Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo. |
A4 |
Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares. |
A8 |
Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría. |
A10 |
Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional. |
B1 |
Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B4 |
Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo. |
B5 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Capacidade de liderado e para a toma de decisións. |
B10 |
Capacidade de organización e planificación. |
B12 |
Comprensión das responsabilidades éticas e sociales derivadas da súa actividade profesional |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Colaboradora coas diferentes áreas da empresa implicadas no proceso de deseño e desenvolvemento de producto, cara a entendere a necesidade da xestión e control da calidade do producto e dos procesos |
A1 A4 A8 A10
|
B1 B4 B5 B7 B10 B12
|
C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
INTRODUCCIÓN A LA CALIDADE E SEGURIDADE
|
- Fundamentos e conceptos previos sobre a calidade. A importancia da calidade na actualidade.
- Normalización, Certificación e Acreditación
- Calidade vs. Seguridade. A seguridade dos produtos industriais |
A CALIDADE E A SUA XESTIÓN |
- Implantación/certificación de Sistemas de Xestión da Calidade.
-A familia de Normas ISO 9000
- A Xestión da Calidade Total (Total Quality Management)
- Auditoría dos Sistemas de Xestión |
A CALIDADE E A SÚA MELLORA |
- Ferramentas para a mellora da calidade
- Análise dos custos asociados á calidade
- Técnicas de control de calidade aplicadas ao ámbito do deseño |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A10 B10 B12 C4 C5 C6 C7 |
41 |
82 |
123 |
Traballos tutelados |
A4 B1 B4 B7 C5 C8 |
0 |
23 |
23 |
Proba mixta |
A8 B5 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Proba mixta |
|
Descrición |
A atención personalizada consistirá na realización de tutorías, tanto individuais como en grupo, nas que se plantexarán con maior detalle os traballos tutelados e se levará a cabo un seguimento dos mesmos. Non obstante, as tutorías tamén se utilizarán para resolver e aclarar calquer tipo de duda relacionada ca materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A4 B1 B4 B7 C5 C8 |
Os traballos tutelados a realizar por parte do alumno son os seguintes:
TRABALLO 1: "O MUNDO DAS MARCAS/SELOS DE CALIDADE"
Neste traballo expoñerase o marco conceptual e as características dunha serie de marcas/selos de calidade máis habituais na actualidade.
TRABALLO 2
O 2º traballo versará sobre distintos aspectos da materia que o alumno debe afondar con maior detalle, por proposta do profesor.
Ambos os dous traballos realizaranse en grupo de 2-3-4-5 persoas, segundo o número total de alumnos matriculados. Destes traballos valorarase tanto o contido deste coma a forma de presentación en soporte papel/dixital e oral, así como, o debate xerado por parte do resto dos grupos receptores e oíntes. |
10 |
Proba mixta |
A8 B5 |
Ademais, todo alumno ten que realizar o exame final ao rematar o cuadrimestre no que se avaliarán os coñecementos adquiridos por este en relación aos conceptos tratados. O exame final estará formado por un conxunto de preguntas tipo test, que purntuará de 0 a 10. |
90 |
|
Observacións avaliación |
A nota do exame ponderará ao 75% da nota final e contará a partir do 3,5, os traballos e asistencias ponderarán o o outro 25% O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ó inicio do curso a
súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b
e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). O alumnado nesta situación será evaluado na data aprobada na
Xunta de Escola, mediante una proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da
Guía e un traballo a consensuar cos profesores da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
O listado da bibliografía actualizada que se utilizará como apoio desta materia facilitarase ao alumno ao inicio de cada curso académico |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Aspectos Económicos e Empresariais do Deseño/771G01033 | Normativa e Lexislación/771G01035 | Loxística Industrial/771G01045 |
|
|