Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o funcionamento básico dos bloques funcionais dun computador (procesador, memoria,
E/S, etc.) |
A5 A15
|
B3 B7
|
C2 C4 C6
|
Saber realizar deseños básicos de compoñentes dun computador utilizando sistemas dixitais |
A15 A31
|
B1 B3 B7 B9
|
C2 C4 C6
|
Aprender a programar a baixo nivel un procesador mediante unha linguaxe ensambladora |
A5
|
B1 B9
|
C2 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. Sistemas Dixitais |
- Sistemas Combinacionais
- Sistemas Secuenciais
|
II. Estrutura, Organización e Funcionamento de Bloques Funcionais Básicos |
- Unidade de Procesamento
- Unidade de Control
- Sistema de Entrada/Saída |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
10 |
17 |
27 |
Prácticas de laboratorio |
A5 A15 A31 B1 B3 |
20 |
28 |
48 |
Sesión maxistral |
A5 A15 A31 B7 C2 |
30 |
30 |
60 |
Proba obxectiva |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
3 |
6 |
9 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
Proporanse aos alumnos problemas para resolver como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de problemas. Faranse controis escritos ao longo do curso para avaliar o progreso dos estudantes. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1, B3, B7 e B9 en relación ás competencias A5, A15 e A31.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición das competencias transversais C4 e C6.
A oferta dun grupo con docencia en inglés contribúe á adquisición da competencia C2. |
Prácticas de laboratorio |
Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1 e B3 en relación ás competencias A5, A15 e A31.
A existencia dun grupo con docencia en inglés facilita a adquisición da competencia C2. |
Sesión maxistral |
Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas. Estes contidos, centrados nas competencias A5, A15 e A31, están apoiados por bibliografía en castelán e tamén en inglés para contribuír á consecución da competencia C2. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia.
A existencia dun grupo con docencia en inglés reforza a consecución da competencia C2 dos alumnos que o escollan. |
Proba obxectiva |
Ao remate do cuadrimestre haberá un exame cunha duración total de 3 horas. A proba fará particular énfase nas competencias A5, A15, A31, B1 e B3, pero sen descuidar a avaliación do resto de competencias, tanto xerais (B7 e B9) como transversais (C2, C4 e C6). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos alumnos na realización dos problemas propostos e para as prácticas de laboratorio. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que vai sendo realizado polos alumnos. Por outra banda, recomendarase aos estudantes a asistencia a titorías como método de axuda.
Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
Proporanse problemas para traballo persoal e avaliarase a súa resolución a través de controis escritos durante o curso. Con estes controis preténdese avaliar as competencias B1, B3, B7 e B9 en relación ás competencias A5, A15 e A31, sen descoidar a súa relación coas competencias transversais C4 e C6.
Os controis escritos do grupo de docencia en inglés faranse nesta língua, contribuíndo a avaliar a adquisición da competencia C2. |
20 |
Prácticas de laboratorio |
A5 A15 A31 B1 B3 |
Avaliaranse as prácticas realizadas polos alumnos durante o desenvolvemento delas nas sesións de laboratorio. Cos resultados destas prácticas búscase avaliar as competencias B1 e B3 en relación ás competencias A5, A15 e A31. |
20 |
Proba obxectiva |
A5 A15 A31 B1 B3 B7 B9 C2 C4 C6 |
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia. Con este exame avaliaranse principalmente as competencias A5, A15, A31, B1 e B3.
Aos alumnos do grupo de docencia en inglés faráselles esta proba obxectiva nesta língua, contribuíndo a avaliar a adquisición da competencia C2. |
60 |
|
Observacións avaliación |
- Para poder aprobar a materia na primeira oportunidade será necesario obter como mínimo o 25% da nota máxima nas prácticas de laboratorio e, igualmente, o 25% da nota máxima final dos controis escritos, e ter unha nota total (prácticas máis problemas máis exame) igual ou superior ao 50% da nota máxima.
- Na segunda oportunidade soamente se poderá recuperar a nota do exame. As
notas de prácticas e de problemas serán as obtidas durante o curso. Para os alumnos que utilicen a oportunidade adiantada de decembro utilizaranse as notas de prácticas e problemas que obtiveran no seu
último curso. Nesta oportunidade só será necesario para aprobar obter unha nota total igual ou superior ao 50% da nota máxima.
- Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
David A. Patterson, John L. Hennessy (2014). Computer organization and design : the hardware/software interface. Morgan Kaufmann Publishers
David M. Harris & Sarah L. Harris (2013). Digital Design and Computer Architecture. Morgan Kaufmann Publishers
Thomas L. Floyd (2009). Digital Fundamentals (10th Edition). Pearson International Edition
Javier García Zubía (2003). Problemas resueltos de electrónica digital . Thomson
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2015). Problemas resueltos de estructura de computadores (2ª ed.). Paraninfo |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Informática Básica/614G01002 | Matemática Discreta/614G01004 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Tecnoloxía Electrónica/614G01005 |
|
Materias que continúan o temario |
Estrutura de Computadores/614G01012 |
|
Observacións |
Recoméndase utilizar as horas de titorías dos profesores que correspondan aos grupos de problemas para consultas ou resolución de dúbidas sobre os exercicios da materia. |
|