Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Relacións Interartes Código 613584122
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Profesorado
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Web
Descrición xeral –Estudo e análise crítica da relación entre as diversas artes, así como dos procesos de transitividade e reciprocidade que, entre elas, se producen, nas distintas tendencias epocais dos ámbitos culturais brasileiro, galego e portugués.
–Neste curso 2016/2017, os contidos están inseridos, en concreto, na liña temática relativa ás relacións entre LITERATURA E ARTES PLÁSTICAS: «Paradigmas plástico-escriturais na poesía contemporánea do Brasil, Galiza e Portugal (As obras de Paulo Leminski, Uxío Novoneyra e Ana Hatherly)»

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A10 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A13 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B2 Falar ben en público
B3 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B9 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser, en grande medida, autodirixido ou autónomo
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
B12 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base e oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos. dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B14 Que os estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C8 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico
C9 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Aplicar a análise e o comentário críticos a textos e discursos literarios e non literários, utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. AM1
AM2
AP1
AI2
BM2
BM3
BP5
BP6
BP7
BI3
CM4
CM5
CM6
Aplicar o coñecemento avanzado da literatura galega e das literaturas portuguesas. AM1
AM3
AM4
AM6
AM8
AI1
AI3
BI1
BI2
CM1
CM2
CI3
Aplicar os coñecementos adquiridos sobre historia e cultura das comunidades lusófonas e das comunidades galegas no exterior. AM5
AM9
BP3
BP4
CI1
Identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. AM7
BP1
CI2

Contidos
Temas Subtemas
Paradigmas plástico-escriturais na poesía contemporánea do Brasil, Galiza e Portugal (As obras de Paulo Leminski, Uxío Novoneyra e Ana Hatherly). [Módulo 0] – «Olhar» e «ver», verbo-boco-visualidade poética e prácticas contemporáneas interartes.

[Módulo 1] – O Concretismo e a obra de Paulo Leminski.

[Módulo 2] – A visualidade e a xestualidade caligráfica na obra de Uxío Novoneyra.

[Módulo 3] – A Poesia Experimental (PO-EX) e a obra de Ana Hatherly.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A13 A4 A5 B4 C2 4 5 9
Lecturas A9 B13 B9 0 15 15
Traballos tutelados A2 A4 B7 B8 B3 C8 0.25 5.75 6
Recensión bilbiográfica A1 A4 A10 A9 C1 0.25 2.5 2.75
Presentación oral A13 A14 A9 B9 B2 B10 B3 C6 0.5 3.75 4.25
Proba mixta A13 A1 A4 A10 A9 C2 C5 2 15 17
Sesión maxistral A1 A2 A3 A6 A14 A7 A8 A12 B6 B14 B12 C4 C7 C5 C9 8 10 18
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso.
Traballos tutelados Textos orais, escrito e/ou visuais en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, algunha(s) das obras e/ou textos de lectura obrigatoria.
Recensión bilbiográfica Reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas.
Presentación oral Presentación oral dalgún(s) dos comentarios de textos realizados.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesor explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada unha das actividades ao longo do curso e segundo a planificación da materia.
O alumnado con dispensa académica deberá entrar en contacto co profesor ao inicio do curso para fixar as actividades e traballos substitutivos da asistencia académica que necesariamente deberá realizar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A13 A4 A5 B4 C2 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade tipolóxica. 20
Lecturas A9 B13 B9 erán de realizarse as leituras obrigatórias por parte do alumnado, sendo avaliadas ao longo do desenvolvimento das aulas.
O control destas lecturas será realizado por medio de recensións "ad hoc" e/ou en sesións específicas na sala de aulas, avaliando a capacidade de comprensión e a síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia.
10
Traballos tutelados A2 A4 B7 B8 B3 C8 Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, analizará algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria, avaliándose a súa precisión e o seu axeitamento aos contidos e ás competencias previamente formulados.
Son obxecto de avaliación a apresentación oral do traballo tutelado e da leitura analítica do texto breve seleccionado de acordo co profesorado da materia.
Para alón do antes referido e da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo.
15
Recensión bilbiográfica A1 A4 A10 A9 C1 Avaliación da adecuación, sustentabilidade e pertinencia dos xuízos emitidos na(s) reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas. 5
Presentación oral A13 A14 A9 B9 B2 B10 B3 C6 Avaliación da capacidade expositiva e da profundidade e adecuación dos contidos expostos na presentación oral dalgún dos comentarios de textos realizados.
Para alen do antes referido e da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo.
10
Proba mixta A13 A1 A4 A10 A9 C2 C5 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA DE REFERENCIA

– AGUILAR, G.: Poesia concreta brasileira: as vanguardas na encruzilhada modernista. Trad. João Bandeira e Marilena Vizentin (EDUSP, São Paulo, 2005).

– CASAS, A.: “Mirar é ir. Introdución a unha poética”, in Casas, A. (ed.): Uxío Novoneyra. Antoloxía Poética (Editorial Galaxia, Vigo, 2010): 11-59.

– HATHERLY, A. e MELO e CASTRO, E. M.: Po-Ex – Textos teóricos da Poesia Experimental protuguesa (Moraes Editores, Lisboa, 1981).

– MACEDO, G. (org.): Ana Hatherly: Interfaces do Olhar – Uma Antologia Crítica / Uma Antologia Poética, Roma Editora, Lisboa, 2004.

– MARTÍNEZ PEREIRO, C. P.: A man que caligrafando pensa – Do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana (Servizo de Publicacións–UDC, A Coruña, 2010).

– MORICONI, Í.: A poesia brasileira do século XX (Editora Objetiva, Rio de Janeiro, 2002)

– VIEIRA, F. (2007): Oriente ocidente através: a melofanologopaica poesia de Paulo Leminski, Dissertação de Mestrado / Programa de Pós-Graduação em Letras / Centro de Ciências Humanas, Letras e Artes (Universidade Federal da Paraíba, 2007): http://www.cchla.ufpb.br/ppgl/wp-content/uploads/2012/11/images_Francisco.pdf

Bibliografía complementaria

– SELECCIÓNS ANTOLÓXICAS «AD HOC» da poesía dos tres autores visados: Paulo Leminski, Uxío Novoneyra e Ana Hatherly (a disponibilizar na Plataforma Moodle).

MATERIAIS AUDIOVISUAIS

– «Paulo Leminski – Ervilha de fantasia» (Documentário de Wener Schumann, 1985): https://www.youtube.com/watch?v=zkl57-hC3ko

– «Curtametragem: "Cinco Poemas Concretos", 2007»:http://www.youtube.com/watch?v=yC3e7rmSYM4

– «”Vietnam canto”, lido por Uxío Novoneyra»: https://www.youtube.com/watch?v=cGBHtVirQyQ

– «“rotura” [trecho], de Ana Hatherly, 1979»: https://www.youtube.com/watch?v=eghPc-w85f8

– «Ana Hatherly – A mão inteligente» [trailer]» (Documentário de Luís Alves de Matos, 2002).: https://www.youtube.com/watch?v=eghPc-w85f8


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1) Unha parte do Módulo 0 ("«Olhar» e «ver», verbo-boco-visualidade poética e prácticas contemporáneas interartes") e a totalidade do Módulo 1 ("O Concretismo e a obra de Paulo Leminski") serán impartidos por Alva Martínez Teixeiro, Profesora de Literatura e Cultura Brasileiras da Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.

2) Todas as cuestións non contempladas explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías