As
cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso
académico no que se realicen.
As probas obxectivas poden incluir preguntas de resposta curta e/ou tipo test, resolución problemas en papel ou deseño de circuitos co software ISE.
Do traballo ao final do
cuadrimestre, será preciso expoñer os resultados e entregar unha memoria explicativa. Para
alcanzar a máxima nota os circuítos deseñados deben funcionar
perfectamente en todos os seus aspectos (simulación funcional e
temporal). Suporá un 50% da nota final.
Nota final
A nota final calcularase, en xeral, como:
Nota Final =0,25 x Nota proba obxectiva 1 + 0,5 x Nota traballo + 0,25 x Nota proba obxectiva 2
Aqueles estudantes que non tivesen calificación na 1ª proba obxectiva, ou ben, acadasen calificacións moi baixas poden optar a realizar a 2ª proba obxectiva cun peso do 90% (a proba será distinta neste caso). Neste suposto a nota final será:
Nota Final=0,9 x Nota proba obxectiva2
Segunda oportunidade
Na
segunda oportunidade, realizaráse unha proba obxectiva que pode constar de cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario, exercicios escritos e de implementación dun circuito nalgunha das placas do Laboratorio.