7.2.- Instrucións selectivas
7.3.- Instrucións iterativas
7.4.- Instrucións de salto
Tema 8: Funcións 8.1.- Definición, declaración e chamada de funcións
8.2.- O ámbito das variables
8.3.- Paso de argumentos
8.3.1.- Concepto de apuntador ou punteiro
8.3.2.- Operadores de dirección e indirección
8.3.3.- Paso de argumentos por valor e por referencia
Tema 9: Tipos de datos estructurados 9.1.- Vectores ou arrays
9.1.1.- Definición e uso dun vector
9.1.2.- Inicialización
9.1.2.- Reserva dinámica de memoria
9.2.- Matrices multidimensionais
9.1.1.- Definición e uso dunha matriz
9.1.2.- Inicialización
9.1.2.- Reserva dinámica de memoria
9.3.- Cadeas de carácteres
9.4.- Estruturas
Tema 10: Ficheiros 10.1.- Declaración de ficheiros
10.3.- Apertura e peche de ficheiros
10.4.- Lectura e escritura de datos
10.5.- Acceso directo aos datos

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Mixed objective/subjective test A3 B2 B3 C1 4 0 4
Guest lecture / keynote speech A3 A12 B7 C4 C5 30 30 60
Laboratory practice A3 B2 C1 20 20 40
Problem solving A3 B2 C1 4 20 24
Seminar B4 B6 B9 C1 10 10 20
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Mixed objective/subjective test Proba de avaliación que se realizará ao final de curso nas correspondentes convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba escrita na que haberá que responder a diferentes tipos de preguntas sobre o temario de teoría e resolver problemas prácticos de programación
Guest lecture / keynote speech Actividade presencial na aula que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Laboratory practice Desenvolvemento de prácticas no laboratorio de informática. Esta actividade consistirá no estudo de casos e exemplos ademais da realización, por parte do alumnos, de exercicios de programación.
Problem solving Consistirá na realización por parte do alumno de diversos exercicios de programación en linguaxe C de xeito presencial na aula ao longo do cuadrimestre. Deberán ser entregados ao finalizar a clase e serán avaliados mediante a corrección por parte do profesor.
Seminar Seminarios onde se explicarán os conceptos teóricos básicos sobre programación en linguaxe C e se realizarán clases de reforzo naqueles temas que cada grupo máis necesite

Personalized attention
Methodologies
Seminar
Laboratory practice
Problem solving
Description
Prácticas de laboratorio: a atención personalizada realízase de forma activa durante as prácticas, xa que o profesor non formula exercicios e simplemente dá tempo para que os alumnos os resolvan, senón que controla en todo momento que non existan alumnos que perdan o fío da explicación ou queden estancados. De cara a manter un nivel homoxéneo en todo o grupo, é necesario que o profesor dedique máis tempo a aqueles alumnos que máis o necesiten.

Solución de problemas: a atención personalizada centrarase na corrección individualizada das prácticas que se resolvan ao longo do curso, centrándose o profesor en destacar as virtudes e sinalar os fallos de cada alumno de cara a lograr o seu máximo rendemento e comprensión da materia.

Seminario: estes grupos baséanse na interacción entre o profesor e o alumno á hora de comprender os fundamentos da linguaxe C, de modo que a aprendizaxe poida ser levada directamente á realización dos traballos prácticos.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A3 B2 B3 C1 Proba final da materia. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de práctica. 73
Problem solving A3 B2 C1 Valoraranse os conceptos prácticos de programación mediante 4 exercicios de programación que se resolverán na aula ao longo do cuadrimestre de forma autónoma por parte do alumno 27
 
Assessment comments

A nota final da materia calcularase da seguinte forma:

Nota Final (NF) = 0,4*Nota_Teoría + 0,6*Nota_Practica

sendo imprescindible que tanto a Nota de Teoría coma a Nota de Prácticas sexan maiores de 5 para aprobar a materia.

A Nota de Teoría obterase nun exame que se realizará a final de curso.

A Nota de Práctica calcúlase mediante a expresión:

Nota_Practica=0.55*Nota_examen_p + 0.08*Solucion_problema_1 + 0.1*Solucion_problema_2 + 0.12*Solucion_problema_3 + 0.15*Solucion_problema_4

Nota_examen_p é a nota obtida nun exame que se realizará a final de curso e para o cal o alumno ten 2 convocatorias, unha en Xaneiro e outra en Xullo.

Solucion_problemas é a nota dos 4 problemas de programación propostos ao longo do curso e que resolven de xeito presencial na aula. Estes exercicios deberán realizarse durante o tempo asignado ás clases prácticas e entregarse ao final destas. Nestas probas non está permitida a consulta de ningún material adicional, nin se conta coa axuda do profesor.

As Notas de Práctica e Teoría calcúlanse do mesmo modo nas convocatorias de Xaneiro e Xullo. Polo tanto, a Nota do Exame Práctico ten un valor do 55% da parte práctica en ambas as dúas convocatorias. As notas obtidas durante o curso nas Prácticas de Laboratorio e na Solución do Problemas de programación gárdanse para a convocatoria de Xullo, non sendo posible repetilas.


Sources of information
Basic García, F., Carretero, J., Fernández, J., Calderón, A. (2002). El lenguaje de programación C. Diseño e implementación de programas. Prentice Hall
de Miguel Anasagasti, P. (2004). Fundamentos de los Computadores. International Thomson Learning Paraninfo
Prieto, A., Lloris, A., Torres, J. C. (2006). Introducción a la Informática. McGraw-Hill
Gottfried, B. (2005). Programación en C. McGraw-Hill
Joyanes, L., Zahonero, I. (2005). Programación en C. Metodología, algoritmos y estructuras de datos. McGraw-Hill

Complementary Joyanes Aguilar, L., Castillo Sanz, A., Sánchez García, L., Zahonero Martínez, I. (2005). C. Algoritmos, programación y estructuras de datos. McGraw-Hill
Tanenbaum, A. S. (2000). Organización de computadoras: Un enfoque estructurado. Pearson Educación
Stallings, W. (2000). Organización y Arquitectura de Computadores. Prentice Hall
Joyanes Aguilar, L., Castillo Sanz, A., Sánchez García, L., Zahonero Martínez, I. (2002). Programación en C. Libro de problemas. McGraw-Hill


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
DESEÑO E ANÁLISE ASISTIDO POR ORDENADOR/730G03033
FIABILIDADE ESTATÍSTICA E MÉTODOS NUMÉRICOS/730G03046

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

É moi recomendable o aproveitamento das clases prácticas de programación que se realizarán ao longo do curso. Así mesmo, a través da páxina web da materia iranse expondo diversos exercicios para fomentar a capacidade de resolución problemas que será esixida ao alumno. É moi recomendable a realización destes exercicios para un bo aproveitamento da materia.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.