Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Bioloxía Celular e Molecular
Coordinación
Vila Taboada, Marta
Correo electrónico
marta.vila.taboada@udc.es
Profesorado
Becerra Fernandez, Manuel
Vila Taboada, Marta
Correo electrónico
manuel.becerra@udc.es
marta.vila.taboada@udc.es
Web
Descrición xeral
Denomínase xenómica ao estudo integral do funcionamento, evolución e orixe dos xenomas. A xenómica utiliza coñecementos derivados de distintas disciplinas como xenética, bioloxía molecular, bioquímica, informática, estatística, matemáticas e física.
A diferenza da xenética clásica que a partires dun fenotipo (xeralmente mutante) procura o xene ou xenes responsables dese fenotipo, a xenómica ten como obxectivo predicir a función dos xenes a partir da súa secuencia ou das súas interaccións con outros xenes.
As denominadas ciencias ómicas están na vangarda da ciencia, feito debido ás posibilidades abertas polas novas tecnoloxías de secuenciación masiva, aos avances en bioinformática e aos algoritmos cada vez máis sofisticados para análise de xenomas completos.
Competencias do título
Código
Competencias / Resultados do título
A3
Capacidade de utilizar ferramentas Bioinformáticas a nivel de usuario
A11
Capacidade de comprender a estrutura, función e evolución dos xenomas e aplicar as ferramentas necesarias para o seu estudio
B1
Capacidade de análise e síntese de problemas biolóxicos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética
B5
Correcta comunicación oral e escrita sobre temas científicos na lingua nativa e polo menos noutra lingua de difusión Internacional a través da lectura de artigos científicos e exposición de traballos
B9
Capacidade de preparación, exposición e defensa dun traballo
C2
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias / Resultados do título
Utilizar ferramentas moleculares para o coñecemento do xenoma de diversos organismos
AI3 AI11
CM3
Comprender o estado actual do coñecemento no eido da xenómica estrutural, funcional e evolutiva
AI3 AI11
BI1 BI5 BI9
CM2 CM8
Comprender os mecanismos de evolución dos xenomas e das ferramentas moleculares e bioinformáticas para o seu estudo
AI3 AI11
BI1 BI5 BI9
CM2 CM8
Deseñar, interpretar e analizar experimentos e datos de microarrays de ADN
AI3 AI11
Contidos
Temas
Subtemas
Next Generation Sequencing (NGS)
Plataformas e aplicacións
Xenómica estrutural
Cartografiado, secuenciación, anotación e bases de datos
O proxecto xenoma humano
Xenómica comparada
Mecanismos de evolución xenómica
Xenomas de procariotas
Metaxenómica
Xenomas de eucariotas
Taxonomía
Paleoxenómica
Medicina
Xenómica funcional
Microarrais e transcriptómica
Prácticas de bioinformática
1. Utilización da plataforma GALAXY (https://usegalaxy.org/).
2. Análise de expresión xénica e microarrays.
Planificación
Metodoloxías / probas
Competencias / Resultados
Horas lectivas (presenciais e virtuais)
Horas traballo autónomo
Horas totais
Prácticas a través de TIC
A3 A11 B1
7
14
21
Presentación oral
B5 B9 C2 C3 C8
1.55
6.2
7.75
Sesión maxistral
A3 A11 B1 C8
14
28
42
Proba obxectiva
A3 A11 B1 C8
2
0
2
Atención personalizada
2.38
0
2.38
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Prácticas a través de TIC
As TIC constitúen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e a aplicación práctica de coñecementos, facilitando a comunicación e aprendizaxe.
Presentación oral
O alumnado pode realizar unha presentación oral de 10 minutos sobre un tema e bibliografía consensuados co profesorado.
Sesión maxistral
O profesorado explica os contidos principais procurando a máxima interacción co alumnado.
Proba obxectiva
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe e que pode combinar distintos tipos de preguntas.
Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada concíbese como tempo de interacción directa entre estudante e profesorado, ben presencialmente ou vía e-mail.
Avaliación
Metodoloxías
Competencias / Resultados
Descrición
Cualificación
Presentación oral
B5 B9 C2 C3 C8
O alumnado presencial que realice unha presentación de 10 minutos sobre un tema acordado co profesorado, terá tamén que respostar ás preguntas formuladas tras a súa exposición.
O alumnado semipresencial que non poida realizar esta actividade, terá unha cualificación máxima de 85% na súa proba obxectiva.
15
Proba obxectiva
A3 A11 B1 C8
O exame escrito avaliará os coñecementos adquiridos durante as devanditas actividades.
70
Prácticas a través de TIC
A3 A11 B1
A asistencia é obrigatoria para o alumnado en modalidade presencial. Vaise valorar a participación activa.
O alumnado semipresencial que non poida asistir ás prácticas deberá seguir os guións ou tutoriais indicados polo profesorado e finalmente respostar a un cuestionario.
15
Observacións avaliación
Poderá optar a Matrícula de Honra o alumnado avaliado na primeira oportunidade (xuño).
No caso de situacións excepcionais debidamente
justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida
superar a materia tales como flexibilidade no prazo de presentación de traballos ou realización dunha proba
global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.
Fontes de información
Bibliografía básica
McLachlan, G. J., Do, K-A., Ambroise, C (2004). Analyzing Microarray Gene Expression Data. Wiley-Interscience. John Wiley & Sons
Campbell, A.M & Heyer, L.J. (2007). Discovering Genomics, Proteomics & Bioinformatics. Pearson Benjamin Cummings
Bowtell, D., Sambrook, J. (2003). DNA Microarrays. Cold Spring Harbor Laboratory Press.
Allison, David B., et al (2006). DNA microarrays and related genomics techniques design, analysis, and interpretation of experiments. Chapman & Hall/CRC
E. Rinaldis, A. Lahm. (2007). DNA microarrays: current applications. Wymondham: Horizon Bioscience
Lesk, Arthur M. (2012). Introduction to Genomics. Oxford University Press
Bibliografía complementaria
Straalen, Nico M. van (2006). An introduction to ecological genomics. Oxford University Press
Zhanjiang, Liu (2007). Aquaculture genome techonologies. Blackwell
Futuyama, Douglas J. (2006). Evolution. Sinauer Associates
Dale Jeremy (2008). From genes to genomes: concepst and applications of DNA technology. John Wiley & Sons
Sensen, Christoph W. (2005). Handbook of genome research genomics, proteomics, metabolism, bioinformatics, ethical & legal issues . Wiley-VCH
RECURSOS EN INTERNET:
Biological database compilation at NAR: http://nar.oupjournals.org/content/vol29/issue1
DOE Joint Genome Institut. Why sequence them? http://www.jgi.doe.gov/sequencing/why/index.html
Mecanismos de xeración da variación xenética/610441005
Regulación da expresión xénica/610441006
Bioinformática e Modelado de Biomoléculas/610441020
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proteómica/610441013
Cromosomas: Estructura. Función e Evolución/610441015
Xenética Humana/610441016
Toxicología Xenética/610441017
Materias que continúan o temario
Traballo de Máster/610441022
Observacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías