Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento |
A2 |
Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais |
A3 |
Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais |
A4 |
Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional |
A7 |
Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio |
A10 |
Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional |
A11 |
Saber desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas |
A13 |
Saber expor de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo |
B6 |
Capacidade de traballo en equipo |
B9 |
Capacidade de resolución de problemas |
B11 |
Capacidade de argumentar tanto en forma oral como escrita |
B12 |
Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma |
C2 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
C5 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
C6 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Obxectivo xeral: a formación ten por obxexto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos en materia de Derecho sustantivo e procesual civil, en relación co asesoramento dos intereses encomendados polo cliente, a análise e redacción dos documentos xurídicos, dirección de procedementos xudiciais e, en xeral, o axeitado exercicio da profesión nestes ámbetos (familia, sucesións e danos).
1. Familia.
Obxectivos: coñecer as consecuencias xurídicas da ruptura do matrimonio ou da parella de feito (unións estables de parella). Coñecer os trámites procesuais aplicables en materia de familia. Coñecer o réxime xurídico das medidas cautelares previas e coetáneas. Aprender a realizar a liquidación do réxime económico matrimonial.
Habilidades: Saber redactar demandas de separación, divorcio, alimentos e custodia, tanto de mutuo acordo, coma contenciosas. Saber redactar convenios reguladores. Conciliar os intereses do propio cliente coa especial protección dos fillos menores. Saber redactar convenios de liquidación do réximen económico matrimonial e formular xudicialmente propostas de inventario e de liquidación.
Actitudes: Defender o interés do cliente nunha negociación de ruptura consensuada. Propor medios de proba oportunos. Documentar os acuerdos alcanzados nos procedementos de mutuo acordo. Recopilar a información necesaria para a realización do inventario e a inclusión e exclusión de bens. Documentar a liquidación do réxime económico matrimonial. Informar o cliente dos efectos económicos da liquidación, incluidos os fiscais. |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM7 AM10 AM13
|
BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM9 BM11 BM12
|
CM1 CM2 CM5 CM6
|
2. Sucesións: Obxectivos: coñecer os modos de apertura da sucesión na herdanza, tipos, incapacidades e prohibicións. Coñecer a sucesión paccionada, a testada e os tipos de testamento. Coñecer o contido mínimo do testamento, legados e lexítimas. Coñecer a sucesión intestada e os seus trámites. Coñecer a aceptación da herdanza, a repudiación e o sistema de colación. Coñecer o réxime de administración dos bens
da comunidade hereditaria. Coñecer cómo se forma un inventario de bens cómo formular oposición a inclusión dun determinado ben. Coñecer os cuadernos particionais. Coñecer as especialidades en materia sucesoria propias do Dereito civil de Galicia.
Habilidades: diferenciar con claridade entre unha sucesión voluntaria e legal. Aplicar correctamente as causas de incapacidade e as prohibicións para suceder. Aplicar correctamente o instrumento da delación. Identificar os tipos de testamento. Aplicar correctamente o sistema de lexítimas. Tramitar notarial e xudicialmente unha sucesión intestada. Determinar a conveniencia de aceptar ou repudiar
unha herencia. Elexir entre aceptación pura e simple e a beneficio de inventario. Deslindar os actos de mera administración. Diferenciar entre un contador testamentario, un contador dativo e un xudicial. Respetar as lexítimas na partición. Cerciorarse do Dereito aplicable en función da vecindade civil do causante. Garantir que nos testamentos quede plasmada realmente a vontade do testador.
Actitudes: asesorar o cliente do xeito mais conveniente según os diferentes tipos de sucesión. Ter sempre presentes as peculiaridades que poden concorrer na sucesión (incapacidades, prohibicións…) Asesorar convenientemente o cliente que vai a realizar testamento tendo en conta as implicacións legais e fiscais. Asesorar o cliente sobre os efectos de la aceptación e da repudiación da herdanza. Asesorar o cliente sobre os efectos das donacións os seus herdeiros forzosos. Procurar o aseguramiento dos bens da herdanza. Advertir o cliente sobre a adecuación de utilizar distintos instrumentos propios do Dereito civil de Galicia para ordenar a súa sucesión hereditaria, específicamente canto a empresa familiar. |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM7 AM10 AM11 AM13
|
BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM9 BM11 BM12
|
CM1 CM2 CM5 CM6
|
3. Dereito de danos.
Obxectivos: coñecer o sistema de responsabilidade civil extracontractual no ámbito civil. Coñecer as formas de prevención da responsabilidade civil. Coñecer os presupostos da acción civil de responsabilidad extracontractual e a doutrina xurisprudencial da objetivización da responsabilidade. Distinguir os suxeitos intervintes e as especialidades da responsabilidade civil xurdida dos ilícitos penais. Coñecer as formas de determinación do dano a través das pruebas. Coñecer, valorar e utilizar a proba pericial. Coñecer as peculiaridades das accións de responsabilidade civil por danos nos distintos ámbitos (profesional, sanitario, construcción…). Coñecer las especialidades da responsabilidade civil derivada da circulación de vehículos a motor. Aprender a utilizar o baremo de valoración de danos corporais. Coñecer o funcionamiento do seguro e do Consorcio de Compensación de Seguros. Coñecer as especialidades procesuais do tratamiento xurídico dos danos privados.
Habilidades: distinguir os suxeitos intervintes na responsabilidade civil extracontractual. Redactar unha demanda de responsabilidade civil. Formular reclamacións extraxudiciais por responsabilidade civil. Interpretar axeitadamente os informes periciais e forenses. Emitir as instruccións precisas para a realización dun informe pericial. Calcular a valoración de danos e secuelas. Utilizar correctamente a
lexislación aplicable en materia de danos derivados da circulación de vehículos a motor. Saber utilizar o baremo de valoración de danos corporais en materia de tráfico.
Actitudes: asesorar o cliente para previr a responsabilidade civil. Emplear en cada caso os medios de proba mais axeitados. Analizar a orde xurisdiccional adecuada para preentar unha demanda exercitando unha acción de responsabilidade civil extracontractual. |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM7 AM10 AM11 AM13
|
BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM9 BM11 BM12
|
CM1 CM2 CM5 CM6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I.- DEREITO DE DANOS (Prof. Dr. José Manuel Busto Lago) |
1. Responsabilidade civil na circulación de vehículos de motor. Aprendizaxse do sistema de valoración de danos corporais. 2. Responsabilidade civil derivada de accidentes ocasionados por especies cinexéticas. 3. Responsabilidade civil na construcción. 4. Responsabilidade civil profesional. En particular, de avogados e de procuradores. 5. A acción de responsabilidade civil extracontractual. 6. O seguro de responsabilidade civil. |
II.- DEREITO DE FAMILIA (Profesores: Dnª Digna Braña, Dnª Mª Asunción Jiménez de Llano Zato, Dnª Luisa Moure) |
1. Medidas previas e provisionais nos casos de separación e de divorcio. 2. Divorcio ante notario. 3. Procedemento de común acordo: convenio regulador, especialidades do proceso. 4. Procedemento contencioso: especialidades en materia de proba. Especial referencia a custodia compartida. 5. Modificación de medidas definitivas adoptadas. 6. Liquidación do réxime económico matrimonial e, en particular, da sociedade de gananciais. |
III.- DEREITO DE SUCESIÓNS (Prof. Dr. José Manuel Busto Lago e D. Miguel Caridad) |
1. Testamentos. 2. Pactos sucesorios. 3. Instrumetnos para diseñar a sucesión na empresa familiar. 4. Declaración de herdeiros. 5. Partición e división da herdanza (convencional, pola maioría, xudicial). 6. Intervención do caudal hereditario. Medidas de aseguramento. 7. Características da administración xudicial do caudal hereditario. 8. Partición e división xudicial da herdanza. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 |
30 |
20 |
50 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C5 C6 |
5 |
15 |
20 |
Seminario |
A1 A2 A4 A5 A6 A7 A8 A9 B1 B3 B5 C6 |
20 |
0 |
20 |
Portafolios do alumno |
A1 A2 A4 A5 A7 A9 A10 A14 A15 B11 B12 C1 C2 C5 |
0 |
10 |
10 |
Actividades iniciais |
A1 A2 A3 B5 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
9.5 |
0 |
9.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
- Os/as Profesores/as exporán os contidos fundamentais da materia, permitindo a participación crítica dos/das alumnos/as. |
Estudo de casos |
- Os/as Profesores/as proporán casos prácticos que os/as alumnos/as resolverán, ben de forma individual, ben en grupo. As soluións plantexaranse e cuestionaranse ante o conxunto de alumnos e alumnas. |
Seminario |
- Ó longo do curso académico proporase a participación en seminarios monográficos sobre responsabilidade civil empresarial e profesional e sobre o sistema de valoración de danos corporais derivados da circulación de vehículos de motor. |
Portafolios do alumno |
- Elaboración dunha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumono durante a impartición da materia. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, etc. |
Actividades iniciais |
- Actividades dirixidas a comprobar o coñecemento dos estudantes das institucións básicas de Dereito de familia, sucesións e danos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
|
Descrición |
- O Profesor/a atenderá ós/ás alumnos/as de maneira individual ou grupal, resolvendo os problemas e as cuestións suscitadas polas lecturas, casos e problemas plantexados.
- Os horarios de tutorías anunciaranse a través do taboleiro de anuncios e da ferramenta on-line.
- Os alumnos poderán dirixirse por medio de e-mail o Profesor e utilizar o foro do campus virtual 1.9. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A1 A2 A4 A5 A6 A7 A8 A9 B1 B3 B5 C6 |
- Participación activa e crítica dos alumnos e alumnas nos seminarios propostos polos Profesores. |
5 |
Portafolios do alumno |
A1 A2 A4 A5 A7 A9 A10 A14 A15 B11 B12 C1 C2 C5 |
- Valoración do contido do portafolios presentado o remate da impartición da materia. |
10 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 |
- Evaluación continua das actividades realizadas polos estudantes dentro e fora da aula.
- Valorarase a participación dos alumnos/as na exposición que faga o Profesor/a e en particular as súas interevencións e as respostas as cuestións formuladas polo Profesor/a. |
50 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C5 C6 |
- Ó longo do curso académico o/a Profesor/a proporá distintos casos ou supostos prácticos avaliables con cuestións que o/a alumno/a debebrá de contestar ou resolver de forma argumentada e, de ser o caso, sen utilizar materiais de apoio (nin bibliográficos, nin xurisprudenciais, nin normativos).
- A cualificación obtida nas prácticas avaliables realizadas ó longo do curso académico computarase, exclusivamente, nas dúas oportunidades da primeira convocatoria (maio/xuño e xullo de 2016). |
35 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
REBOLLEDO VARELA, Á. L. (Dir.) (2008). Comentarios a la Ley 2/2006 de Derecho Civil de Galicia. Ed. Aranzadi, Cizur Menor
BUSTO LAGO, J. M. (Dir.); ÁLVAREZ LATA, N. y PEÑA LÓPEZ, F. (2015). Curso de Derecho civil de Galicia. Barcelona. Ed. Atelier
BERCOVITZ et al (2015). DERECHO DE FAMILIA. Madrid, Ed. Bercal
BERCOVITZ et al (2015). DERECHO DE SUCESIONES. Madrid, Ed. Bercal
REGLERO, BUSTO et al (2013). LECCIONES DE RESPONSABILIDAD CIVIL. Ed. Aranzadi, Cizur Menor
REGLERO CAMPOS y BUSTO LAGO (2014). TRATADO DE RESPONSABILIDAD CIVIL. Ed. Aranzadi, Cizur Menor |
|
Bibliografía complementaria
|
CORA GUERREIRO, J. M.; ORDÓÑEZ ARMÁN, F. M. y PEÓN RAMA, V.J. (2007). Derecho de sucesiones y régimen económico familiar de Galicia, T. I y II. Madrid, Ed. Consejo General del Notariado
LEGERÉN MOLINA, A. (2007). La partición conjunta en el Derecho gallego. Servicio de Publicacións da Universidade da Coruña
SEOANE SPIEGLEBERG, J. L. (2009). La partición de la herencia en el Derecho gallego. Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación
COLINA GAREA, R. (2000). La partija entre coherederos que represente la mayoría económica en la herencia. RXG, Pontevedra |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Práctica Sustantiva Civil I/612499004 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Práctica Procesual Civil/612499003 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|