Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) ANATOMÍA I E HISTOLOXÍA Código 651G01001
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Medicina
Coordinación
Toro Santos, Francisco Javier de
Correo electrónico
javier.toro@udc.es
Profesorado
Fernandez Fernandez, Esther Del Carmen
Toro Santos, Francisco Javier de
Correo electrónico
esther.fernandez1@udc.es
javier.toro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da anatomía de cabeza e tronco e na neuroanatomía.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Dominar a terminoloxía anatómica, de modo que o alumnado coñeza a nomenclatura actualizada das estruturas anatómicas e adquira a capacidade de descricición destas estruturas empregando términos de orientación espacial. A1
A19
C1
C7
C8
Desenvolver a capacidade de observación. A1
A19
C1
C7
C8
Coñecer a morfoloxia xeral do corpo humano, a localización, a forma e a estrutura dos seus órganos, sistemas e aparatos, e as súas interrelacións topográficas. A1
A19
C6
Coñecer a morfoloxía, a localización e as interrelaciones topográficas das estruturas anatómicas que constitúen, en particular, o sistema nervioso e o aparato locomotor de cabeza, colo e tronco. A1
A19
C6
Identificar a forma e as relacións das diferentes estruturas anatómicas mediante o uso de esquemas, debuxos, fotografias, cortes multidireccionais, reconstruccións planimétricas e modelos tridimensionais (maquetas). A1
A19
C6
Comprender a función dos órganos e sistemas a través da posición, forma e estructura básica. A1
A19
C6
Utilizar os coñecementos anatómicos no plantexamento e análise de problemas clínicos pertinentes. A1
A19
C6
Alcanzar o nivel suficiente de coñecementos anatómicos para comprender outras áreas da titulación relacionadas ou para realizar cursos de especializacion en diversos campos da Fisioterapia. A1
A19
C6

Contidos
Temas Subtemas
I.- Introducción á estrutura do corpo humano.
1.- Embrioloxía: coñecementos básicos.
2.- Histoloxía. Tecido epitelial. Tecido conxuntivo. Tecido muscular. Tecido nervioso.
3.- Introducción ós conceptos anatómicos xerais do corpo humano. Posición anatómica. Eixos e planos corporais. Términos de posición e orientación.
II.- Sistema nervioso.
CONTIDOS:
1.- Introducción ó Sistema Nervioso.
2.- Sistema nervioso central. Medula espiñal. Tronco encefálico. Cerebelo e cerebro. Meninxes. Vascularización. Vías de conducción. Sistema ventricular.
3.- Sistema nervioso periférico. Sistema nervioso autónomo. Sistema simpático. Sistema parasimpático. Pares craneais. Pares raquídeos.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1.- Estudiar en maquetas a anatomía da medula espiñal e dos nervios espinais.
2.- Identificar en maquetas as estruturas do encéfalo e o traxecto dos pares craneais.
III.- Aparato locomotor. Introducción. Cabeza, colo e tronco.
CONTIDOS:
1.- Conceptos xerais do aparato locomotor.
2.- Anatomía funcional de colo, cabeza e tronco. Ósos. Articulacións. Músculos.
3.- Vascularizacion e inervación de cabeza, colo e tronco.
4.- Anatomía de superficie de cabeza, colo e tronco.

ACTIVIDADES PRÁCTICAS:
1.- Estudiar o esqueleto de cabeza, colo e tronco en maquetas e ósos.
2.- Identificar en maquetas as articulacións da cabeza, do colo e do tronco.
3.- Identificar en maquetas os músculos do dorso, do tórax e do abdome.
4.- Estudiar en maquetas a vascularizacón e inervación da cabeza, o colo e o tronco.
5.- Anatomía de superficie de cabeza, colo e tronco.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 16 32 48
Portafolios do alumno A19 A1 0 26 26
Traballos tutelados C6 C7 0 16 16
Presentación oral C1 0 7 7
Prácticas de laboratorio C7 16 32 48
Proba mixta A1 C8 3 0 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase teórica participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas polo alumnado.
Portafolios do alumno Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade.
Traballos tutelados trabajos seleccionados polo alumno e a realzar de forma colaboartiva
Presentación oral a alumnos con discapacidade para facilitarle a aviación
Prácticas de laboratorio Clases prácticas que complementan os contidos desenvolvidos nas clases teóricas. Empréganse as coleccións de maquetas e láminas do corpo humano e a osteoteca do Laboratorio de Anatomía Humana. Ademáis, mediante a palpación de estruturas, abórdase o estudio da anatomía de superficie. Nas prácticas de laboratorio foméntase a participación do alumnado, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas. Ó impartirse en grupos reducidos de alumnos, permite a atención personalizada para a resolución de dúbidas.
Proba mixta Proba mixta.- Inclúe.

1.- PROBA DE ENSAIO.- Exame escrito constituido por 10 preguntas, cada unha delas cun enunciado que require unha resposta breve, en xeral dunha extensión non maior que media páxina. Esta proba permite determinar o grao de coñecemento sobre un aspecto concreto da materia e, en particular, valorar a capacidade de redacción e síntese do alumnado.

2..- PROBA OBXECTIVA.- Inclúe:

- Preguntas de resposta múltiple.- Exame escrito tipo test que consta de 20 preguntas, cada una delas cun enunciado e catro posibles respostas das que só unha é verdadeira.

- Preguntas de resposta breve.- Exame escrito contituido por preguntas que requiren como resposta unha palabra ou frase específica.

- Proba de completar.- Exame escrito, no que cada pregunta consiste nun enunciado acompañado dun debuxo esquemático dunha estrutura anatómica. O enunciado esixe completar o debuxo esquemático mediante palabras e liñas.

3.- PROBA ORAL.- Este exame está dirixido só a persoas con discapacidades que dificulten a realización de exames escritos. Substitúe, por tanto, á Proba de ensaio e á Proba obxectiva. Consiste en preguntas cortas que o alumnado debe responder de forma oral con certa amplitude.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada consiste básicamente no control da aprendizaxe de cada alumno polo profesor-titor. A través da tutoría presencial e/ou da tutoría virtual (a través do correo electrónico), o profesor-titor aborda a resolución de dúbidas e a orientación ó estudio, así como o seguimento e a supervisión na realización de traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A19 A1 Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade. 10
Proba mixta A1 C8 Proba mixta.- Inclúe calquera das posibilidades seguintes:.

1.- PROBA DE ENSAIO.- Exame escrito constituido por preguntas, cada unha delas cun enunciado que require unha resposta breve, en xeral dunha extensión non maior que media páxina. Esta proba permite determinar o grao de coñecemento sobre un aspecto concreto da materia e, en particular, valorar a capacidade de redacción e síntese do alumnado.

2..- PROBA OBXECTIVA.- Inclúe:

- Preguntas de resposta múltiple.- Exame escrito tipo test que consta de preguntas, cada una delas cun enunciado e catro posibles respostas das que só unha é verdadeira.

- Preguntas de resposta breve.- Exame escrito contituido por preguntas que requiren como resposta unha palabra ou frase específica.

- Proba de completar.- Exame escrito, no que cada pregunta consiste nun enunciado acompañado dun debuxo esquemático dunha estrutura anatómica. O enunciado esixe completar o debuxo esquemático mediante palabras e liñas.

3.- PROBA ORAL.- Este exame está dirixido só a persoas con discapacidades que dificulten a realización de exames escritos. Substitúe, por tanto, á Proba de ensaio e á Proba obxectiva. Consiste en preguntas cortas que o alumnado debe responder de forma oral con certa amplitude.
70
Traballos tutelados C6 C7 seleccionados polos alumnos 10
Presentación oral C1 a discapacitados para facilitar a aviación 10
 
Observacións avaliación

Os
créditos
da materia Anatomía Humana I e Histoloxía, de 6 ECTS, distribúense tal
como segue: - Aparato locomotor de cabeza, colo e tronco: 4 ECTS -
Neuroanatomía: 2 ECTS.

en caso de que a materia sexa impartida por máis de 1 docente, a nota final será a media entre as notas acadadas en cada parte evaluada. 

En caso de ter una nota media final con 5 ou más de 5, e una parte suspensa, ésta, deberá alcanzar un mínimo de 3,5 puntos sobre 10 (35 % de coñecemento).


Fontes de información
Bibliografía básica Moore KL, Dalley AF (2002 ). Anatomía con orientación clínica . Madrid, Editorial Médica Panamericana
Netter FH (2007 ). Atlas de Anatomía Humana . Madrid, Elsevier
Drake RL, Wayne V, Mitchell AWM (2005 ). GRAY. Anatomía para estudiantes . Madrid, Elsevier
Schünke M, Schulte E, Schumacher U, Voll M, Wesker K (2005 ). PROMETHEUS. Texto y atlas de anatomía . Madrid, Editorial Médica Panamericana
Putz R, Pabst R (2001 ). SOBOTTA. Atlas de Anatomía Humana . Madrid, Editorial Médica Panamericana

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías