Calificación de non presentado
Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
Segunda Oportunidade e convocatoria adiantada
Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
Identificación do estudante
O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo á normativa vixente.