Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Procesos de fabricación e montaxe Código 730G05030
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 7.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Fernandez Rodriguez, Angel
Correo electrónico
angel.fernandezr@udc.es
Profesorado
Fernandez Rodriguez, Angel
Salamanca Gimenez, Antonio
Correo electrónico
angel.fernandezr@udc.es
antonio.salamanca@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Procesos de Fabricación e Montaxe é de carácter teórico e aplicado, e o seu obxectivo é que os alumnos adquiran unha ampla base de coñecementos baseados en criterios científicos, tecnolóxicos e económicos relacionados coa capacidade de coñecer e aplicar diferentes sistemas de procesos de fabricación e montaxe utilizados habitualmente nos estaleiros, a partir do coñecemento das capacidades e limitacións destes e pertencentes á profesión de enxeñeiro naval e oceánico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A38 Coñecemento dos procesos de fabricación mecánica
A39 Coñecemento dos procesos de montaxe a bordo de máquinas, equipos e sistemas
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
B6 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C2 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir unha ampla base de coñecementos baseados en criterios científicos, tecnolóxicos e económicos sobre distintos procesos e sistemas de fabricación, montaxe e soldeo. A38
A39
B2
B3
Seleccionar os procesos de fabricación, montaxe e soldeo máis adecuados a partir do coñecemento das capacidades e limitacións destes e segundo as existencias tecnolóxicas, técnicas e económicas tanto de produto como mercado. B4
B6
C1
C2
C3
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
0.- Presentación da materia Presentación persoal e do curso: actividades complementarias, calendario, prácticas, avaliación, etc.
1.- Introdución á xestión por procesos Modelos de xestión e enfoque baseado en procesos
2.- O proceso tecnolóxico da construción naval Introdución ás tecnoloxías de fabricación e montaxe
3.- Os procesos de fabricación Tipos e descrición de procesos de elaborado, corte, resanado, soldeo, curvado, conformado, acabado e traballos en quente.
4.- O control dimensional nos procesos de fabricación e montaxe .
5.-A automatización de procesos Principios de automatización de procesos e sistemas
6.- Os procesos de montaxe Procesos de montaxe de equipos e sistemas
7.- O control de calidade nos procesos de fabricación e montaxe .
8.- Novos procesos de fabricación e montaxe aplicados á construción naval Introdución a Lean manufacturing
9.- Simulación práctica do Proceso de Construción dun Buque Realizarase unha simulación práctica do proceso de construción dun buque, centrándonos nos principais procesos de fabricación e montaxe

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A38 A39 120.5 0 120.5
Traballos tutelados B4 C1 C2 C3 C4 5 30 35
Prácticas de laboratorio B2 B3 B6 15 0 15
Proba obxectiva B2 B3 B6 3 0 3
Saídas de campo C5 3 0 3
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada con uso de medios audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

O profesor indicará os puntos mais relevantes do tema a efectos de orientación no coñecemento
Traballos tutelados Os alumnos realizarán traballos prácticos tutelados durante o curso que terán que expoñer en clase para obter:
- Coñecemento da materia
- Habilidades para o traballo en grupo
- Habilidades para o desenvolvemento da profesión

Nos traballos terase en conta:
- Estrutura
- Calidade da documentación
- Orixinalidade
- Presentación
- Exposición
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán unha simulación práctica do proceso de construción dun buque, centrándose nos principais procesos de fabricación e montaxe
Proba obxectiva Proba escrita presencial na que o alumno reflicta os coñecementos adquiridos durante o curso.
Sendo obrigatorio o superar a "proba obxectiva de avaliación" para aprobar a materia, cun mínimo de 3,5 puntos sobre 7
Saídas de campo Outras actividades complementarias: Visita a estaleiros, talleres e instalacións

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Saídas de campo
Sesión maxistral
Descrición
Informar o alumno sobre a forma e fondo para a realización dos traballos propostos en clase, indicando as directrices básicas e aclarando as posibles dúbidas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 C1 C2 C3 C4 Realización e entrega dos traballos prácticos propostos na clase e exposición e defensa en público.

Terase en conta:
- Estrutura do traballo
- Calidade da documentación
- Orixinalidade
- Presentación
- Exposición
- Referencias
15
Prácticas de laboratorio B2 B3 B6 A asistencia á simulación práctica e a entrega dunha memoria posterior é obrigatoria 15
Proba obxectiva B2 B3 B6 Realización dunha proba escrita na que o alumno reflicta os coñecementos adquiridos durante o curso 70
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Primitivo B. Gonzalez Lopez (2000). Tecnicas de construccion naval.
Francisco Javier Gonzalez de Lema Martinez (2007). Tecnología de la Construcción del buque. Universidade da Coruña

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Construción naval e sistemas de propulsión/730G05009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Tecnoloxía da construción naval/730G05024

Materias que continúan o temario
Traballo fin de grao/730G05042

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías