Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Capacidade de comprender e saber aplicar o funcionamento e organización da internet, as tecnoloxías e protocolos de redes de nova xeración, os modelos de compoñentes, sóftware intermediario e servizos. |
A9 |
Capacidade para deseñar e avaliar sistemas operativos e servidores, e aplicacións e sistemas baseados en computación distribuída. |
A10 |
Capacidade para comprender e poder aplicar coñecementos avanzados de computación de altas prestacións e métodos numéricos ou computacionais a problemas de enxeñaría. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas. |
B5 |
Habilidades de xestión da información. |
B9 |
Capacidade para xerar novas ideas (creatividade). |
B10 |
Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática |
B13 |
Capacidade para o modelado matemático, cálculo e simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría de empresa, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todos os ámbitos relacionados coa Enxeñaría en Informática |
B14 |
Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría en Informática seguindo criterios de calidade e ambientais |
B16 |
Capacidade para a posta en marcha, dirección e xestión de procesos de fabricación de equipos informáticos, con garantía da seguridade para as persoas e bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación |
B17 |
Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e de resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaces de integrar estes coñecementos |
B18 |
Capacidade para comprender e aplicar a responsabilidade ética, a lexislación e a deontología profesional da actividade da profesión de Enxeñeiro en Informática |
B19 |
Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización da informática |
B21 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B22 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B23 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B25 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e utilizar os servizos que ofrecen clouds públicos como Amazon EC2, Google Apps ou Microsoft Azure para a configuración de infraestructuras virtuais e o despliegue de aplicacións. |
AP5
|
BP1 BM1 BM2
|
CP6
|
Coñecer os casos de uso mais habituais na integración de tecnoloxías Cloud en contornas empresariais. |
AP5 AP9
|
BP1 BP9 BP16 BP17
|
CP6
|
Coñecer os estándares oficiais e de facto utilizados, así coma os emerxentes, no ámbeto das tecnoloxías Cloud. |
AP5 AP9
|
BP5 BP9
|
CP6 CP8
|
Coñecer as tecnoloxías, estándares, aspectos legais e problematicas relacionados coa xestión da seguridade e a privacidade no uso de clouds públicos.
|
AP5 AP9
|
BP18 BP19 BM3
|
|
Coñecer os modelos de custos que se aplican no uso de clouds públicos. |
AP5 AP9
|
BP5 BP10 BP14 BP19
|
CP6
|
Coñecer e utilizar o modelo de programación Map/Reduce para desenvolver aplicacións distribuidas e desplegalas sobre infraestructuras de cloud públicas. |
AP9 AP10
|
BP1 BP13 BM1
|
|
Habilidade para a procura, selección e manexo de recursos (bibliografía, software, etc.) relacionados coa computación Cloud. |
|
BP5 BM5
|
CP7 CP8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Introdución |
Conceptos xerais
Tecnoloxías de virtualización
Modelos de servizo: SaaS, PaaS, IaaS
Modelos de despliegue
Estándares
Casos de estudo
Retos e oportunidades |
Tema 2. Modelos de servizo |
Infraestructura como Servizo (IaaS)
Amazon Web Services
Plataforma como Servizo (PaaS)
Microsoft Azure |
Tema 3. Desenvolvimento de aplicacións |
Modelo de programación Map/Reduce |
Tema 4. Cloud na contorna empresarial |
Privacidade e protección de datos.
Aspectos legais. |
Tema 5. Despregamento de clouds privados |
OpenNebula |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A5 A9 A10 B10 B14 B18 B19 C6 C7 C8 |
21 |
0 |
21 |
Prácticas a través de TIC |
A5 A10 B1 B13 B16 B17 B22 |
21 |
63 |
84 |
Traballos tutelados |
B5 B9 B21 B22 B23 B25 C6 |
0 |
30 |
30 |
Proba obxectiva |
A10 B1 B17 |
3 |
9 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. As sesións maxistrais complementaranse coa realización de conferencias nas que se traerá algún experto externo para tratar algun tema puntual con maior profundidade.
|
Prácticas a través de TIC |
Nas que o alumno verá o funcionamento na práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas (clouds públicos, contornas de programación Map/Reduce, etc) propostas polo profesor que lle permitirán aprofundar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos da computación Cloud. As prácticas estarán prantexadas de maneira que faciliten a súa realización semi-presencial a aqueles alumnos que non poidan acudir ás sesións presenciais. Ademais das prácticas básicas que todos os alumnos terán que facer, propoñeranse prácticas adicionais que os alumnos interesados poderán realizar de maneira opcional. |
Traballos tutelados |
Proposta de traballos para a súa resolución individual e non presencial por parte dos alumnos. Estes traballos serán opcionais e permitiranlles aos alumnos interesados en facelos aprofundar en aspectos do temario que lles interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais. |
Proba obxectiva |
Ao final das sesións maxistrais propoñeráselle aos alumnos a realización dunha pequena proba tipo test. Para aqueles alumnos que non poidan asistir, resérvase a posibilidade de realizar unha proba única sobre os contidos tratados nas sesións maxistrais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.
Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán as indicacións iniciais necesarias, bibliografía para consulta e realizarán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.
Todos os profesores da materia proporán ademais un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A5 A9 A10 B10 B14 B18 B19 C6 C7 C8 |
Ao final de cada sesión maxistral realizarase unha pequena proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados nesa sesión. |
40 |
Prácticas a través de TIC |
A5 A10 B1 B13 B16 B17 B22 |
As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas co uso de clouds públicos (AWS e Azure), a programación de aplicacións Map/Reduce e o despregamento de clous privados con OpenNebula. Haberá prácticas de realización obligatoria e prácticas voluntarias. |
40 |
Traballos tutelados |
B5 B9 B21 B22 B23 B25 C6 |
Os traballos tutelados serán opcionais e sobre algún tema a convenir entre o alumno e o profesor. |
20 |
Proba obxectiva |
A10 B1 B17 |
A proba obxectiva resérvase para aqueles alumnos que non poideran asistir ás sesións maxistrais. Consistirá en preguntas tipo test sobre os contidos tratados nesas sesións. O seu valor será o mesmo que o dos tests realizados nas sesións maxistrais (40% da nota total da materia). |
0 |
|
Observacións avaliación |
Co traballo obligatorio que ten que realizar o alumno (probas tipo test e prácticas obligatorias) pode conseguirse ata un 75% da nota total da materia. O 25% restante pode conseguirse realizando algunha das varias actividades voluntarias que se prantexan: prácticas de programación Map/Reduce, realización dun traballo tutelado e prácticas con OpenNebula. Para a segunda oportunidade (convocatoria de xullo) aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de realizar unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados nas sesións maxistrais e unha segunda data de entrega das prácticas e traballos tutelados. Os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán seguir a materia sen problemas, xa que a realización das prácticas avaliables non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- John Rothon (2011, 2º ed). Cloud Computing Explained: Implementation Handbook for Enterprises. Recursive Press.
- Luís Joyanes Aguilar (2013). Computación en la Nube: Estrategías de Cloud Computing en las Empresas. Ed. Marcombo
- Tom White (2011, 2º ed). Hadoop: The Definitive Guide. MapReduce for the Cloud. O’Reilly.
|
Bibliografía complementaria
|
|
- Mathew Portnoy (2012). Virtualization Essentials. Wiley.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Planificación estratéxica de sistemas de información/614502001 | Calidade, seguridade e auditoría informática/614502003 | Deseño de sistemas de información/614502007 | Intelixencia de negocio/614502009 | Recuperación da información e web semántica/614502010 | Traballo fin de mestrado/614502012 |
|
|