Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA Código 730G04055
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Lara Coira, Manuel
Correo electrónico
manuel.lara.coira@udc.es
Profesorado
Lara Coira, Manuel
Correo electrónico
manuel.lara.coira@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento dos aspectos económicos da enerxía e realización de balances enerxéticos. Coñecemento das técnicas e líñas estratéxicas na planificación enerxética. Optimización e control ambiental na utilización da enerxía. Coñecemento da normativa e lexislación de aplicación.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aproximar o modelado matemático de sistemas e procesos complexos no ámbitos da economía enerxética. B1
B2
B3
B6
B7
C4
Investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos industriais cara á racionalización do consumo enerxético e á redución do seu impacto ambiental asociado. B4
B5
B8
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución e conceptos básicos 1.1. Introdución.
1.2. Enerxía primaria, enerxía secundaria e cadeas enerxéticas.
1.3. Recursos e reservas.
1.4. As fontes de recursos enerxéticos e a cuestión das unidades.
1.5. Contabilidade enerxética: a base de datos e o balance enerxético.
1.6. O balance enerxético.
1.6.1. O balance de enerxía primaria.
1.6.2. O balance de enerxía final.
1.6.3. O balance de enerxía útil.
1.6.4. Particularidades do balance enerxético.
1.7. Contabilidade enerxética aplicada.
1.8. Planificación enerxética.
1.9. Custos enerxéticos.
2. Enerxía e economía.
2.1. Aspectos particulares da economía enerxética.
2.2. Elasticidade da demanda.
2.3. A análise coste-beneficio.
2.3.1. Evolución histórica da análise coste-beneficio.
2.3.2. Fundamentos económicos da análise coste-beneficio.
2.3.3. Criterios de decisión.
2.3.4. Criterios cuantitativos de economicidade.
2.3.5. Estructura dos problemas de decisión.
2.3.6. Aplicabilidade da análise coste-beneficio.
2.4. A enerxía e o desenvolvemento económico.
2.5. Evolución da demanda e procesos de substitución.
2.6. Distribución espacial da produción e o consumo enerxéticos.
2.7. A crise enerxética.
3. As fontes enerxéticas.
3.2. O petróleo.
3.1. O carbón.
3.3. O gas natural.
3.4. A enerxía nuclear.
3.5. A enerxía hidroeléctrica.
3.6. Outras fontes enerxéticas.
4. A enerxía en España.
4.1. Aspectos xerais.
4.2. O carbón.
4.3. O petróleo.
4.4. O gas natural.
4.5. A enerxía nuclear.
4.6. O sector eléctrico.
4.7. Os recursos renováveis.
5. A planificación enerxética.
5.1. A planificación enerxética en España.
5.2. As liñas estratéxicas da planificación enerxética a escala rexional.
5.3. Programas de investigación e desarrollo enerxético.
5.4. Planes de aforro e eficiencia enerxética.
5.5. Optimización e control ambiental na utilización da enerxía.
5.6. O contexto europeo.
5.7. Métodos de planificación.
6. Energía y control ambiental.
6.1. Xeralidades.
6.2. A interrelación entre os usos da enerxía e a contaminación.
6.3. Enerxía e ambiente na Unión Europea.
7. Aspectos particulares.
7.1. Tarifación e prezo da enerxía.
7.2. Demanda e facturación de electricidade e gas.
7.3. Produción de electricidade en réxime especial.
7.4. Plan de fomento de enerxías renováveis.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais B1 B2 B3 B7 C4 C5 5 10 15
Aprendizaxe colaborativa B2 B4 B6 B8 C4 C6 9 9 18
Estudo de casos B1 B2 B5 C4 19 19 38
Sesión maxistral B4 B5 B7 C4 C5 C6 9 18 27
Proba obxectiva C4 2 40 42
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Se utilizarán documentos bibliográficos (artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Empregarase como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas e como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Se organizarán pequenos grupos nos que o alumnado traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Os grupos contarán co apoio do profesorado, tanto presencial como via internet.
Estudo de casos O alumnado, orgaizado en pequenos grupos de traballo, haberá de resolver unha situación específica e problemática concreta a partir dos coñecementos que se traballaron. Tal situación ten que ser analizada, comprendida, valorada e resolta por o grupo coa axuda dun proceso de discusión que conducirá á decisión razoada.
Sesión maxistral Consistirá na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba obxectiva Será unha proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, coñecementos, capacidades, e destrezas. Combinará preguntas de resposta múltiple e de resposta breve.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Estudo de casos
Descrición
Se atenderá de maneira individual ou en pequeno grupo ás necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo dos temas vencellados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Esta actividade poderá desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).

Para o mellor desenvolvemento da aprendizaxe colaborativa e para a solución dos problemas é importante consultar co profesor os avances que se vaian realizando progresivamente para ofrecer as orientacións necesarias en cada caso para asegurar a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indicarán. O seguimento farase preferentemente de forma individualizada a través dos espazos de comunicación da ferramenta Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais B1 B2 B3 B7 C4 C5 A utilización das fontes aconselladas e mesmo calquera ampliación da información de aplicación será tida en conta. 5
Aprendizaxe colaborativa B2 B4 B6 B8 C4 C6 Valorarase a participación colaborativa co resto do grupo, así como a cualidade do resultado acadado. 10
Estudo de casos B1 B2 B5 C4 Terase en conta a destreza no manexo dos conceptos aplicados e a ádecuación dos resultados. 20
Sesión maxistral B4 B5 B7 C4 C5 C6 O aproveitamento e participación nas clases maxistrais contará na avaliación do curso. 5
Proba obxectiva C4 É a partida metodolóxica de mais peso na avaliación do aproveitamento do curso. 60
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Kleinpeter, M. (1995). Energy Planning and Policy. Chichester. John Wiley & Sons
Albi Ibáñez, E. (1989). Introducción al Análisis Coste-Beneficio. Madrid. Instituto de Estudios Fiscales
García Alonso, J.M. e Iranzo Martín, J.E. (1989). La energía en la economía mundial y en España. Madrid. Editorial AC
Furfari, S. (2007). Le Monde et l'Énergie. Enjeux géopolitiques. Paris, Editions Technip

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ENERXÍAS RENOVABLES/730G04049
CENTRALES ENERXÉTICAS/730G04052
XESTIÓN EMPRESARIAL/730G04010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías