Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecementos básicos do noso ordenamento xurídico e, en particular, a lexislación principal relacionada coa profesión do Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Capacitación para a interpretación e a análise da lexislación. |
A36
|
B1 B2 B3 B4 B7 B8 B11 B14
|
C1 C5 C7
|
Capacitación científico-técnica para desenvolver proxectos de enxeñaría, dende un enfoque integral. Comprensión de todo o proceso do proxecto, tanto a planificación, coma a redacción do proxecto, a súa execución material, a súa posta en marcha, a súa explotación, a súa conservación e mantemento, etc. |
A35 A36
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7
|
Adquirir os coñecementos básicos para valorar e medir os proxectos e as obras, como parte do exercicio da profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. |
A35 A36
|
B1 B2 B3 B4 B8 B9 B10 B11 B13 B16 B17 B18 B19
|
C1 C3 C4 C6
|
Coñecer os aspectos máis relevantes da xestión do sector da construción, os axentes implicados e o proceso de licitación dunha obra de construción.
|
A35 A36
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B11 B13 B14
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7
|
Coñecemento dos aspectos máis relevantes da xestión das obras, os aspectos construtivos dos diferentes tipos de obras, a maquinaria e os medios de execución dos diferentes tipos de obras, etc |
A35 A36
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Capacitación para presentar e explicar proxectos e traballos relacionados coa profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos |
|
B1 B3 B4 B8 B10 B16 B17 B18 B19
|
C1 C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE 1: REDACCIÓN DE PROXECTOS |
1.1 - Concepto de proxecto e o seu proceso.
1.2 - A planificación, os estudos previos e os anteproxectos.
1.3 - Introdución ao proxecto construtivo. Memoria, planos, prego e presuposto.
1.4 - Medición das obras proxectadas
1.5 - Valoración das obras proxectadas
1.6 - Outros aspectos. Aplicacións informáticas
|
BLOQUE 2: OBRAS DE CONSTRUCIÓN |
2.1 - Aspectos xerais das obras: Concepto e tipos de obras. Axentes implicados. Aspectos administrativos. Estudos e xestións previas. Planificación. Seguridade e Saúde nas obras. Aboamento das obras. Plan de Aseguramento de Calidade.
2.4 - Tipos de maquinaria. Sistemas de tracción. Rendementos e prezos.
2.2 - Movemento de terras e explanacións: Escavacións e terrapléns. Compactación. Rendementos e detalles de maquinaria. Diagrama de masas.
2.3 - Estruturas: Posta en obra de formigón e aceiro. Cimbras e encofrados. Rendementos e detalles de maquinaria. Maquinaria de elevación. Procesos construtivos das principais tipoloxías estruturais.
2.4 - Pavimentación: Plantas de aglomerado e tratamento de áridos. Execución de pavimentos bituminosos, tratamentos superficiais, pavimentos de formigón e beirarrúas. Rendementos e detalles de maquinaria.
2.5 - Túneles e voaduras: Explosivos. Procesos de perforación e voadura. Métodos de escavación de túneles e fases de construción. Rendementos e detalles de maquinaria.
2.6 - Obras hidráulicas: Execución de gabias e colocación de tubaxes. Pozos e depósitos. Canais e canalizacións. Rendementos e detalles de maquinaria.
2.7 - Ferrocarrís: Proceso construtivo de plataforma e vía. Rendementos e detalles de maquinaria.
2.8 - Obras marítimas e portuarias: Dragados. Procesos construtivos en diques e peiraos. Rendementos e detalles de maquinaria.
2.9 - Planificación de obras: Gantt. Espazos-tempos. CPM. PERT. Precedencias múltiples.
2.10 - O Director de Obra: responsabilidades e atribucións. Xestión da Dirección e do Control e Vixilancia.
2.11 - O construtor das obras: atribucións. Esquema organizativo dunha obra.
|
BLOQUE 3: INTRODUCIÓN AO DEREITO. LEXISLACIÓN PRINCIPAL EN OBRA CIVIL E LEI DE CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO. |
3.1 - Fundamentos de dereito. O ordenamento xurídico español. O ordenamento xurídico comunitario. Apuntamentos sobre as leis e os regulamentos.
3.2 - A organización do Estado. A Administración Xeral do Estado. A Administración Autonómica e Local.
3.3 - As principais leis administrativas no ámbito das obras públicas. A lexislación sectorial e a normativa técnica.
3.4 - A lexislación básica en materia de seguridade e saúde no ámbito das obras públicas.
3.5 - Presentación da Lei de Contratos do Sector Público: Finalidade e ámbito de aplicación. O Sector Público.
3.6 - Tipos de contratos do Sector Público.
3.7- Configuración xeral da contratación do Sector Público: Partes do contrato. Prezo e garantías.
3.8 - Preparación dos contratos e procedementos de contratación. Pregos.
