Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social. |
A2 |
CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión. |
A3 |
CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social. |
A4 |
CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social. |
A5 |
CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural. |
A6 |
CE6 - Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social. |
A7 |
CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social. |
A8 |
CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación. |
B1 |
CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social. |
B2 |
CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional. |
B4 |
CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora. |
B5 |
CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas. |
B6 |
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B8 |
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B12 |
CB12 - Manter responsabilidade e compromiso co desenvolvemento profesional continuo de forma autónoma. |
B13 |
CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos. |
B14 |
CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa. |
B18 |
CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais. |
B19 |
CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social. |
B20 |
CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas. |
B21 |
CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión. |
B22 |
CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social. |
C1 |
CT1 - Reflexionar, chegar a conclusións e propoñer solucións a través do traballo en equipo. |
C2 |
CT2 – Desenvolver a actividade profesional con comodidade en contextos internacionais e de diversidade cultural. |
C3 |
CT3 - Asumir o reto da interdisciplinariedade no desenvolvemento do traballo investigador e profesional. |
C4 |
CT4 - Comprometerse cun exercicio profesional e unha perspectiva investigadora que incorporen a dimensión participativa. |
C5 |
CT5 - Aplicar un razoamento crítico na reflexión teórica e no desenvolvemento práctico do traballo profesional e investigador. |
C6 |
CT6 - Expresarse correctamente, de forma oral e escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
C7 |
CT7 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e a comunicación necesarias para o exercicio profesional e para a aprendizaxe continuada e autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Integrar a racionalidade ética na acción social profesional |
AM1 AM2 AM4 AM5 AM8
|
BM1 BM2 BM4 BM8 BM12 BM13 BM14 BM19 BM20 BM21 BM22
|
CM1 CM3 CM5 CM6 CM7
|
Analizar e valorar procesos educativos de participación e promoción da autonomía das persoas |
AM6 AM7 AM8
|
BM1 BM5 BM6 BM8 BM12 BM13 BM14 BM18 BM20
|
CM1 CM2 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7
|
Identificar problemas e dilemas éticos asociados aos principios de xustiza, autonomía, liberdade, sostenibilidade, protección, confidencialidade, entre outros |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM5
|
BM1 BM2 BM4 BM5 BM8 BM14 BM21 BM22
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7
|
Utilizar o enfoque dialóxico para a abordaxe de conflictos éticos e a toma de decisións |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM5 AM6 AM7 AM8
|
BM1 BM2 BM4 BM5 BM6 BM8 BM12 BM13 BM14 BM18 BM19 BM21 BM22
|
CM1 CM2 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Razón instrumental versus razón moral: ética dialóxica |
1.1 O triunfo da razón instrumental: consecuencias na acción social
1.2 Razón moral e ética dialóxica
|
2. Xustiza social, democracia e cidadanía |
2.1 Democracia radical e democracia participativa
2.2 Cidadanía Global e educación para o desenvolvemento
2.3 Movementos sociais e sostenibilidade |
3. Dignidade como fundamento: autonomía e toma de decisións |
3.1 Liberdade e neoliberalismo
3.2 Coidado centrado nas persoas
3.3 Informes técnicos e confidencialidade como dilema |
4. Fontes e dilemas de conflitividade moral: límites dos principios éticos |
4.1 Cuestións, problemas e dilemas morais
4.2 Estratexias para a xestión de dilemas
4.3 Principios éticos na avaliación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A2 A4 A5 B6 B12 B13 B18 C5 C3 |
0 |
52 |
52 |
Seminario |
A1 A2 B2 B20 B21 B22 C1 C2 C4 C6 |
16 |
0 |
16 |
Estudo de casos |
A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B2 B4 B5 B8 B13 B14 B18 B19 B20 C3 C4 C5 C6 |
16 |
0 |
16 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B6 B13 B14 B18 B19 B20 B21 C3 C4 C5 |
4 |
0 |
4 |
Portafolios do alumno |
A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B4 B5 B6 B8 B13 B14 B18 B19 B20 B21 B22 C1 C5 C6 C7 |
0 |
56 |
56 |
Presentación oral |
B1 B5 B6 B8 B19 C4 C6 C7 |
6 |
0 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todas as persoas participantes no seminario.
Para o estudantado matriculado na modalidade online habilitarase un foro virtual. |
Estudo de casos |
Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia. Os casos a analizar colgaranse no Moodle para o estudantado da modalidade online. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.), co obxectivo de afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao estudantado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. |
Portafolios do alumno |
Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo estudantado de forma individual. |
Presentación oral |
Exposicións de tarefas realizadas tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada. No caso do estudantado matriculado na modalidade online terase en conta a participación no foro virtual. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
Para o estudantado da modalidade online empregarase o correo electrónico ou outros medios virtuais para realizar as titorías solicitadas.
Para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
B1 B5 B6 B8 B19 C4 C6 C7 |
Exposicións de tarefas realizadas tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada.
