Competencias do título |
Código

Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ao superar este materia, o alumno deberá estar en condicións de:
-Elaborar proxectos de complexidade media, nos que se satisfagan adecuadamente as exigencias compositivas, espaciais, técnicas e funcionais inherentes ao diseño arquitectónico e urbanístico.
-Integrar dentro do proceso compositivo y de proxectación arquitectónica a aprendizaxe das asignaturas de perfil tecnolóxico e urbanístico, cunha metodoloxía que permita a aplicación práctica dos contidos teóricos de todas elas nun proxecto de complexidade media.
-Utilizar o contido do bloque docente A vivienda 1. Normativa, estándares. O barrio e o espacio urbano, resolvendo proxectos de ordenación de vivendas que permitan unha visión global das circunstancias que conforman as relacións complexas que se dan nun LUGAR.
O cambio de escala respecto a cuatrimestres anteriores e a amplitude dos traballos a realizar obliga a utilizar experiencias e coñecementos adquiridos noutras disciplinas, así como na vida diaria de alumnas e alumnos. Tamén, aparecen outros elementos de coñecemento como o traballo de campo e entrevistas cos veciños que impulsan propostas de investigación adaptándose ás necesidades dos seus habitantes. O traballo do taller está situado en espazos urbanos de transición ou vilas. Se proxectan diferentes tipos de vivendas que dan resposta a distintos grupos sociais, organizacións familiares ou formas alternativas de vivir. Os proxectos desenvolvense a nivel de proxecto básico e de execución, dende as ideas iniciais ata a elaboración máis detallada, incluíndo a definición dos seus materiais e a súa construcción e a incorporación, deseño e dimensionado de elementos estruturais. Trabállase coas normas sobre a habitabilidade, eliminación de barreiras, os criterios de evacuación, código técnico, normativa urbanística... |
A1 A2 A7 A10 A18 A19 A20 A25 A30 A34 A35 A36 A37 A38 A47 A48 A49 A50 A51 A52

B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B23 B24

C1 C4 C5 C6 C7 C8

Contidos |
Temas |
Subtemas |
A VIVENDA I |
- Arquitecturas do espontáneo e o intuitivo. O refuxio
- Vivenda e ordenación
- O espazo público e colectivo
- Borde e permeabilidade.
- Arquitectura e escala
- Soleamento, ventos e relacións visuais
- Os accesos, as relacións coa paisaxe e as conexións internas
- Circulacións. Tráfico e peóns. Aparcadoiros
- Vexetación, pavimentación, iluminación e mobiliario urbano
- Espazo e xénero. Organización e roles familiares
- Vivenda e familia
- Os grupos sociais e as organizacións familiares alternativas |
NORMATIVA I |
- Normativa local, estatal e autonómica
- Normativa urbanística
- Normativa de supresión de barreiras
- Normativa de promoción pública e protección oficial
- O Código Técnico da Edificación. |
EXERCICIOS |
- Proposta libre sobre un tema de vivenda
- Análisis dun emplazamento. Condicionantes do lugar, físicas, culturais e sociolóxicas
- Vivenda colectiva |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |

2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |

0 |
11 |
11 |
Aprendizaxe colaborativa |

4 |
10 |
14 |
Discusión dirixida |

5 |
0 |
5 |
Esquemas |

0 |
7 |
7 |
Obradoiro |

15 |
21 |
36 |
Traballos tutelados |

14 |
21 |
35 |
Proba obxectiva |

1 |
0 |
1 |
Portafolios do alumno |

0 |
20 |
20 |
Sesión maxistral |

15 |
0 |
15 |

Atención personalizada |

4 |
0 |
4 |

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Nas primeiras clases do curso formúlanse ao alumno tests e probas gráficas que permitan coñecer o nivel previo co que parte o alumno. As devanditas probas realizaranse na aula. Proporase tamén un exercicio de aproximación ó traballo do cuatrimestre. |
Análise de fontes documentais |
Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos no TALLER, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesor - alumnos) analizan a documentación dispoñible e amplíana, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. Compleméntase esta análise con intervencións de profesionais da arquitectura e doutros campos, que serán invitados a efectuar charlas e coloquios con desenvolvemento de temas concretos e experiencias persoais. |
Aprendizaxe colaborativa |
A clase organízase en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Organízase ao grupo para obter a máxima información posible e compartila (análise do parcelario, busca de exemplos, de normativas, construción da maqueta xeral do emprazamento, toma de datos ou medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, etc.). Este traballo está guiado de forma presencial polo profesor asignado. Trátase de optimizar a aprendizaxe individual e o do grupo. |
Discusión dirixida |
Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea. |
Esquemas |
Os datos obtidos nas análises, así como as intencións do proxecto, exprésanse de forma gráfica simplificada nas primeiras fases de cada traballo. Son as fases de información previa e anteproxecto. Iníciase a síntese. |
Obradoiro |
Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre co apoio e baixo a supervisión do profesorado. |
Traballos tutelados |
Preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación. |
Proba obxectiva |
Farase unha proba obxectiva sobre os contidos presentados nas sesións expositivas, que configuran o marco teórico e normativo da asignatura. Pódese pedir tamén un exercicio práctico. |
Portafolios do alumno |
Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculum persoal do alumno. |
Sesión maxistral |
Periodicamente realízanse conferencias ou exposicións, relacionadas co tema a tratar en cada exercicio. Onde o relator expón de forma oral e/ou gráfica a información aos alumnos.
Nestas sesións apórtase parte do contido teórico da asignatura, que formarán parte da proba obxectiva. |
Atención personalizada |
Metodoloxías

Portafolios do alumno |
Traballos tutelados |
Obradoiro |
Discusión dirixida |

Descrición |
O alumno recibe atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolver na materia e no Taller, a través do profesor do grupo ao que fose asignado. No Taller, ademais, terá a posibilidade de comentar e obter revisións críticas por parte dos profesores dos demais grupos e materias, para poder contrastar opinións e criterios e confrontalos cos propios.
O portafolio do alumno será obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.

Avaliación |
Metodoloxías

Competencias / Resultados |
Descrición

Cualificación

Portafolios do alumno |

O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.
Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.

80 |
Proba obxectiva |

Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva, teóricos e prácticos, do curso serán avaliados mediante unha proba obxectiva. |
20 |

Observacións avaliación |

Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes
requisitos:
1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas
indicados nas materias implicadas no Taller.
2º Asistir regularmente as clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima
do 80% 3º Facer a proba obxectiva

Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope
nalgunha das seguintes circunstancias:
1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases e ao Taller.
2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os
entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non
conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o
Taller.
3º Non asista á proba obxectiva.

De acordo co establecido na memoria do Título de Grao de Arquitecto, convocarase unha Xunta de Avaliación do taller, que analizará os resultados globales do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre as situacións especiales de avaliación do alumnado.

Cando non se supere a asignatura na primeira oportunidade, se permitirá completar e modificar os traballos presentados no taller, sempre que se teña cumprida a asistencia mínima, todos os traballos entregados de tódalas asignaturas implicadas no taller e a proba obxectiva da primeira oportunidade feita. Para superar a asignatura, neste caso, e obrigatoria a realización da proba obxectiva da segunda oportunidade.

Os alummnos que non superen en ningunha das dúas oportunidades a materia de Proxectos 7 deberán cursar o taller o ano seguinte. Neste caso, os alumnos, ademáis de Proxectos 7, desenrolarán os traballos das materias que non houberan superado no taller do ano anterior.

Aqueles alumnos que, superada a materia de Proxectos 7, non superaran algunha das outras materias do taller, terán que presentar, en consecutivas convocatorias, de novo e coas correccións oportunas, os traballos propostos no taller no que participaron.

Fontes de información |
Bibliografía básica

Normas do hábitat galego Código Técnico de la Edificación |
Bibliografía complementaria

Diversos ensayos sobre las
componentes específicas del proyecto |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Proxectos 6/630G01026 | Construción 4/630G01027 | Estruturas 3/630G01028 | Urbanística 3/630G01029 |

Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Urbanística 4/630G01032 | Construción 5/630G01033 | Estruturas 4/630G01034 |

Materias que continúan o temario |