Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Proxectos 4 Código 630G02016
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Coordinación
Crespo Gonzalez, Cristobal
Correo electrónico
cristobal.crespo@udc.es
Profesorado
Crespo Gonzalez, Cristobal
Martinez Raído, Jose Luis
Pedros Fernandez, Oscar
Prieto López, Juan Ignacio
Rodriguez Blanco, Emilio
Correo electrónico
cristobal.crespo@udc.es
jose.luis.martinez.raido@udc.es
oscar.pedros@udc.es
juan.prieto1@udc.es
emilio.rblanco@udc.es
Web http://proyectoarquitecturayciudad.org/
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Ao superar este materia, o alumno deberá estar en condicións de: - Saber manexar as ferramentas materiais e intelectuais para acometer a redacción dun proxecto arquitectónico de pequeña escala e escasa complexidade. - Saber relacionar as diferentes escalas de análise e concreción do proxecto, dende a urbanística ata a de detalle, incluindo certos elementos de definición construtiva. - Saber elaborar unha documentación técnica axeitada para un proxecto de reducida complexidade e escala, indicando con precisión a súa configuración formal e construtiva, e tendo en conta aspectos básicos de normativa técnica e urbanística. - Saber utilizar diferentes ferramentas e técnicas para manexar axeitadamente os procesos de creación e ideación. A34
A37
A39
A42
A45
A51
A53
A55
A56
A57
A58
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1 - METODOLOXÍA DO PROXECTO I - Ferramentas conceptuais e proxectuais. Idea e Proxecto

- Ferramentas metodolóxicas. Debuxo e Proxecto

- Sistemas de lanzamento do Proxecto Arquitectónico

- Forma, Función e Simbolismo
TEMA 2 - ARQUITECTURA E TERRITORIO - Proxecto e Arquitectura: O entorno físico e o contexto social.

- A Arquitectura como Paisaxe, o Paisaxe como Arquitectura.

- Arquitecturas sen programa, referenciais e simbólicas

- A vivenda unifamiliar. O hábitat privado

- A Casa: construir, habitar, pensar
TEMA 3 - INTRODUCCIÓN Á NORMATIVA DE PROXECTO - Accesibilidade e seguridade de uso.

- Dimensións normativas e de habitabilidade, condicións urbanísticas e Dereito Civil

- Protección contra incendios nos edificios
EXERCICIO 1 - Análise urbana

- Proxecto dun elemento arquitectónico sen programa relevante, simbólico, referencial ou utilitario a escala urbana.

- Desenrolo de elementos constructivos
EJERCICIO 2 - Análise urbana

- Proxecto de vivenda, ou dun grupo de vivendas, nun contexto social, cultural ou paisaxístico de interese.

- Desenrolo da materialidade física (estructural, constructiva e de materiais) do proxecto.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A58 B6 B5 C6 2 0 2
Análise de fontes documentais A37 A42 B1 B3 0 12 12
Aprendizaxe colaborativa B4 B2 C5 C4 4 10 14
Discusión dirixida A51 A53 A55 C1 5 0 5
Esquemas A34 0 8 8
Obradoiro A34 A39 A45 A63 C3 C8 15 20 35
Sesión maxistral A56 A57 15 0 15
Traballos tutelados B12 B9 C7 14 20 34
Proba obxectiva B1 B2 1 0 1
Portafolios do alumno A34 A39 A42 A45 A51 A53 A55 A56 A57 A58 B1 B3 C3 C6 C8 0 20 20
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nas primeiras clases do curso formúlanse ao alumno tests e probas gráficas que permitan coñecer o nivel previo co que parte o alumno. As devanditas probas realizaranse na aula.
Análise de fontes documentais Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos no TALLER, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesor - alumnos) analizan a documentación dispoñible e amplíana, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. Compleméntase esta análise con intervencións de profesionais da arquitectura e doutros campos, que serán invitados a efectuar charlas e coloquios con desenvolvemento de temas concretos e experiencias persoais.
Aprendizaxe colaborativa A clase organízase en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Organízase ao grupo para obter a máxima información posible e compartila (análise da parcela, busca de exemplos, de normativas, construción da maqueta xeral do emprazamento, toma de datos ou medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, etc.). Este traballo está guiado de forma presencial polo profesor asignado. Trátase de optimizar a aprendizaxe individual e o do grupo.
Discusión dirixida Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea.
Esquemas Os datos obtidos nas análises, así como as intencións do proxecto, exprésanse de forma gráfica simplificada nas primeiras fases de cada traballo. Son as fases de información previa e anteproxecto.
Obradoiro Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre co apoio e baixo a supervisión do profesorado.
Sesión maxistral Periodicamente realízanse conferencias ou exposicións, relacionadas co tema a tratar en cada exercicio. Onde o relator expón de forma oral e/ou gráfica a información aos alumnos.
Traballos tutelados Preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación.
Proba obxectiva Farase unha proba obxectiva sobre os contidos presentados nas sesións expositivas, que configuran o marco teórico e normativo da asignatura.
Portafolios do alumno Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculum persoal do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Portafolios do alumno
Discusión dirixida
Descrición
O alumno recibe atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolver na materia e no Taller, a través do profesor do grupo ao que fose asignado. No Taller, ademais, terá a posibilidade de comentar e obter revisións críticas por parte dos profesores dos demais grupos e materias, para poder contrastar opinións e criterios e confrontalos cos propios.

O portafolio do alumno será obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A34 A39 A42 A45 A51 A53 A55 A56 A57 A58 B1 B3 C3 C6 C8 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, dispoñible e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
80
Proba obxectiva B1 B2 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva do curso serán avaliados mediante unha proba oxectiva. 20
 
Observacións avaliación
Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos:

1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados na materia.
2º Asistir regularmente a clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80%

Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:

1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases e ao Taller.
2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller.
3º Non asista á proba obxectiva

Fontes de información
Bibliografía básica NEUFERT, Ernst (2007). Arte de Proyectar en Arquitectura. Barcelona, G.G.
VVAA (2010). Código Técnico de la Edificación. http://www.codigotecnico.org/web/recursos/documentos/
TANIZAKI, Junichiro (1933). El elogio de la sombra. Siruela
Aldo Rossi (1966). La Arquitectura de la Ciudad. Barcelona, GG
AUGÉ, Marc (). Los no lugares. Gedisa
VVAA (2007). Normas do hábitat galego. http://igvs.xunta.es/ipecos-opencms-portlet/export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/normashabi
VVAA (2009). O río no urbano: do Umia ao Danubio. A Coruña, UDC
VVAA (2003). Teoría de la Arquitectura. Del Renacimiento a la actualidad. Taschen
ZUMTHOR, Peter (). Thinking architecture. Birkhäuser
ASCHNER ROSELLI, Juan Pablo (2009). ¿Cómo concebir un proyecto arquitectónico?. deArq (Revista digital) num. 05

Breves lecturas de carácter xeral.

Bibliografía complementaria DAZA, Ricardo (2000). Buscando a Mies. Barcelona, Actar Publishers
MONTEYS, X., FUERTES, P. (2001). Casa Collage. Barcelona, G.G.
KOOLHAAS, Rem (2007). Conversaciones con estudiantes. Barcelona, G.G.
RYBCZYNSKI, Witold (2003). La casa, historia de una idea. Madrid, Nerea
PEREC, Georges (2004). La vida, instrucciones de uso. Barcelona, Anagrama
TORRES TUR, Elías (2005). Luz cenital. Barcelona, Collegi d´Arquitectes de Catalunya
PAWSON, John (1998). Minimum. Londres, Phaidon
HERZOG, J., DE MEURON, P. (2002). Natural History. Baden, Lars Müller
LE CORBUSIER (2005). Una pequeña casa. Buenos Aires, Ediciones Infinito

Diversos ensayos sobre las componentes específicas del proyecto.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxectos 4/630G01016
Análise Arquitectónico 2/630G01017
Urbanística 1/630G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Construción 3/630G01022
Urbanística 2/630G01024

Materias que continúan o temario
Proxectos 6/630G01026

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías