Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas. |
A7 |
Coñecer e aplicar as técnicas analíticas. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Aplicar os fundamentos dos equilibrios químicos aos métodos clásicos de análise |
A4 A7 A16 A24
|
B1 B2 B4
|
C1 C6
|
Aprender a tratar os datos e expresar os resultados analíticos |
A7 A16 A20
|
B1 B2 B4
|
C1
|
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos da análise |
A4 A7 A20 A21 A24
|
B1 B2 B4
|
C1 C6
|
Adquirir a destreza básica no laboratorio de Química Analítica (operacións básicas da análise química clásica) |
A7 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1: Química Analítica |
Definición e obxectivos
Análise cualitativa e cuantitativa
O proceso analítico
Clasificación de métodos e técnicas
|
Tema 2: Métodos volumétricos de análise |
Conceptos básicos, reacción volumétrica e tipos de volumetrías
Patróns primarios, disolucións patrón e disolucións valoradas
Punto de equivalencia e detección do punto final
Curvas de valoración
Erros dos métodos volumétricos
|
Tema 3: Volumetrías Acido-Base |
Teoría das volumetrías ácido-base. Curvas de valoración
Indicadores para as valoracións ácido-base e a súa elección
Valoracións de ácido forte/base forte e viceversa
Valoración de ácido débil/base forte e viceversa
Valoracións de ácidos ou bases polipróticos e as súas sales
Valoracións de mesturas de ácidos ou bases
Volumetrías ácido-base en disolventes non acuosos
Aplicacións
|
Tema 4: Volumetrías Oxidación-Reducción |
Curvas de valoración
Indicadores redox e a súa elección
Axentes oxidantes e reductores previos
Valoracións con axentes oxidantes
Valoracións con axentes reductores
Determinación de compostos orgánicos e inorgánicos |
Tema 5: Volumetrías de formación de complexos |
Compostos de coordinación de interese na análise volumétrica
Curvas de valoración e factores que as afectan
Indicadores metalocrómicos
Valoracións con ácidos poliaminocarboxílicos
|
Tema 6: Volumetrías de Precipitación |
Reaccións de precipitación de interese na análise volumétrica
Curvas de valoración
Valoración de mesturas
Detección do punto final: métodos de Mohr, Volhard e Fajans
|
Tema 7: Métodos gravimétricos de análise |
Introducción á análise gravimétrica
Etapas e clasificación dos métodos gravimétricos
Proceso de formación dun precipitado e propiedades dos mesmos
Gravimetrías por precipitación química. Tratamento dos precipitados
Gravimetrías de volatilización e absorción
Cálculos na análise gravimétrica
|
Tema 8: Avaliación dos datos analíticos |
Definición de termos
Tratamento estadístico de erros indeterminados
Intervalos de confianza
Rexeitamento de datos anómalos
Auxiliares estadísticos de probas de hipótese
Presentación dos datos analíticos |
Tema 9: Análise cualitativa |
Aplicación das reaccións químicas á análise cualitativa
Características analíticas dunha reacción química (sensibilidade, selectividade e seguridade)
Reactivos xerais e específicos
Características analíticas e reactivos dos elementos metálicos
Características analíticas e reactivos dos anións |
Módulo: Prácticas laboratorio |
Valoracións ácido-base
Valoracións redox
Valoracións complexométricas
Valoracións de precipitación
Determinación gravimétrica
Análise cualitativa. Reaccións de identificación. Marcha analítica.