3.8 - Normas no desenvolvemento dos contratos administrativos. Subcontratación. Modificación, suspensión, cumprimento e resolución de contratos. Aspectos particulares en contratos de obras e concesión de obra pública.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A35 A36 B19 B18 B17 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B8 B7 B6 B4 B3 B1 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 |
44 |
38 |
82 |
Solución de problemas |
A36 A35 B19 B18 B17 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
10 |
18 |
28 |
Saídas de campo |
A35 A36 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
4 |
3 |
7 |
Proba mixta |
A35 A36 B8 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C5 C6 |
2 |
30 |
32 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Os principais conceptos teóricos da materia serán presentados en sesións de carácter maxistral |
Solución de problemas |
As clases teóricas complementaranse con clases de carácter práctico, onde se estudarán casos de aplicación das metodoloxías estudadas ou se resolverán exercicios e problemas, que axuden á correcta comprensión desta materia. Proporanse exercicios prácticos que serán avaliados.
|
Saídas de campo |
Organizarase unha visita a obra a partir da cal se definirá un exercicio práctico que será avaliado |
Proba mixta |
A proba mixta constituirá unha actividade final da materia de cada bloque con carácter avaliable a través da cal o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións de tipo teórico e práctico, facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados ao longo do curso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
|
Descrición |
En calquera momento os alumnos poderán solicitar unha titoría para aclarar dúbidas sobre aspectos concretos da materia. O horario destas acordarase cos profesores da materia para cada caso concreto. Igualmente, poderanse formular cuestións ou dúbidas a través de correo electrónico. En caso de ser necesarias, as titorías en grupo anunciaranse debidamente. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A35 A36 B8 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C5 C6 |
Para cada bloque, proporase unha proba mixta que poderá incluír unha parte práctica. Cada proba puntuarase de 0 a 10 e será necesario obter unha puntuación mínima de 5 en cada bloque para aprobar a materia, salvo no caso en que non se aprobasen as prácticas. A cualificación correspondente ás probas mixtas será a media aritmética das cualificacións obtidas, cun peso do 70% na nota total do curso.
Dentro do proceso de avaliación continua, no caso dos bloques 1 e 2 realizarase a proba en horas de clase e a do bloque 3 na convocatoria de exames finais de maio/xuño, onde igualmente poderá recuperarse a nota dos bloques 1 e 2. O exame final de xullo estará igualmente dividido nos 3 bloques, que deberán ser aprobados por separado.
|
70 |
Saídas de campo |
A35 A36 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Proporase a realización dunha práctica adicional baseada nunha visita a obra que se realizará durante o curso, que será puntuada de 0 a 10, e terá a consideración de práctica de avaliación continua relativa ó bloque 2. Para poder aprobar a materia por avaliación continua será necesario realizar a visita e obter unha puntuación mínima de 5, e esta cualificación terá un peso do 5% da nota total do curso.
|
5 |
Solución de problemas |
A36 A35 B19 B18 B17 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
En cada un dos bloques os profesores formularán distintos casos prácticos ou problemas que serán resoltos polos alumnos de forma individual ou colectiva, segundo o caso. Estas probas denominaranse prácticas de avaliación continua.
Cada práctica será puntuada de 0 a 10. Para poder aprobar a materia por avaliación continua será necesario obter unha puntuación mínima de 5 nas prácticas relativas ós bloques 1 e 2. A cualificación correspondente ás prácticas de avaliación continua será a media aritmética de todas elas. Estas prácticas terán un peso do 25% da nota total do curso.
As prácticas serán realizadas de forma individual ou colectiva, segundo indique o profesor, durante as clases de solución de problemas ou fóra do horario de clase. Neste último caso, entregaranse mediante o envío dun correo electrónico aos profesores da materia antes da data límite que se estableza
|
25 |
|
Observacións avaliación |
Para
aprobar a materia, é necesario aprobar
por separado cada un dos tres bloques. Para aprobar por avaliación continua os
bloques 1 e 2, será necesario obter unha calificación mínima de 5 en todas as
prácticas de avaliación continua do bloque e igualmente na proba mixta de
avaliación continua. En caso de non logralo,
o alumno deberá aprobar cada bloque no exame final de maio/xuño, ou
posteriormente no de xullo. En cada caso, deberá obter no exame unha calificación mínima
de 5, que será de 6 no caso dos bloques 1 e 2 se non se teñen aprobadas
previamente as prácticas de avaliación continua destes bloques. O bloque 3
aprobarase obtendo unha calificación mínima de 5 nun dos exames finais. No
caso de que por razóns xustificadas un alumno non poida participar nunha
práctica de clase avaliable ou na visita de campo, os profesores determinarán
un exercicio que poida substituílo. Causas xustificadas serán as establecidas
no Artigo 12 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario", aprobada polo
Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificada o 30
de abril de 2014. Igualmente, valoraranse alternativas en casos de estudantes
con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe e
apoio á diversidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|