PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas IV e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao.
Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente xustificadas deberán recuperarse, sempre que non excedan o 50% das planificadas.
As ausencias non xustificadas poden supor o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizárase no período establecido polo profesor antes do peche de actas.
Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clíncas e Traballos Tutelados). A non superación dunha das partes suporá a calificación de SUSPENSO na acta. A calificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 40% e Traballos Tutelados 10%) en cada unha das partes.
O sistema de calificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de calificacións:
0-4.9 Suspenso.
5-6.9 Aprobado
7-8.9 Notable.
9-10 Sobresaínte.
9-10 Matricula de Honra (graciable).
O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa calificación correspondente.
Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración para avaliar as actividades que se farán ao redor de dita metodoloxía (Prácticas Clínicas e Traballo Tutelado) son a asistencia, compromiso individual, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica , no traballo tutelado e as competencias adquiridas para esta materia.
Convocatoria de segunda oportunidade: En caso de non superar a materia ben porque non aprobara as prácticas clínicas, ou o traballo tutelado, deberá recuperar a parte suspensa pero gardaráselle a nota da outra parte, extraordinariamente e só con motivo de esta segunda oportunidade. Caso de non superar a materia nesta segunda oportunidade do curso, teranse por suspensas as dúas partes.
A recuperación das prácticas clínicas en segunda oportunidade terá lugar no centro de saúde que con motivos de organización se lle poida asignar, a fin de que poidan estar rematadas e avaliadas antes do peche das actas do mes de xullo.