Proba mixta |
A6 B1 B4 C1 |
Son probas coas que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte do alumno. Non terán un perfil definido, xa que poden abranguer dende cuestións test, nas que o alumno unicamente debe elixir unha resposta entre as opcións que se propoñen, ata a resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas que reflictan o grao de coñecemento da materia. |
75 |
A cualificación final da materia consta de tres partes: i)
solución de problemas: teñen lugar mediante probas escritas e
durante o desenvolvemento das clases na aula, no que o profesor valora de
forma individual o grao de coñecemento da materia de cada alumno. Esta parte representa o 20% da cualificación. ii)
realización das prácticas de laboratorio, onde os alumnos deberán saber
utilizar os programas informáticos que lles proporciona o profesor. A asistencia ás prácticas representa o 5% da cualificación total. iii) a realización da proba mixta. Esta
parte supón o 75% da cualificación da asignatura, desglosado do seguinte xeito: 35% temas 1 e 2, 35% temas 3,4 e 5, 5% acitividades
relacionas coas prácticas de laboratorio. Aos estudantes a tempo parcial con dispensa académica valoraráseslle o apartado i) nos examen oficiais, e o 5% correspondente as acitividades
relacionas coas prácticas de laboratorio do apartado iii) por unha proba práctica.
|