Avaliación dos datos analíticos
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A7 A21 B1 |
24 |
36 |
60 |
Solución de problemas |
A7 A16 A20 B1 B2 B4 C1 |
8 |
20 |
28 |
Seminario |
A7 A20 |
2 |
0 |
2 |
Prácticas de laboratorio |
A7 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 |
18 |
18 |
36 |
Proba de resposta breve |
A4 A7 A21 B4 |
0 |
0.5 |
0.5 |
Proba mixta |
A4 A7 A20 A21 A24 B1 B2 C1 C6 |
3 |
20 |
23 |
|
Atención personalizada |
|
0.5 |
0 |
0.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas clases maxistrais o profesor desenvolverá os contidos fundamentais do programa da materia. As sesión maxistrais serán nun grupo único e terán unha duración de 50 min. Para un total aproveitamento das mesmas, o alumno haberá de preparar previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar, empregando tanto o material docente (esquema que reflicte os contidos de cada tema) como a bibliografía recomendada relacionada co tema, que se proporcionan ao alumno coa suficiente antelación a través da plataforma Moodle.
|
Solución de problemas |
Clases en grupos moi reducidos concebidas coma un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar de xeito directo. Estas clases están adicadas á resolución dos boletíns de problemas, que previamente terán sido proporcionados ao alumno a través da plataforma Moodle, e que deberán realizar de forma autónoma para a súa posta en común nestas clases. Ademáis, tamén se resolverán dúbidas sobre calquera aspecto relacionado coas sesións maxistrais. |
Seminario |
Como actividade inicial antes de comezar as prácticas, prográmase 1 sesión de 2 horas de duración nun grupo único na que se exporá aos alumnos a metodoloxía docente que se vai empregar nas prácticas de laboratorio. |
Prácticas de laboratorio |
6 sesións de laboratorio de aprox. 3 horas de duración, nas que o alumno levará a cabo a aplicación dos conceptos teóricos estudados na aula.
Cada práctica leva vencellado un guión e un prelaboratorio que serán proporcionados ao alumno (a través de Moodle) con antelación ás sesións prácticas. A realización dos prelaboratorios antes de realizar as prácticas é obrigatoria. Os guións terán cuestións que deberán ser respostadas e entregadas unha vez rematadas as prácticas.
Durante as sesión de laboratorio, e de xeito simultáneo á realización dos experimentos, o alumno deberá elaborar un caderno de laboratorio, que recolla os cálculos, os procedementos experimentais e as montaxes necesarias. O profesor revisará o caderno de laboratorio de cada alumno en cada práctica |
Proba de resposta breve |
Realizaranse dúas probas nas que se avaliará a aprendizaxe do alumno, mediante preguntas de resposta breve, sobre dous dos temas da materia. Esta proba realizarase empregando a plataforma Moodle. |
Proba mixta |
Realizaranse dúas probas escritas en cada unha das dúas convocatorias oficiais de xaneiro/xullo. Nunha delas avaliarase a aprendizaxe do alumno mediante preguntas de teoría e de teoría aplicada e na outra proba avaliarase a aprendizaxe mediante a resolución de problemas |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
|
Descrición |
As clases de solución de problemas e prácticas de laboratorio están concebidas coma actividades en grupos reducidos nas que o alumno participa directamente. Deste xeito realízase unha atención personalizada dos alumnos permitindo un mellor seguimento e orientación.
Ademáis, ao longo do cuadrimestre programarase unha titoría individual de aproximadamente media hora de duración. Nesta titoría o profesor resolverá as dúbidas que o alumno atope no estudio da materia e poderá analizar se o proceso de aprendizaxe do alumno é axeitado.
Os alumnos poderán facer uso do horario de titorías para realizar calquera consulta ou dúbida acerca da materia.
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A7 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 |
A cualificación obtida nas prácticas de laboratorio suporá o 20% da cualificación da materia. Valorarase a realización axeitada dos prelaboratorios, a destreza na realización do traballo experimental, a interpretación dos datos obtidos, así como a correcta realización dos cálculos, as respostas ás cuestións das devanditas prácticas (que se deberán entregar) e a elaboración da libreta de laboratorio.
|
20 |
Solución de problemas |
A7 A16 A20 B1 B2 B4 C1 |
O control da asistencia a estas actividades, así coma o traballo realizado antes e durante as mesmas, contribúe na cualificación final da materia cun 10%.
|
10 |
Proba mixta |
A4 A7 A20 A21 A24 B1 B2 C1 C6 |
Realizaranse dúas probas escritas en cada unha das convocatorias oficiais: unha proba constará de preguntas de teoría e teoría aplicada e a outra proba constará de exercicios enfocados á resolución de problemas.
|
65 |
Proba de resposta breve |
A4 A7 A21 B4 |
Probas realizadas a través da plataforma Moodle sobre dous dos temas da materia mediante preguntas de resposta breve. Ámbolos dous temas non serán avaliados na proba mixta.
|
5 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia plantéxanse tres requisitos básicos:
1.- As prácticas de laboratorio son obrigatorias para poder aprobar a materia.
