Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
A18 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A20 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumnado debe coñecer as diversas metodoloxías de análise literaria e espectacular. |
A1 A14
|
B1 B6 B7
|
|
Utilizar as ferramentas básicas das TICs necesarias para ser capaz de avaliar criticamente o estilo dun texto dramático e/ou espectacular. |
A2 A10
|
B5
|
|
Posuír un coñecemento avanzado dos textos dramáticos das literaturas en linguas galega e portuguesa. |
A11 A17 A18 A19 A20
|
B1 B6 B8
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Sobre a historia dos teatros galego, portugués e brasileiro. |
1.1 Momentos, autores e obras relevantes no teatro portugués. Dos Autos de Gil Vicente a "O Marinheiro", de Fernando Pessoa.
1.2. A renovación dramática galega. D'"A lagarada", de Ramón Otero Pedrayo a "Os vellos non deben de namorarse", de Castelao.
1.3. O teatro brasileiro de José de Alencar ao Teatro do Brinquedo de Álvaro Moreyra.
|
2. A contemporaneidade nos teatros galego, portugués e brasileiro |
2.1. Novas tendencias de escrita dramática en Portugal, Brasil e Galiza
2.2. O teatro levado aos palcos: principais autores e obras; orientacións na encenación
2.3. Dramaturxias postdramáticas galegas, portuguesas e brasileiras
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A2 A17 A18 A19 A20 C3 |
0 |
30 |
30 |
Proba mixta |
A1 A2 A14 B1 B6 |
2 |
12 |
14 |
Proba oral |
A1 A10 A17 A20 B5 B7 C3 |
1 |
10 |
11 |
Obradoiro |
A1 A2 A10 A17 A18 A19 A20 B6 B7 C3 |
7 |
36 |
43 |
Sesión maxistral |
A10 A11 A17 A18 B8 B7 |
8 |
4 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do cuadrimestre. |
Proba mixta |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico (desenvolvemento de temas ou comentarios) e de análise de fontes, destinada a avaliar a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles contidos teóricos expostos polo profesorado nas sesións presencias, así como a asimilación crítica das lecturas propostas. |
Proba oral |
Exposición oral individual, na aula, en que cada alumno/a exporá a análise e comentario dunha encenación ou dramaturxia contemporánea. |
Obradoiro |
Sesións de traballo na sala de aulas en que, coa guía do docente, os estudantes realizarán comentarios de encenacións e dramaturxias de textos representativos das últimas décadas dos teatros galego, portugués e brasileiro.
Para alén do traballo na sala de aulas, o alumnado deberá realizar unha serie de visionados e lecturas complementares, así como preparar unha análise individual dunha dramaturxia ou encenación que será presentado oralmente.
|
Sesión maxistral |
Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver os traballos prácticos. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Os/as alumnos/as poderán contar con axuda personalizada para a preparación da súa proba oral, a resolución de dúbidas levantadas polas lecturas, a realización do seminario e a proba mixta.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A14 B1 B6 |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico (desenvolvemento de temas ou comentarios) e de análise de fontes, destinada a avaliar a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles contidos teóricos expostos polo profesorado nas sesións presencias, así como a asimilación crítica das lecturas propostas. |
40 |
Lecturas |
A2 A17 A18 A19 A20 C3 |
O control das lecturas será realizado a traves de discusións dirixidas na aula. |
30 |
Proba oral |
A1 A10 A17 A20 B5 B7 C3 |
Esta proba, realizada na aula, servirá para o alumnado expor individualmente a súa análise e comentario dunha posta en escena ou dramaturxia contemporáneas. |
10 |
Obradoiro |
A1 A2 A10 A17 A18 A19 A20 B6 B7 C3 |
No desenvolvemento dos traballos nos obradoiros o docente irá realizando a avaliación continua. Ademais, o alumnado deberá realizar a análise dunha dramaturxia ou encenación acordada co profesorado, que será presentada na proba oral. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico para fixar as condicións da súa avaliación. Será considerado/a NON PRESENTADO/A o alumno ou alumna que non se presente
á proba escrita ou que non realice a proba oral. Na segunda oportunidade haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira. Os/as alumnos/as que se vaian matricular na convocatoria adiantada de decembro deberan porse en contacto co profesorado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Tato Fontaíña, L (2000). "O teatro desde 1936", en Anxo Tarrío (coord.), Literatura Galega.. A Coruña: Hércules de Edicións
Biscainho Fernandes, Carlos C. (2007). A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral. Santiago: Editorial Laiovento
Prado, D. de Almeida (2003). História Concisa do Teatro Brasileiro. Sao Paulo: Edusp
Rebello, F. L. (1991). História do Teatro . Lisboa: Imprensa Nacional / Casa da Moeda
Tato Fontaíña, L (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Barata, J. Oliveira (1991). História do Teatro Portugués. Lisboa: Universidade Aberta
Magaldi, Sábato (2001). Panorama do Teatro Brasileiro. Sao Paulo: Global Editora |
Obras de lectura obrigada:
Ramón Otero Pedrayo: A lagarada A.D. R. Castelao: Os vellos non deben de namorarse
Nelson Rodriguez: Vestido de noiva Roberto Vidal Bolaño: Saxo tenor
|
Bibliografía complementaria
|
Tato Fontaíña, L. (2001). A construción dun teatro nacional en Castelao. Castelao. Co pensamento en Galiza. Actas do Congreso. Pontevedra: AS-PG / Concello de Pontevedra. pp
Fernández Castro, X.M. (2011). A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia | Bertamiráns: Laiovento
Franco, Camilo (2012). Dez obras na vida de Vidal Bolaño. A Coruña: Biblos
Tato Fontaíña, L. (2013). Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións cinematográficos de Ramón Otero Pedrayo. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Carvalho Calero, R (2000). Escritos sobre teatro. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' da Universidade da Coruña
Vidal Ponte, R. (2014). Fóra de portas. Santiago: Positivas
Magaldi, Sábato (1987). Nelson Rodrigues: dramaturgia e encenaçao. Sao Paulo: Perspectivas
Lins, Ronaldo L. (1979). O teatro de Nelson Rodrigues: uma realidade em agonia. Rio de Janeiro: F. Alves
Pascual, Roberto (2013). Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro. Vigo: Xerais
Tato Fontaíña, L. (2013). Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro. Noia: Toxossoutos
Pena, M. & Enríquez, G. (2013). Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Vigo: Galaxia |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Galega/613G02012 | Literatura Portuguesa 1/613G02026 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|