Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural |
A2 |
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural |
A3 |
Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais |
A5 |
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación |
A8 |
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma |
A9 |
Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A12 |
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais |
A13 |
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais |
A14 |
Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
B4 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
B5 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
B6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
C2 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos |
C3 |
Demostrar un compromiso ético coas desigualdades |
C4 |
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade |
C5 |
Integrar coñecementos de campos de estudos diversos |
C6 |
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares |
C7 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
C8 |
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Integrar os estudos literarios nun contexto intercultural máis extenso e que ultrapase os limites dunha única comunidade, atendendo nomeadamente á diversidade cultural do ámbito galego-portugués. |
AM1
|
|
CM4
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. |
AM8
|
|
|
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais. |
AI1
|
|
|
Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. |
AM9
|
|
|
Alargar o conceito de literatura e entendela en relación con outros campos culturais, utilizando ferramentas e tecnoloxías apropiadas para o seu estudo. |
AM2 AM3
|
|
CM5
|
Analisar e interpretar tanto textos como mecanismos e procesos de comunicación aplicando diferentes modelos teóricos e ferramentas de análise. |
AM5 AI3
|
|
|
Adquirir a capacidade de utilizar ferramentas, tecnoloxías e recursos de investigación interdisciplinares para a súa aplicación á resolución de problemas en entornos diversos no ámbito dos estudos literarios e culturais. |
|
BP1
|
CM2 CM6
|
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais |
AI2
|
|
|
Asumir a importancia e os beneficios sociais da aprendizaxe e coñecer os medios para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
|
BP2 BP3 BP4 BP5
|
CM3
|
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico e desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
|
|
|
CI1 CI2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A crítica e (é) a cultura |
1.1. Función e posición da crítica nos sistemas culturais
1.2. Crítica, historiografía e teoría literaria/cultural |
2. Campo da crítica e procesos de canonización
|
2.1. Estratexias de atribución de valor e creación de sentido
2.2. Discursos críticos, cánone, conflito e identidade
2.3. Alternativas críticas |
3. Procesos de canonización no intersistema cultural galego-portugués |
3.1. Criterios canonizadores
3.2. Estudos de caso |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A8 B5 B6 C4 |
6 |
6 |
12 |
Discusión dirixida |
A2 A3 B7 B8 C5 C3 |
5 |
9 |
14 |
Traballos tutelados |
A14 B4 C2 C6 C8 |
1 |
20 |
21 |
Lecturas |
A13 A5 A9 |
1 |
22 |
23 |
Presentación oral |
A12 C7 |
2 |
2 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas no seminario. |
Discusión dirixida |
Presentación polo profesor ou polo alumnado dunha serie de casos teórico-práticos para a súa análise conxunta e colaborativa ao longo das sesións presenciais. |
Traballos tutelados |
Realización dun breve estudo relacionado cos asuntos abordados no seminario. Este traballo poderá ser realizado de maneira individual ou colectiva (de acordo coa planificación realizada polo profesor no inicio do seminario). |
Lecturas |
Realización dunha seria de lecturas breves previamente seleccionadas polo docente relacionadas directamente cos contidos abordados no seminario. |
Presentación oral |
Exposición oral ao conxunto da turma dos resultados do traballo tutelado e/ou de unha lectura breve atribuída de entre a listaxe fornecida polo profesor no início das sesións. Durante esas presentacións orais, o alumnado utilizará os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrará a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o seminario. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Lecturas |
Presentación oral |
|
Descrición |
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel polo seminario, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do Traballo Tutelado, das Lecturas e da Apresentación Oral. De maneira xeral, cada alumno/a asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición da leitura e/ou a entrega do traballo.
Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento da materia, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A8 B5 B6 C4 |
Serán avaliados o nivel de análise e compreensión das materias expostas, así como a resolución dos problemas apresentados durante estas sesións, quer através de estudos de caso ou análise de fontes documentais específicas, quer no trascurso das “discusións dirixidas”, do “traballo tutelado” e/ou da “presentación oral” |
10 |
Discusión dirixida |
A2 A3 B7 B8 C5 C3 |
Será avaliado o rigor e a profundide da análise, as cuestións eventualmente levantadas durante as intervencións, a frecuencia destas e, en xeral, todos os contributos relacionados co acompañamento/ desenvolvemento da materia. |
20 |
Traballos tutelados |
A14 B4 C2 C6 C8 |
Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados no seminario. Levarase tamén en conta a calidade lingüística do texto entregado, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para esta actividade. |
30 |
Lecturas |
A13 A5 A9 |
Para alén da eventual presentación oral dunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións orais e nas discusións dirixidas. |
20 |
Presentación oral |
A12 C7 |
Correspóndese com os resultados e procedimentos do traballo tutelado e, eventualmente, coa estrutura e os contidos principais do texto breve atribuído polo profesor no inicio das sesións para a leitura analítica por parte do alumno/a.
Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio do contido apresentado e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. |
20 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación do seminario será feita de forma continua. Nela serán
levados en conta non apenas os elementos referidos no lugar
correspondente deste guía mais tamén, de xeito transversal, as
competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe
colaborativa demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe. Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos
fixados no cronograma que o profesor fornecerá ao alumnado no inicio
das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas
fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Non será posíbel
superar o seminario sen a realización satisfactoria do traballo
tutelado. O estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica
realizará ou entregará as actividades indicadas nunha data concertada
previamente co docente. Este alumnado deberá realizar e entregar as
mesmas actividades que o restante e, se non puider asistir ao
atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo
electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique
imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado
da materia. O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro
terá de contactar previamente co docente responsábel polo seminarioe,
para o superar, realizar aqueles traballos tutelados (5 valores) e
aquelas leituras (5 valores) que lle foren encomendados. Se houver criterios específicos de avaliación
para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente
disponibilizados polo profesor responsábel através do Moodle e/ou
expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas
instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das
actividades previstas. As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo.
Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán
realizar satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na
oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren
agora solicitados. Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non apresente ningunha das actividades previstas neste guía.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Thiesse, A. (1999). La Création des identités nationales: Europe XVIIIe XXe siécle. Paris: Éditions du Seuil
Bourdieu, Pierre (1991). “Le champ littéraire. Avant propos”. ctes de la Recherche en sciences sociales, nº 89, pp. 3-46
Lourido Hermida, Isaac (2011). As alternativas sistémicas da Historia literaria en situación de conflito cultural. Desenvolvimentos teóricos e modelos de renovación nos casos galego e quebequense. Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Universidade de Santi
Tarrío Varela, Anxo e Abuín González, Anxo (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da Península Ibérica. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
Figueroa, A.; González-Millán, X. (1997). Communication littéraire et culture en Galice. Paris: L'Harmattan
Lamont, M. & Fournier, M. (1992). Cultivating Differences. Symbolic Boundaries and the Making of Inequalitiy. Chicago and London: The University of Chicago Press
Bourdieu, Pierre (1985). La distinction: critique sociale du jugement. Paris: Éditions de Minuit
Castells, Miguel (2003). La era de la información. El poder de la Identidad. Madrid: Alianza Editorial
Bourdieu, Pierre (1992). Les règles de l’art. Genèse et structure du champ littéraire. Paris: Éditions du Seuil
Pageaux, D. H. (2007). Littératures et Cultures en dialogue. Paris: L'Harmattan
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade: comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Samartim, Roberto L.I. (2010). O processo de construçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978): margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
Even-Zohar, Itamar (2010). Papers in Culture Research. Tel Aviv: Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
Fowler, B. (1997). Pierre Bourdieu and Cultural Theory. Critical Investigation. London: Sage
Even-Zohar, Itamar (2007). Polisistemas de cultura. Tel Aviv: Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
González-Millán, X. (2000). Resistencia cultural e diferencia histórica: a experiencia da subalternidade. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Casas, Arturo (2002). “A Teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais (para ler González-Millán)”. Anuario de estudios literarios galegos, 29-38
Rees, C. van (1983). “Advances in the Empirical Sociology of Literature and the Arts: The Institutional Approach”. Poetics 12, 285-310
Sela-Sheffy, R. (2002). “Canon Formation Revisited: Canon and Cultural Production”. Neohelicon XXIX(2), 141-159
Nooy, W. de (2005). “Culture in networks”. The Collection and Analysis of Network Data. Summer School of the Quantitative Methods, the Social S
Sapiro, G. (2007). “Pour une approche sociologique des relations entre littérature et idéologie”. COnTEXTES 2 (acesíbel en http://contextes.revues.org/index165.html)
Torres Feijó, Elias J. (2004). “Roma locuta causa finita? Sobre docência e crítica da literatura e da cultura”. Aurora Marco et al. (eds.), Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctic
Casas, Arturo (2007). “Xoán González-Millán: itinerarios teóricos”. Helena González Fernández & María Xesús Lama (eds.), Actas do VII Congreso Internacional |
|
Bibliografía complementaria
|
|
1.Angenot, Marc (1979). Glossaire pratique de la critique contemporaine.
Quebec: Éditions Hurtubise HMM 2.Cabral, Amilcar (1999).
Nacionalismo e cultura. Compostela: Laiovento 3.Capra, Dominick La (2006). Historia en tránsito: experiencia, identidad, teoría
crítica. Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica 4.Casas, Arturo (coord.) (2004).
Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais 5.Claval, Paul (2003).
Géographie culturelle: une nouvelle aproche des sociétés et des milieux. Paris: Armand Colin 6.Cochón Otero, Iris
& Rábade Villar, María do Cebreiro (2004). "A crítica no campo
literario. Teorías críticas e identidades emerxentes". Elementos de crítica
literaria, Vigo: Xerais, pp.161-204 7.Cunha, Carlos Manuel Ferreira
da (2002). A construção do discurso da história literária na literatura
portuguesa do século XX. Braga: Centro de Estudos Humanísticos/ Universidade do
Minho 8.Edgardo Lander (comp.) (2000). La colonialidad del saber: eurocentrismo y ciencias
sociales. Perspectivas Latinoamericanas. Buenos Aires: Consejo Latinoamericano de Ciencias
Sociales 9.Fortin, N. (1994). Une littérature
inventée. Littérature québécoise et critique universitaire (1965-75). Presses
de l'Université Laval: Sainte Foy 10.Gaard, Greta; Murphy, Patrick
(1998). Ecofeminist Literary Criticism: Theory, Interpretation, Pedagogy. Urbana and Chicago: University of Illinois Press 11.Godzich,
Wlad (1998). Teoría literaria y crítica de la cultura. Madrid:
Cátedra-Universitat de València 12.Gutiérrez
García, Santiago (2007). “La lírica gallegoportuguesa en los procesos de
hegemonización y canonización de la literatura gallega”. Anuario de Estudios
Medievales, 37/1: 245-265 13.Harlow,
B. (1987). Resistance literature. Methuen: New York 14.Hooper, Kirsty (2005). “Novas
cartografías nos estudos galegos: nacionalismo literario, literatura nacional,
lecturas posnacionais”. Anuario de Estudos Literarios Galegos: 64-73 15.Jameson,
Fredric; Žižek, Slavoj (1998). Estudios culturales. Reflexiones sobre el
multiculturalismo. Buenos Aires: Paidós 16.López Silva, Inmaculada
(2004). Teatro e canonización. A crítica teatral na prensa periódica galega
(1990-2000). Lugo:
Tris Tram 17.Mata, Inocência (1992).
Emergência e existência de uma literatura (O caso santomense). Linda-a-Velha 18.Moi, Toril (1985).
Sexual/Textual Politics. Feminist Literary Theory. London and New York:
Routledge 19.Moisan, Clément;
Saint-Jacques, Denis (dirs.) (1987).
“L’Autonomisation de la littérature”. Études littéraires, 20, 1. 20.Nooy, Wouter de (1991).
“Social Networks and Classification in Literature”. Poetics, 20: 507-537 21.Rees,
K. van (1983). “How a Literary Work Becomes a Masterpiece: On the Threefold Selection
Practised by Literary Criticism”. Poetics, 12: 397-417 22.Reis, Carlos (coord.)
(1991-1996). História crítica da literatura portuguesa. 9 vol, Lisboa: Verbo 23.Saraiva, António José (2000).
História da cultura em
Portugal. Lisboa: Gradiva 24.Schmidt, Siegfried J.
(1983). “The Empirical Science of Literature ESL: A New Paradigm”. Poetics, 12: 19-34 25.Torres Feijó, E. J. (2004).
“Potencialidades na indústria de ideias na Galiza actual para o relacionamento
galego-luso-afro-brasileiro”. [Actas do] VIII Congresso Luso Afro Brasileiro de
Ciências Sociais, Coimbra: Centro de Estudos Sociais |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Todas as cuestións non contempladas explicitamente neste guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento do seminario serán resolvidas polo profesor no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente deste documento. |
|