2.- O sumatorio das notas das diferentes actividades non poderá ser inferior a 5 (sobre 10).
3.-Acadar unha cualificación mínima tanto nas prácticas de laboratorio coma en cada unha das probas escritas das que consta cada convocatoria. Esta cualificación mínima non poderá ser inferior a 4 (sobre 10). De non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, e aínda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura estará suspensa e figurará unha cualificación de 4.5.
Os alumnos que non participen nas actividades desenvolvidas nas sesións de solución de problemas ou na proba de resposta breve, obterán unha cualificación de 0 nestes apartados.
Cualificarase cun Non Presentado aos alumnos que non realicen as prácticas de laboratorio e tampouco realicen a proba mixta.
No contexto de "avaliación continuada" a "segunda oportunidade de xullo" enténdese coma unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Polo tanto, para as prácticas de laboratorio, solución de problemas e proba de resposta breve manteranse as cualificacións obtidas ao longo do curso, namentres que a cualificación da proba mixta de xullo substituirá á obtida na proba mixta da primeira oportunidade de xaneiro. Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tivese cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade".
Polo que atinxe aos vindeiros cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluído na avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volvería comezar, incluídas tódalas actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o novo curso.
Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a realización das prácticas de laboratorio será obligatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Por outra banda, facilitaráselles a asistencia ao maior número posible de sesións de solución de problemas; de non poder asistir ás devanditas sesións, o alumno realizará un traballo titorizado. Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (20%), na proba mixta (65%), na proba de resposta breve (5%) e nas sesión de resolución de problemas (10%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
SKOOG D.A., WEST D.M., HOLLER F.J. y CROUCH S.R. (2005). Fundamentos de Química Analítica . Madrid, Ed. Paraninfo
SKOOG D. A., WEST D.M. y HOLLER F. J (1997). Fundamentos de Química Analítica . Barcelona, Ed. Reverté |
|
Bibliografía complementaria
|
HARRIS, DANIEL C (2007). Análisis Químico Cuantitativo . Barcelona, Ed. Reverté
GUITERAS J. RUBIO R. y FONRODONA G. (2003 ). Curso Experimental en Química Analítica . Madrid, Ed. Síntesis
SILVA M. y BARBOSA J. (2002 ). Equilibrios iónicos y sus Aplicaciones Analíticas . Madrid, Ed. Síntesis
LÓPEZ CANCIO J.A. (2005). Problemas Resueltos de Química Analítica . Madrid, Ed. Paraninfo
YÁÑEZ-SEDEÑO P., PINGARRÓN J.M. y MANUEL DE VILLENA F.J. (2003 ). Problemas Resueltos de Química Analítica . Madrid, Ed. Síntesis
BURRIEL MARTI F., LUCENA CONDE F., ARRIBAS JIMENO S. y HERNÁNDEZ MÉNDEZ J. (2001 ). Química Analítica Cualitativa . Madrid, Ed. Paraninfo
HARVEY D. (2002). Química Analítica Moderna . Madrid, Ed. McGraw-Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química 1/610G01007 | Química 2/610G01008 | Química 3/610G01009 | Química 4/610G01010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química Analítica 2/610G01012 | Química Analítica Instrumental 1/610G01013 | Química Analítica Instrumental 2/610G01014 | Química Analítica Avanzada e Quimiometría/610G01015 |
|
Observacións |
Non se recomenda matricularse nesta materia sen ter aprobada a materia Química 3 |
|