Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. |
A1 A2 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17
|
B1 B2 B7 B9
|
C1 C4 C6
|
Coñecer e aplicar diferentes métodos e técnicas de análise á produción literaria e cultural galega. |
A1 A2 A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 A23
|
B1 B3 B7
|
C1 C4 C6
|
Comprender os procesos históricos do estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma. |
A3 A7 A17 A19 A23 A27 A28
|
B5 B8
|
C4 C6
|
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e interpretar os mecanismos dos procesos da creación literaria. |
A2 A4 A10 A11 A15
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C1 C4 C6 C8
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués. |
A7 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28
|
B5 B7 B8 B10
|
C1 C4 C6
|
Realizar achegas creativas e orixinais na análise dos textos literarios, dos productos artísiticos e das realidades culturais. |
A4 A10 A11 A14 A15
|
B5 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Literatura e estudos de xénero
|
1.1. introdución: A teoría feminista e a redefinición da realidade
1.2 O concepto de xénero e as achegas metodolóxicas dos estudos feministas.
1.3. Pensamento feminista e crítica literaria
|
2. A construción da identidade de xénero na literatura galega |
2.1. A obra de Rosalía de Castro: a construción fronte a norma
2.2 A obra de Xohana Torres e Mª Xosé Queizán: cuestionamento de estereotipos e elaboración dun discurso literario diferenciado |
3. Aproximación a textos literarios galegos desde unha perspectiva de xénero |
3.1 Imaxes de mulleres e discurso de xénero na narrativa de R.Otero Pedrayo e de A. R. Castelao
3.2. A esmorga de E. Blanco-Amor: unha reflexión sobre xéneros, identidades e estereotipos
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A2 A4 A10 A14 A15 A17 B2 B3 B9 C1 C6 C8 |
2 |
20 |
22 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A11 A14 A23 A27 A28 B1 B5 C4 |
10 |
10 |
20 |
Lecturas |
A3 A7 A17 A18 A19 A20 B6 B7 C4 |
0 |
15 |
15 |
Discusión dirixida |
A2 A4 A10 A11 A15 B4 B7 B8 B10 C1 C4 |
7 |
0 |
7 |
Actividades iniciais |
A14 B9 C8 C6 |
1 |
0 |
1 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 |
2 |
2 |
4 |
Proba mixta |
A1 A2 A7 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 |
2 |
15 |
17 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A7 A14 A17 A18 A19 |
10 |
15 |
25 |
|
Atención personalizada |
|
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos nas sesións docentes.
Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da docente en sesións de seguimento. Haberá igualmente unha valoración conxunta final.
|
Análise de fontes documentais |
Como actividade derivada das sesións maxistrais, o alumnado terá que analizar textos (teóricos ou de creación) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.
|
Lecturas |
Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos. |
Discusión dirixida |
Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
|
Actividades iniciais |
Toma de contacto para coñecer o nivel de coñecementos, intereses, motivacións, etc. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Proba mixta |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas. |
Sesión maxistral |
Nas sesións docentes presentaranse os contidos teóricos da materia en combinación con preguntas dirixidas aos estudantes e propostas de exercicios prácticos. Para cada sesión, o alumnado terá que facer unha serie de lecturas obrigatorias que serán comentadas posteriormente na aula.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Lecturas |
Discusión dirixida |
Proba mixta |
|
Descrición |
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Á beira do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado pola profesora responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida fundamentalmente para o apoio á realización dos traballos tutelados. De maneira xeral, cada estudante asistirá, polo menos, a unha sesión de atendemento previa á entrega do traballo final.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A11 A14 A23 A27 A28 B1 B5 C4 |
O alumnado terá que analizar en clase textos (teóricos o literarios) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. |
15 |
Traballos tutelados |
A2 A4 A10 A14 A15 A17 B2 B3 B9 C1 C6 C8 |
Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos na aula.
O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun comentario persoal e orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa.
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, e a clareza expositiva e expresiva. Este traballo deberá ser entregado na semana seguinte ao remate das aulas. |
50 |
Discusión dirixida |
A2 A4 A10 A11 A15 B4 B7 B8 B10 C1 C4 |
Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestión e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
|
10 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 |
Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas resumo e/ou comentarios que se entregarán á profesora. |
5 |
Proba mixta |
A1 A2 A7 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.
O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente e o traballo tutelado(no caso de o ter reprobado en xuño). A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo.
ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado que estea matriculado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:
1. Traballos tutelados: 40%, que incluirá a presentación oral.
2. Proba mixta: 40%
3. Análise de fontes documentais: 20% (presentación dun comentario escrito e doutro oral)
Para fixar as datas das presentacións orais o alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso.
AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 50 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un traballo tutelado puntuábel nun 50%.
NON PRESENTADO/A
Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.
ALUMNADO REPETIDOR O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico á profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Blanco, C. (1995). Nais, damas, prostitutas e feirantas . Vigo: Xerais
González Fernández, H. (2005). Elas e o paraugas totalizador. Vigo: Xerais
Varela, N. (2005 ). Feminismo para principiantes. Barcelona: Ediciones B Libro
Castro, O. / Reimóndez, M. (2013). Feminismos. Vigo: Xerais
Blanco, C. (1995 ). Literatura galega da muller. Vigo: Xerais
García Negro, Mª P. (2010 ). O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo . Santiago: Sotelo Blanco |
A profesora fornecerá, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos fixados.
|
Bibliografía complementaria
|
Fariña Busto, Mª J. (eds.) (2005). Escribir en femenino. Poéticas e políticas . Barcelona: Icaria
Queizán, Mª X. (2008). Anti natura. Vigo: Xerais
García Negro, Mª P. ( 2001 ). Arredor de Castelao. Vigo: A Nosa Terra
Macedo, A. G. / Amaral, A. L. (orgs.) (2005). Dicionário da crítica feminista. Porto : Ediçoes Afrontamento
Rodríguez Sánchez, F. (1993). Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada. Vilaboa-Pontevedra: Ed. do Cumio
Beltrán, E. et alii (eds) (2001). Feminismos. Debates teóricos contemporáneos. Madrid: Alianza
González Fernández, H. (2009). Género y nación : la construcción de un espacio literario . Barcelona: Icaria
Vilavedra, D. (1999 ). Historia da Literatura Galega . Vigo: Galaxia
VV. AA.: (1996). Historia da Literatura Galega 5 vols.. Vigo: Asociación Socio-Pedagóxica Galega / A Nosa Terra
Amorós, C. (coord.) (1994 ). Historia de la teoría feminista . Madrid: Instituto de Investigaciones feministas de la UCM /Dirección general de la Mujer
Bernárdez, C. L. / Insua, E. X. / Millán, X. M. / Rei. M. / Tato, L. (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra
Blanco, C. (1995 ). O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo. Vigo: Nigra
Moure, T. (2012). Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións . Vigo: Galaxia |
A profesora fornecerá ao longo do curso, a través da plataforma Moodle, material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada un dos temas obxecto de estudo nesta materia.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal
. |
|