Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros
|
A1 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12
|
B2 B7
|
C3
|
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. |
A1 A2 A3 A4 A5 A9
|
|
C3 C5
|
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. |
A7 A9
|
B1 B3 B5 B6 B8
|
C3 C6
|
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. |
A7 A11 A13
|
B4 B9
|
C1 C7 C8
|
Ter un comportamento ético nos negocios. |
A1 A2
|
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Primeira parte: Fundamentos básicos da contabilidade |
|
Tema 1: Introdución á contabilidade.
|
1.1. Actividade económica e necesidade de información.
1.2. Concepto de contabilidade.
1.3. Divisións da contabilidade.
|
Tema 2: A información financeira. |
2.1. Usos e usuarios da información financeira.
2.2. Características básicas da información financeira.
2.3. Normativa para á elaboración da información financeira.
|
Tema 3: O balance de situación. |
3.1. O patrimonio da empresa.
3.2. Principio de dualidade.
3.3. Elementos patrimoniais: activos, pasivos e neto. |
Tema 4: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo. |
4.1. Criterio do devengo.
4.2. Resultado do período: ingresos e gastos.
4.3. Fluxo de efectivo: cobros e pagos. |
Tema 5: O método contable. |
5.1. Transaccións económicas e feitos contables.
5.2. A conta.
5.3. Tecnicismos das contas. |
Tema 6: Rexistros contables. |
6.1. Anotacións no libro diario.
6.2. Traspaso do libro diario ó libro maior.
6.3. Balance de comprobación e estados financeiros. |
Tema 7: O ciclo contable |
7.1. Rexistro das operacións realizadas no período.
7.2. Axustes por aplicación do devengo.
7.3. Preparación de estados financeiros.
7.3. Peche de contas temporais. |
Segunda parte: Introdución ao rexistros, presentación e interpretación de estados financeiros |
|
Tema 8: Operacións de explotación |
8.1. Compras de existencias.
8.2. Vendas de existencias.
8.3. Custe de produtos vendidos e existencias finais.
8.4. Outros ingresos y gastos de explotación. |
Tema 9: Operacións de investimento e financiamento |
9.1. Compras de inmobilizado.
9.2. Vendas de inmobilizado.
9.3. Achegas dos accionistas.
9.4. Préstamos e outras débedas. |
Tema 10: O contido dos estados financeiros |
10.1. O balance de situación.
10.2. A conta de resultados.
10.3. O estado de fluxos de efectivo.
10.4. A memoria e outra información financeira. |
Tema 11: Análise da situación financeira |
11.1. A situación financeira a curto prazo.
11.2. Capacidade de xerar recursos e situación financeira a longo prazo. |
Tema 12: Estudo da rendibilidade |
12.1. Rendibilidade económica.
12.2. Rendibilidade financeira.
12.3. O apalancamento financeiro. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A7 A8 |
17 |
34 |
51 |
Discusión dirixida |
A4 A5 A9 A11 A13 B4 B6 B8 B9 C4 C6 |
7 |
21 |
28 |
Proba de resposta múltiple |
A4 B2 |
1 |
2 |
3 |
Obradoiro |
A6 A10 A12 B2 B1 B3 B5 B7 C1 C3 C5 C7 C8 |
18 |
36 |
54 |
Proba obxectiva |
A4 B2 |
2 |
8 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa. |
Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo profesorado da materia e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Proba de resposta múltiple |
Durante o curso realizarase una proba tipo test sen previo aviso. |
Obradoiro |
Traballo individual e en grupo, guiado polo profesorado da materia, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos. |
Proba obxectiva |
Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
Proba de resposta múltiple |
Obradoiro |
|
Descrición |
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, estudante será guiado polo docente de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesorado da materia guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula. Por último, as titorías en grupo (4 horas ó longo do cuadrimestre) destinaranse a discutir casos prácticos que pola súa complexidade ou variedade de solucións posibles requiren un maior grado de atención personalizada. Os grupos dividiranse en dous (15 alumnos aprox.) para as titorías en grupo. O profesorado da materia tratará de fixar as horas para as mesmas, se hai dispoñibilidade de aulas, na franxa horaria inmediatamente anterior ou posterior a aquela na que o grupo teña asignada a súa docencia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A4 B2 |
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. |
40 |
Proba de resposta múltiple |
A4 B2 |
Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O estudante que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. |
10 |
Obradoiro |
A6 A10 A12 B2 B1 B3 B5 B7 C1 C3 C5 C7 C8 |
Valorarase, a través de presentacións orais ou pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia. |
50 |
|
Observacións avaliación |
A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe de
xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no
proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que: a) Prepare,
individualmente ou en grupo, as cuestións e exercicios propostas polo profesorado da materia para a súa discusión na aula. Valórase, tanto o rigor nos
argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a
habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus
compañeiros. Por esta vía o estudante pode compensar con ata 1 punto a
cualificación total obtida coa avaliación continua (obradoiro e proba de
resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (6
puntos).
b) Semanalmente
realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia.
Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. Ao inicio
dunha das dúas sesións de cada semana o docente presentará aos estudantes un
pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fora da aula, que cada
estudante deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo docente. Estes
exercicios recolleranse e de todos eles valoraranse catro, elixidos
aleatoriamente ao rematar o cuadrimestre. A valoración destes exercicios suporá
o 40% de cualificación final.
c) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do
profesorado da materia, un caso práctico para ser presentado na aula na data marcada polo profesorado da materia. Valorarase a dificultade do caso práctico elixido, o rigor na súa
resolución e a súa presentación e defensa na aula. A valoración deste caso
práctico representará o 10% da cualificación final.
En canto ao exame final
e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión
Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:
Cualificación
de non presentado.
Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación acadada.
Condicións
de realización do exame final.
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
Avaliación
da oportunidade de xullo. Esta debe
realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación
do primeiro ou do segundo cuadrimestre.
Por último, no caso de que
ao estudante se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada",
e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a
avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. A valoración desta proba
mixta representará o 100% da cualificación na acta.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Muñoz Merchante, Ángel (2008). Fundamentos de Contabilidad. Ramón Areces
Larrán Jorge, Manuel (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Solà Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2003). Contabilidad. Pearson |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise das Operacións Financeiras/611G01004 | Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G01008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|