Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo. |
A2 |
Capacidade de comprensión da dimensión social e histórica do Deseño Industrial, vehículo para a creatividade e a búsqueda de solucións novas e efectivas. |
A3 |
Necesidade dunha aprendizaxe permanente e continua (Life-long learning), e especialmente orientada cara os avances e os novos produtos do mercado. |
A4 |
Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares. |
A5 |
Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría. |
A6 |
Formación amplia que posibilite a comprensión do impacto das solucións de enxeñaría nos contextos económico, medioambiental, social e global. |
A7 |
Capacidade para deseño, redacción e dirección de proxectos, en todas as súas diversidades e fases. |
A8 |
Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría. |
A9 |
Capacidade para efectuar decisións técnicas tendo en conta as súas repercusións ou costes económicos, de contratación, de organización ou xestión de proxectos. |
B2 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico. |
B3 |
Aprender a aprender. Capacidade para comprender e detectar as dinámicas e os mecanismos que estruturan a aparición e a dinámica de novas tendencias. |
B4 |
Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo. |
B5 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B6 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B9 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B10 |
Capacidade de organización e planificación. |
B11 |
Capacidade de análise e síntese. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
SISTEMAS DE REPRESENTACION: Comprensión ou coñecemento dos sistemas de representación e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e de expresión visual nas distintas fases do deseño. |
A4 A6 A7 A8
|
B2 B5 B6 B9 B10 B11
|
C3 C6 C7
|
ANÁLISE DE FORMAS: Comprensión ou coñecemento das leis da perspectiva, da teoría de sombras e valoración tonal e a aptitude ou capacidade da súa aplicación ós procedementos de estudo fenomenolóxico e analítico das formas. |
A1 A4 A5 A7 A8
|
B2 B3 B5 B6 B9 B10 B11
|
C6
|
TEORÍA DA COR: Comprensión ou coñecemento das distintas teorías da cor e a súa aplicación ó deseño industrial.
|
A1 A7 A8
|
B3 B5 B6 B9 B10
|
C6
|
IDEACION GRÁFICA: Aptitude ou capacidade para concebir e representar a figura, a cor, a textura e a luminosidade dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas de debuxo a man alzada e bocetado, así como a representación e o acabado final. |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9
|
B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11
|
C3 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
01. O DEBUXO COMO LINGUAXE |
1.1. Introducción ó debuxo. Xeralidades.
1.2. O debuxo como linguaxe.
1.3. Niveles de representación. |
02. OS SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN E A SÚA APLICACIÓN Ó DESEÑO |
2.1. Proxección e sección: invariantes e características.
2.2. Os sistemas de representación.
2.3. Clasificación de sistemas e aplicación ó deseño industrial. |
03. A PERSPECTIVA LINEAL |
3.1. Conceptos de perspectiva lineal.
3.2. Representación do punto, a recta e o plano.
3.3. Perspectiva central e oblicua con raios visuais.
|
04. DEBUXO A MAN ALZADA E BOCETADO |
4.1. Conceptos de debuxo a man alzada.
4.2. Nocións de encaxe e proporción.
4.3. Técnicas de bocetado. Debuxo do natural. |
05. ANÁLISE DE FORMAS E VOLÚMENES |
5.1. Masa e volumen.
5.2. Estudo do volumen elemental.
5.3. Estudo de formas complexas. Volúmenes relacionados. |
06. SOMBRAS NA REPRESENTACIÓN GRÁFICA |
6.1. Sombras de puntos e rectas.
6.2. Sombra propia, arroxada e autoarroxada.
6.3. Composición tridimensional. |
07. CLAROOSCURO E VALORACION TONAL |
7.1. Xeralidades
7.2. Graduación da claridade aparente e valoración tonal.
7.3. Líñas isófotas. Puntos e líñas brillantes. |
08. TEORÍA DA COR E OS SEUS SISTEMAS DE CLASIFICACIÓN |
8.1. Teoría da cor.
8.2. A interacción da color.
8.3. Psicoloxía da color aplicada ó diseño. |
09. O DEBUXO COMO FERRAMENTA |
9.1 Arte e representación gráfica.
9.2 Desenvolvemento gráfico da idea.
9.3 A presentación final do deseño. |
10. A COMPOSICIÓN E O CONTEXTO |
10.1 Composición e soporte.
10.2 Incorporación da figura humán.
10.3 Incorporación de texto. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A6 B2 B3 B6 B9 C3 C6 C7 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A4 A6 A7 A8 B2 B5 B6 B9 B10 B11 C3 C6 C7 |
10 |
0 |
10 |
Obradoiro |
A1 A2 A4 A5 A7 A8 B2 B3 B4 B5 B6 B10 C3 C7 C8 |
21 |
60.9 |
81.9 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A9 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C7 C8 |
3 |
47.1 |
50.1 |
Proba obxectiva |
A4 A7 A8 B2 B5 B6 B9 B10 B11 |
5 |
0 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Estas actividades lévanse a cabo antes de iniciar o proceso de ensinanza-aprendizaxe, co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posee o alumno para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vencellados á asignatura. Con elas preténdese obter información relevante que permita artellar a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais expoñense os contidos teóricos da asignatura e os desenvolvementos prácticos fundamentais baseándose no emprego da palabra e apoiándose fundamentalmente na imaxe, con presentacións dixitais e debuxos na pizarra, como vías principais de transmisión da información. |
Obradoiro |
Nos obradoiros semanais búscase que o alumnado poña en práctica os coñecementos adquiridos, a través dunha serie de exercicios propostos polo profesorado, co seu apoio e supervisión permanente durante o tempo da clase. |
Traballos tutelados |
Os traballos tutelados son unha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes fóra da aula, baixo a tutela do profesor. Ó longo do cuadrimestre iránse propoñendo ó alumno unha serie de enunciados xenéricos, para que os desenvolva pola súa conta e os entregue ó finalizar a asignatura. O horario semanal de titorías permitirá facer o seguimento e tutela destes traballos, de modo voluntario. |
Proba obxectiva |
Utilízase como proba individual para a avaliación final da aprendizaxe, permitindo avaliar a capacidade e destreza adquirida ó longo da asignatura.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
No horario de titorías, o profesor, de xeito individual ou en pequenos grupos, atenderá ás necesidades e consultas do alumnado relacionadas co desenvolvemento e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Tamén poderá realizarse de xeito non presencial para consultas específicas, a través de correo electrónico ou do Campus Virtual.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A4 A7 A8 B2 B5 B6 B9 B10 B11 |
A proba obxectiva serve de control para avaliar a maduración final do alumno ó término da asignatura. |
50 |
Obradoiro |
A1 A2 A4 A5 A7 A8 B2 B3 B4 B5 B6 B10 C3 C7 C8 |
Avaliación das prácticas e traballos realizados na aula e/ou completados fóra. Estes traballos deben dar idea da maduración do alumno na asignatura. É precisa a realización, en tempo e forma, dos traballos propostos para poder ser avaliado. Estes traballos non se devolverán ó alumno. |
25 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A9 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C7 C8 |
É unha parte fundamental da avaliación xunto cos traballos realizados no obradoiro. A súa elaboración coa mínima calidade esixible é indispensable para a súa consideración. Estes traballos non se devolverán ó alumno. |
25 |
|
Observacións avaliación |
A presencialidade (asistencia) é imprescindible, tanto para a realización das prácticas e traballos de taller como para as clases teóricas. Unha asistencia inferior ó 80% pode comprometer a avaliación positiva na asignatura. Se a materia non se supera na primeira oportunidade, o alumno deberá aportar novos traballos tutelados para poder optar á segunda.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
MARTIN, J. (1994). Aprender a abocetar. Barcelona: Naturart
EDWARDS, B. (2000). Aprender a dibujar con el lado derecho del cerebro. Barcelona: Blume
FERRER, R. (2014). Dibujo para diseñadores de muebles. Barcelona: Parramón
HENRY, K. (2012). Dibujo para diseñadores de producto. Barcelona: Promopress
JULIÁN, F.; ALBARRACÍN, J. (2005). Dibujo para diseñadores industriales. Barcelona: Parramón
CABEZAS, L. (2011). Dibujo y construcción de la realidad. Madrid: Cátedra
CHING, F. D.K. (1990). Drawing, a creative process. Nueva York: Wiley
LAMBERT, S. (1996). El dibujo técnica y utilidad. Barcelona: Blume
BÄRTCSHI, W. A. (1980). El estudio de las sombras en perspectiva. Barcelona: Gustavo Gili
KÜPPERS, H. (1995). Fundamentos de la teoría de los colores. Barcelona: Gustavo Gili
ALBERS, J. (1979). La interacción del color. Madrid: Alianza
PORTER, T.; GOODMAN, S. (1990). Manual de técnicas gráficas para arquitectos, diseñadores gráficos y artistas. Barcelona: Gustavo Gili
LAWSON, P. J. (1980). Perspectiva para dibujantes. Barcelona: Gustavo Gili
MAIER, M. (1982). Procesos elementales de proyectación y configuración. Barcelona: Gustavo Gili
HANKS, K.; BELLISTON, L. (1990). Rapid Viz. A new method for the rapid visualization of ideas. Ontario: Crisp Learning
DE GRANDIS, L. (1985). Teoría y uso del color. Madrid: Cátedra
NICOLAIDES, K. (1990). The natural way to draw. Boston: Mariner Books
WRIGHT, L. (1985). Tratado de perspectiva. Barcelona: Stylos |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Deseño Básico/771G01021 | Historia da Arte e do Deseño/771G01038 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Expresión Gráfica/771G01015 |
|
Materias que continúan o temario |
Técnicas da Expresión Artística Aplicada/771G01042 |
|
Observacións |
Os alumnos que participen en programas de mobilidade tanto saínte como entrante adaptaránse ás mesmas normas que ó resto do alumnado.
|
|