Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización. |
A2 |
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría. |
A10 |
Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas. |
A11 |
Coñecementos dos fundamentos da electrónica. |
A12 |
Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control. |
A22 |
Coñecemento aplicado de electrónica de potencia. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo |
B5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades |
B7 |
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas |
B9 |
Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento |
C1 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C2 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C4 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C5 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C6 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identifica as aplicacións e funcións da electrónica de potencia na Enxeñaría. |
A2 A10 A11 A12 A22
|
B2 B3 B6 B7
|
C1 C2 C5 C6
|
Analiza e deseña etapas electrónicas de potencia en corrente continua e alterna. |
A1 A2 A10 A11 A12 A22
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9
|
C1 C2 C4 C5 C6
|
Coñece os fundamentos tecnolóxicos, modelos e criterios de selección dos dispositivos semicondutores de potencia. |
A1 A2 A10 A11 A12 A22
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9
|
C1 C2 C4 C5
|
Manexa con soltura os equipos e ferramentas de simulación propios dun laboratorio de electrónica potencia. |
A11 A12 A22
|
B3 B4 B5 B6 B7 B9
|
C1 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1 Fundamentos de Electrónica de Potencia. |
1.1 Introdución.
1.2 Termos de potencia. Factor de potencia.
1.3 Análise de Fourier. Cálculo de harmónicos.
1.4 Métodos para a análise de circuítos de potencia.
1.5 Dispositivos Electrónicos de potencia. |
Tema 2.
Convertedores AC-DC. Rectificadores. |
2.1 Introdución.
2.2 Rectficadores non controlados.
2.3 Rectificadores controlados.
|
Tema 3.
Convertedores AC-AC. Reguladores de alterna. |
3.1 Introdución.
3.2 Convertedores básicos AC-AC.
3.3 Cicloconvertedores. |
Tema 4.
Convertedores DC-DC.
Fontes de alimentación conmutadas. |
4.1 Introdución.
4.2 Convertedor Redutor (Buck).
4.3 Convertedor Elevador (Boost).
4.4 Convertedor Redutor-Elevador (Buck-Boost).
4.5 Convertedor flyback.
4.6 Convertedor Forward.
4.7 Convertedor push-pull
4.8 Convertedor en ponte e semiponte. |
Tema 5.
Convertedores DC-AC. Inversores. |
5.1 Introdución.
5.2 Inversor en media ponte.
5.3 Inversor en ponte completa.
5.4 Inversores PWM.
5.5 Inversores resoantes. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas a través de TIC |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C5 |
0 |
10 |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C6 |
8 |
8 |
16 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C2 C4 C5 C6 |
4 |
22 |
26 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 |
24 |
19 |
43 |
Presentación oral |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 C4 C5 C6 |
1 |
10 |
11 |
Proba de resposta múltiple |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C2 C4 C5 C6 |
1 |
5 |
6 |
Solución de problemas |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C5 |
14 |
20 |
34 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas a través de TIC |
Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación. |
Prácticas de laboratorio |
Consistirá na simulación e/ou montaxe dos convertedores básicos utilizando o programa de simulación electrónica Orcad Pspice e os equipos de laboratorio. |
Proba obxectiva |
A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia. |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais desenvólvense os contidos da materia tanto a nivel teórico como práctico. |
Presentación oral |
Exposición audiovisual dun tema proposto utilizando de xeito preferente as TIC. Realizarase en grupos con número de membros axeitado á tarefa. |
Proba de resposta múltiple |
Realizarase polo menos unha proba de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, en horario de clase e/ou ao mesmo tempo que os examéns parciais. |
Solución de problemas |
Durante sesións de grupo mediano formularanse supostos prácticos para a súa resolución. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Cada alumno dispón para a resolución das súas posibles dúbidas e/ou problemas, das correspondente sesións de titoría personalizada que pode realizarse de forma presencial no horario establecido ou de forma non presencial por correo electrónico. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 C4 C5 C6 |
Durante o curso propoñerase a realización de polo menos un traballo que terá que ser defendido/presentado oralmente. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C6 |
A súa realización e valoración positiva é imprescindible para aprobar a materia |
10 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C5 |
Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación. |
15 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C2 C4 C5 C6 |
A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia. A parte dos dous exames finais de Xuño e Xullo, realizarase un primeiro exame parcial. Para aqueles alumnos que obtivesen no primeiro parcial unha puntuación maior ou igual a 10 puntos e queiran aprobar a materia por parciais realizarase un segundo exame parcial coincidirendo co exámen final de Xuño. Cada parcial ten unha puntuación máxima de 25 puntos sobre 100. |
50 |
Proba de resposta múltiple |
A1 A2 A10 A11 A12 A22 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C2 C4 C5 C6 |
Realizarase polo menos unha proba de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, en horario de clase e/ou ao mesmo tempo que os examéns parciais. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100. A
nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a
través de TIC, Prácticas de laboratorio, Presentación Oral, Proba de
resposta múltiple e Proba obxectiva, sempre e cando se cumpran as
seguintes condicións: - Que se realizasen as Prácticas de laboratorio cunha puntuación maior ou igual que 5.
- e polo menos unha das seguintes:
- Que no primeiro exame parcial se obtivese unha puntuación maior que 12.
- Que nun exame final se obtivese unha puntuación maior ou igual que 25.
- Que a puntuación obtida en cada un dos parciais é maior ou igual que 10 puntos.
No
caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será
segundo o caso, a nota do exame final multiplicada por 0,8 ou a nota media dos dous parciais multiplicada por 0,8. As notas de cada un dos apartados só serán válidas durante o curso académico no que se obteñan.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- Electronica de Potencia. Daniel W. Hart. (Prentice Hall). ISBN 84-205-3179-0
- Electronica de Potencia. Circuitos, Dispositivos y Aplicaciones. Muhamad H. Rashid (Prentice Hall). ISBN 968-880-586-6
- Recursos dispoñibles no Campus Virtual da Universidade da Coruña (moodle)(tutoriales, problemas, software, FAQ, tutorias online etc.) https://moodle.udc.es/
|
Bibliografía complementaria
|
|
- Problemas de Electronica de Potencia. Andres Barrado Bautista. (Pearson Prentice Hall) ISBN 978-84-205-4652-0
- Power Electronics.Converters, Applications and Desing. Mohan, Undeland y Robbins. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-50537-4
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
MÁQUINAS ELÉCTRICAS/730G04050 | FUNDAMENTOS DA ELECTRICIDADE/730G04012 | FUNDAMENTOS DE AUTOMÁTICA/730G04015 | FUNDAMENTOS DE ELECTRÓNICA/730G04016 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|