Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A13 |
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A23 |
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as técnicas de análise lingüística e literaria aplicables ao campo da Filoloxía Latina, así como a terminoloxía propia desta disciplina
|
A1 A23
|
B1
|
C3
|
Aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria a textos literarios latinos |
A2
|
B7
|
|
Coñecer aspectos relevantes da cultura latina e da súa pervivencia na civilización occidental |
A13
|
B8
|
|
Sintetizar e valorar críticamente información especializada relativa ao campo dos estudos latinos |
A11
|
B7
|
|
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e outras ferramentas de procura de información adquirindo capacidade de autoformación no campo de estudos da filoloxía latina. |
A11
|
B1 B3
|
C3
|
Relacionar os contidos específicos desta materia cos de outras áreas e disciplinas, principalmente a gramática histórica e a historia das literaturas española, galega e inglesa |
A14
|
B5
|
|
Organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
|
B6
|
|
Apreciar a diversidade |
|
B8
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Instrumentos para o estudo da civilización latina e o seu legado |
1.1 Principais recursos bibliográficos para o estudo da cultura clásica e da lingua latina
1.2 Outros recursos dispoñibles na web
|
2. Morfoloxía nominal da lingua latina I
|
2.1 Concepto de caso e de declinación
2.2 A flexión dos substantivos
2.3 A flexión dos adxectivos
|
3. Morfoloxía nominal da lingua latina II |
3.1 A flexión dos pronomes persoais
3.2 A flexión dos pronomes demostrativos
3.3 A flexión dos pronomes fóricos
3.4 A flexión do pronome relativo |
4. Morfoloxía verbal da lingua latina |
4.1 As formas do tema de presente
4.2 As formas do tema de pasado
4.3 As formas da voz pasiva
4.4 Infinitivos, xerundio e participios
|
5. Sintaxe da lingua latina I: a oración simple e a oración de relativo |
5.1 Funcións e usos dos casos
5.2 Sintagmas preposicionais
5.3 As oracións de relativo |
6. Sintaxe da lingua latina II: a subordinación substantiva |
6.1 As oracións de infinitivo (AcI)
6.2 As oración ssubordinadas substantivas sindéticas (conxuncións quod, ut, ne) |
7. Sintaxe da lingua latina III: a subordinación adverbial |
7.1 Oracións causais
7.2 Oracións temporais
7.3 Oracións finais
7.4 Oracións consecutivas
7.5 Oracións condicionais
7.6 Oracións concesivas
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A13 A14 B3 |
22 |
22 |
44 |
Lecturas |
A13 B8 |
0 |
20 |
20 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A11 B5 B7 C3 |
22 |
44 |
66 |
Proba obxectiva |
A23 B1 B6 |
2 |
16 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital. |
Lecturas |
Lectura por conta do estudante de material específico relativo á cultura clásica e á súa pervivencia seguindo as instrucións proporcionadas polo profesor. O alumno terá que explicar na aula, en exposición pública, algún aspecto do texto ou do tema que lle fose asignado previamente polo profesor. |
Análise de fontes documentais |
Exercicios de lectura, comprensión, análise e comentario lingüístico e de contido de textos latinos, poñéndoos en relación, cando sexa oportuno, coas linguas modernas, así como coa cultura e a civilización actuales. A aprendizaxe da lingua e da cultura clásicas serán simultáneas, explicándose esta última tamén a través da lectura e comentario dos textos latinos. |
Proba obxectiva |
Unha vez rematado o período de clases, os estudantes farán un exercicio sobre as cuestións desenvolvidas na totalidade do temario. A proba terá fundamentalmente carácter práctico e estará orientada a comprobar o grado de coñecemento e de dominio da materia polo alumno.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
|
Descrición |
O estudante poderá asistir a tutorías individuais coa finalidade de resolver dúbidas e planificar estratexias de resolución de problemas. Para evitar esperas innecesarias, recoméndase, ainda que non é obrigatorio, concertar unha cita co profesor. De ser necesario, a cita non terá por qué limitarse ó horario de tutoría establecido oficialmente. O profesor intentará acomodarse ás necesidades do alumno, sempre que non llo impidan as súas restantes obrigas docentes e investigadoras.
Salvo excepcións xustificadas ou casos de urxencia maior, as tutorías terán lugar de maneira individual e presencial, non a través do correo electrónico. A eventual entrega de traballos ó profesor deberá facerse tamén persoalmente. Calqueira entrega non feita por esta vía, por exemplo deixando material en conserxería ou no casilleiro do profesor, non será tida en conta no proceso de avaliación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A13 B8 |
O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor. |
10 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A11 B5 B7 C3 |
As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Para obter a puntuación deste apartado o alumno non poderá acumular mais dun trinta por cento de faltas de asistencia a clase, que serán controladas mediante sinatura diaria. A nota deste apartado obterase pola participación activa na aula así como por eventuales controles periódicos de contidos. |
40 |
Proba obxectiva |
A23 B1 B6 |
Proba escrita individual de carácter práctico que se efectuará unha vez rematado o período de clases. Constará de dúas partes: a primeira conterá exercicios sobre cuestións básicas de morfoloxía e de sintaxe latinas e dará lugar ó corenta por cento da nota deste apartado; a segunda parte, que aportará o sesenta por cento restante, consistirá na explicación da lingua e do contido dun ou de varios textos latinos propostos polo profesor. Este especificará se o alumno debe ou non efectuar a tradución do texto ó galego ou ó castelán. En ningún caso recibirá puntuación unha resposta que non se ateña estrictamente á pregunta realizada. Non será posible superar a materia se na parte relativa a morfoloxía e sintaxe latina non se acada un mínimo de cinco puntos sobre dez. Unha vez acadada esta puntuación sumarase a puntuación que lle corresponde á explicación dos textos latinos, así como a do apartado de lecturas e de análise de fontes documentais. |
50 |
|
Observacións avaliación |
As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo o exercicio de lecturas e a proba obxectiva coas mesmas condicións e porcentaxes ca na oportunidade de xuño. Para o corenta por cento restante da nota -é decir, para a parte de 'análise de fontes documentais'- disporán dun apartado específico relacionado coa materia explicada na aula. Para esta parte o profesor propoñerá preferentemente exercicios prácticos do mesmo tipo e de similar dificultade ca os realizados na actividade docente diaria. Os exercicios de análise sintáctica, no seu caso, deben consistir nunha explicación razonada, e ben redactada, por parte do alumno. Non estará permitido o emprego de abreviaturas nin de suliñados debaixo do texto latino analizado. O mesmo principio é válido para aqueles casos en que sexa necesario efectuar a traducción dun texto latino ó galego ou ó castelán.
De non realizar a proba obxectiva prevista o estudante será cualificado como Non Presentado.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
É imprescindible que os estudantes teñan coñecementos asentados sobre o morfoloxía e a sintaxe da linguas en xeral, e en particular do galego e do castelán, así como unhas nocións básicas acerca do funcionamento do sistema morfolóxico da lingua latina. |
|