Valorarase: o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a creatividade das achegas; e a claridade e corrección lingüística.
Para o estudandado de modalidade online valorarase a calidade das achegas nos foros virtuais ou a través doutras ferramentas do Moodle. |
30 |
Portafolios do alumno |
A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B4 B5 B6 B8 B13 B14 B18 B19 B20 B21 B22 C1 C5 C6 C7 |
De elaboración individual, recolle as prácticas, reflexións, estudos de casos... arredor dos contidos abordados nas diferentes sesións.
Valorarase: a capacidade de análise e reflexión en relación aos contidos abordados na materia; o grao de profundidade e da argumentación; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización das fontes documentais da materia; e a presentación. |
70 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Ballestero, Alberto; Úriz, María Jesús e Viscarret, Juan Jesús (2011). Cómo resuelven dilemas éticos los trabajadore sociales en España. Portularia, XI (2), 47-59
Vilar, Jesús (2013). Cuestiones éticas en la Educación Social. Barcelona: UOC
Fraser, Nancy (2011). Dilemas de la Justicia en el siglo XXI. Género y Globalización. Universitat de les Illes Balears
Ballestero, Alberto; Úriz, María Jesús e Viscarret, Juan Jesús (2012). Dilemas éticos de las trabajadoras y los trabajadores sociales en España. Papers, 97/4, 875-898
Andreotti, Vanessa (2014). Educação para a Cidadania Global – Soft versus Critical. Sinergias – diálogos educativos para a transformação social, n. 1, pp. 57-66
Rodríguez-Romero, M. Mar e Serantes-Pazos, Araceli (2010). Educación ambiental e novos movementos sociais: aportacións para o cambio educativo. ambientalMENTE sustentable, n. 11-12, pp. 101-121
Canimas, Joan (2011). Ètica aplicada a l'educació social. Barcelona: UOC
Cortina, Adela (2001). Ética aplicada y democracia radical. Madrid: Tecno
Román, Begoña (2016). Ética de los servicios sociales. Barcelona: Herder
Idareta-Goldaracena, Francisco e Ballestero-Izquierdo, Alberto (2013). Ética, paternalismo y burocracia en el trabajo social. Portulalia, 13(1), 27-35
Sánchez-Valverde, Carlos (2013). Informe y confidencialidad en educación social. Educación Social. Revista de intervención socioeducativa, 55, 146-163.
Comité de Ética de los Servicios Sociales de Cataluña (2014). La confidencialidad en la intervención social: recomendaciones del Comité de Ética de los Servicios Sociales de Cataluña. . Generalitat de Catalunya.
Grupo promotor del Comité de ética en intervención social del principado de Asturias (2013). La confidencialidad en Servicios Sociales. Guía para mejorar las intervenciones profesionales. Consejería de Bienestar Social y Vivienda del Principado de Asturias.
VV.AA (2010). La Democracia en Acción: Una visión desde las metodologías participativas. . Madrid: Antígona
Piniagua Fernández, Rosario (2015). La ética del cuidado y mayores: Los cuidados a las personas mayores desde un horizonte ético y en la búsqueda de la calidad de vida. Madrid: Fundación Europea para el Estudio y Reflexión Ética
Martínez Rodríguez, Teresa; Díaz-Veiga, Pura; Rodríguez Rodríguez, Pilar; Sancho Castiello, Mayte (2015). Modelo de atención centrada en la persona. Cuaderno práctico 11: Vida cotidiana. Los cuidados personales. Donostia: Departamento de Empleo y Políticas Sociales del Gobierno Vasco y Matia Fundazioa
Cortina, Adela (2015). Razón instrumental, razón moral. Eidon, 43, 4-15 |
|
Bibliografía complementaria
|
Garrido, Mª Isabel e Ruiz, Ramón (Eds.) (2014). Democracia, gobernanza y participación. Valencia: Tirant lo Blanc
Goikoetxea Iturregui, Marije e Etxaniz Urteaga, Nerea (coords.) (2013). Atención integral a las personas mayores al final de la vida. Guía de recomendaciones éticas. Donostia: Gobierno Vasco. Departamento de Empleo y Políticas Sociales
Goikoetxea, María Jesús; Zurbanobeaskoetxea, Lourdes; Mosquera, Álvaro e Pablos, Begoña (2015). Código Ético para la atención sociosanitaria a las personas mayores. Cuadernos Deusto de Derechos Humanos, nº 78.. Bilbao: Universidad de Deusto
LaGravenese, Richard (2007). Diarios de la calle. Madrid: Paramount Home Entertaiment España
Honneth, Axel (2014). El derecho de la libertad. Esbozo de una eticidad democrática.. Madrid: Clave Intelectual
Loach, Ken (1994). Ladybird Ladybird. Barcelona: Cameo-Media
Zubero, Imanol el al. (2015). Municipios y participación ciudadana. Madrid: Fuhem |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|