Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Literatura, Cultura e Identidade Código 613584121
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Web http://http://www.udc.es/filo/MLCD.html
Descrición xeral Aproximación ao estudo da expresión da identidade nas súas diferentes formas: nacional, étnica, social, persoal etc., tanto nos textos literarios, como noutros ámbitos da representación cultural e visual.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer, comprender e saber avaliar criticamente unha parte dos discursos teóricos que reflexionan sobre a identidade. AM1
AM2
AM4
AM6
AM8
BP2
BP3
BP4
BP5
CM2
CM4
CM5
CI1
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. AM3
AM4
AI1
BP2
BP5
BP7
CM1
CM5
CM6
CI1
Realizar análises de textos literarios a partir dos marcos teóricos definidos na materia. AM1
AM2
AM4
AM6
AM8
AM9
AI2
AI3
BP3
BP4
CM2
CM5
CM6
CI1
Ser quen de desenvolver investigacións avanzadas no análise dos textos literarios, desde un enfoque orixinal e creativo AM1
AM2
AM3
AM4
AM6
AM8
AM9
AI1
AI2
AI3
BP1
BP2
BP3
BP5
CM2
CM4
CM5
CM6
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. Discursos e procesos de construción e representación identitaria na literatura.

1.1. A configuración literaria da nación: o repertorio temático identitario
1.2. Narrativa e construción nacional: a obra de Ramón Otero Pedrayo
2. Espazo, nación e xénero. 2.1. A dialéctica identidade de xénero-identidade nacional
2.2. Xénero e nación na narrativa de Eduardo Blanco-Amor

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A3 A4 A6 A8 B5 B7 C4 C5 2 20 22
Sesión maxistral A13 A1 A2 A4 A6 A8 A9 A12 B8 C2 C4 C7 C5 10 10 20
Traballos tutelados A13 A1 A2 A3 A4 A6 A14 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B10 C1 C6 0 16 16
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A3 A6 A14 A8 B5 B7 B8 C2 C5 3 12 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico.
Sesión maxistral Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.
Traballos tutelados Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento.
Eventos científicos e/ou divulgativos Ao longo do curso será recibido un/unha investigador/a externo cuxa visita será preparada colectiva e individualmente para realizarmos un encontro científico fructífero.

Atención personalizada
Metodoloxías
Eventos científicos e/ou divulgativos
Lecturas
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A3 A6 A14 A8 B5 B7 B8 C2 C5 O alumnado deberá participar activamente con preguntas e/ou reflexións no encontro co/a investigador/a invitado/a. 20
Lecturas A1 A3 A4 A6 A8 B5 B7 C4 C5 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do propio alumando na aula e no encontro científico. 20
Traballos tutelados A13 A1 A2 A3 A4 A6 A14 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B10 C1 C6 O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración breve ensaio orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva. 60
 
Observacións avaliación

O alumnado con dispensa académica, matrícula semipresencial ou calquera outra circunstancia excepcional deberá poñerse en contacto coa profesora (ben durante o horario de tutoría, ben a través do correo electrónico: carme@udc.gal)para fixar as condicións da súa avaliación.


SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) 

Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, ou que no se presentase á avaliación ordinaria, contará cunha avaliación extraordinaria no mes de xullo. Para superar a materia terá que realizar unha prueba mixta para avaliar as lecturas (20%) e presentar un novo traballo/ensaio (80%).


Fontes de información
Bibliografía básica

Blanco, C. (1995): “Blanco-Amor entre señoras, tolas e churrianas: parodia e destrución xenérica en A Esmorga”, Nais, damas, prostitutas e feirantas (Vigo: Xerais): 69-117.

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (2003): A construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo. (Vigo: A Nosa terra).

Figueroa, A. (2001). Nación, Literatura, Identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia. (Vigo: Xerais).

González Fernández, H. (2009). Género y nación : la construcción de un espacio literario (Barcelona: Icaria).

Miguélez, H. (2014): Galiza, um povo sentimental? (Santiago: Através).

Murado, M.A. (2008): Outra idea de Galicia (Madrid: Debate).

Rodríguez Sánchez, F. (1993): Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada (Vilaboa-Pontevedra: Ed. do Cumio).

Salinas Portugal, F. (2006): "Os contornos da identidade", en Salinas Portugal, F. / Tavares Maleval, Mª A. (orgs.) (2006): Estudos Galego-Brasileiros 2 (A Coruña: Servizo de publicacións da Universidade da Coruña): 349-364. 

Tato Fontaíña. L. / Tavares Maleval, Mª A. (orgs.) (2009). Estudos Galego-Brasileiros 3. Lingua, Literatura e identidade (UERJ: Rio de Janeiro)

Thiesse, Anne M. (2001): La création des identités nationales. Europe XVIIIe-XXe siècle (Paris: Seuil).   



Obras de lectura obrigada:

Ramon Otero Pedrayo: Os camiños da vida; Arredor de si

Eduardo Blanco Amor: A esmorga; Xente ao lonxe

A profesora fornecerá, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos fixados. 
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías