Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as bases científicas da nutrición humana.
|
A1
|
|
|
Coñecer e describir os macronutrintes, a súa función, dixestión, absorción e o seu metabolismo básico. |
A1
|
|
|
Coñecer os requerimentos e as fontes de obtención dos macronutrintes. |
A1
|
|
|
Coñecer e describir os micronutrintes, a súa función, dixestión, absorción e o seu metabolismo básico. |
A1
|
|
|
Coñecer os requerimentos e as fontes de obtención dos micronutrintes. |
A1
|
|
|
Coñecer o papel dos macronutrintes e micronutrintes na prevención e manexo da saúde e a enfermidade. |
A1 A3
|
|
|
Coñecer os alimentos funcionais e as axudas ergoxénicas e a súa función. |
A1 A3
|
|
|
Coñecer e describir a síndrome metabólica e a súa implicación en procesos susceptibles de tratamento de fisioterapia |
A1 A3 A11 A12
|
|
|
Coñecer e describir o papel da alimentación na inflamación en procesos susceptibles de tratamento de fisioterapia. |
A1 A3 A11 A12
|
|
|
Coñecer os principios básicos da inmunidade, o papel que nela ten o sistema dixestivo e a influencia da alimentación sobre os procesos autoinmunes susceptibles de tratamento de fisioterapia. |
A1 A3 A11 A12
|
|
|
Coñecer o papel do fisioterapeuta como axente na promoción da saúde. |
A3 A5 A9 A12 A16
|
|
C4 C6 C7
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
C1
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
C3 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Conceptos básicos en nutrición. Pirámides de alimentación.
|
Concepto de pirámide de alimentación.
Historia das pirámides de alimentación.
Evolución das pirámides de alimentación.
Conceptos erróneos.
Pirámide da dieta mediterránea.
Alimentación saudable en persoas sans. |
Tema 2. Macronutrintes. Repercusión no sistema musculoesquelético. |
Hidratos de carbono.
Lípidos.
Proteínas.
Repercusión do consumo de macronutrintes no sistema musculo esquelético.
|
Tema 3. Micronutrintes. Repercusión no sistema musculoesquelético. |
Vitaminas.
Minerais e oligoelementos.
Repercusión do consumo de micronutrintes no sistema musculoesquelético. |
Tema 4. Outros nutrintes, aditivos e contaminantes. |
Fitoquímicos secundarios.
Alcohol.
Aditivos.
Prebióticos e probióticos. |
Tema 5. Efectos da alimentación sobre a inmunidade. Repercusión en procesos susceptibles de tratamento de fisioterapia. |
Inmunidade. Conceptos e nocións básicas.
Sistema dixestivo e inmunidade.
Permeabilidade intestinal.
Efectos da alimentación en enfermidades autoinmunes.
Inmunonutrición. |
Tema 6. Inflamación e nutrición. Control da inflamación a través da alimentación en procesos susceptibles de tratamento de fisioterapia. |
Concepto de inflamación.
Relación inflamación-inmunidade.
Relación entre a inflamación e alimentación.
Ácidos graxos e inflamación. |
Tema 7. Alimentación na actividade física e deportiva. |
Requerimentos nutricionais para a actividade física e deportiva.
Alimentación para a prevención de lesións deportivas.
Axudas ergoxénicas.
|
Tema 8. Optimización da recuperación funcional a través da nutrición nos distintos procesos de fisioterapia. |
Alimentación en patoloxía tendinosa e ligamentaria.
Alimentación en patoloxía muscular.
Alimentación en patoloxía ósea. |
Tema 9. Alimentación en patoloxías susceptibles de tratamento de fisioterapia. |
Alimentación en patoloxía cardio-respiratoria.
Alimentación en patoloxía neurolóxica e neurodexenerativa.
Alimentación na diabete e outras patoloxías metabólicas.
Alimentación en patoloxía reumatolóxica.
|
Tema 10. Alimentación na saúde da muller. |
Alimentación axeitada para previr e mellorar alteracións hormonais.
Alimentación saudable durante o embarazo, a lactancia e a menopausia.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
C1 C3 C4 C6 |
3 |
9 |
12 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A3 A5 A11 A12 |
13 |
13 |
26 |
Proba obxectiva |
A1 A3 A11 A12 |
1 |
10 |
11 |
Sesión maxistral |
A1 A3 |
15 |
30 |
45 |
Estudo de casos |
A1 A3 A9 A11 A12 A16 C1 C4 C8 |
5 |
10 |
15 |
Presentación oral |
C1 C3 |
1 |
3 |
4 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A11 A12 C1 C3 C6 C7 |
7 |
28 |
35 |
Actividades iniciais |
|
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Utilizaranse documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. |
Proba obxectiva |
Proba escrita composta por preguntas tipo test, cunha única resposta válida.
|
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
|
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Presentación oral |
O alumnado terá que realizar como mínimo (pero poderán ser máis en función dos traballos que se vaian propoñendo en clase) unha presentación oral en clase, para expoñer os resultados do traballo tutelado que realice durante o curso. |
Traballos tutelados |
O alumnado realizará un traballo de revisión bibliográfica, en principio individual, sobre un tema proposto en clase. O traballo contará coa titorización da profesora para a súa elaboración, destinando tempo presencial das horas de docencia interactiva para a adquisición das destrezas precisas para poder levalo a cabo. O traballo comporáse como mínimo dunha introducción, un apartado de material e métodos, resultados, discusión, conclusións e bibliografía. |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
O primeiro día de clase volveranse a tratar os aspectos contidos na guía docente. Do mesmo xeito, antes da realización de calquera dos traballos e actividades propostas aportarase a información precisa. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O alumnado será titorizado durante o proceso de aprendizaxe e resolveranse as dúbidas que xurdan durante o mesmo.
A titorización será grupal durante as sesións maxistrais e a aprendizaxe colaborativa. Esta atención grupal estará complementada coa atención individual durante as titorías, xa sexan estas presenciais ou virtuais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A1 A3 A5 A11 A12 |
Valoraráse a asistencia, a puntualidade, a actitude e a colaboración cos compañeiros, así como a contribución a un clima adecuado durante a aula.
Os coñecementos que se adquiran nas prácticas de laboratorio avaliaránse mediante preguntas na proba escrita no caso do alumnado que se avalíe deste xeito, e a través do estudo de casos no caso do alumnado que se avalíe de xeito continuado. |
0 |
Estudo de casos |
A1 A3 A9 A11 A12 A16 C1 C4 C8 |
Metodoloxía onde o alumnado se enfronta á descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
As prácticas de laboratorio e parte das interactivas serán avaliadas con esta metodoloxía. |
15 |
Presentación oral |
C1 C3 |
O alumnado terá que realizar como mínimo unha presentación oral na aula, para expoñer os resultados quer do traballo tutelado quer dos casos clínicos. |
5 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A11 A12 C1 C3 C6 C7 |
O alumnado realizará un traballo de revisión bibliográfica, en principio individual, sobre un tema proposto en clase. O traballo contará coa titorización da profesora para a súa elaboración, e destinaráse tempo presencial das horas de docencia interactiva para a adquisición das destrezas precisas para poder levalo a cabo. O traballo comporáse como mínimo dunha introdución, un apartado de material e métodos, resultados, discusión, conclusións e bibliografía. |
55 |
Análise de fontes documentais |
C1 C3 C4 C6 |
Elaboraráse un pequeno comentario crítico que conteña os elementos máis relevantes que o alumno extraia da análise de documentos audiovisuais (documentais) ou textuais. |
15 |
Proba obxectiva |
A1 A3 A11 A12 |
Proba escrita tipo test cunha soa resposta válida, onde descontarán as respostas incorrectas. Esta proba soamente se aplicará naqueles casos nos que a avaliación continuada do alumnado, composta polas notas dos traballos que se lle irán requerindo ao longo do curso e un mínimo de asistencia e participación na aula, non supere a nota mínima dun cinco (5.0).
Neste caso, a proba obxectiva constituirá o 80%, á que haberá que sumar un 20% do traballo tutelado, que é obrigatorio. |
0 |
Sesión maxistral |
A1 A3 |
Valoraráse a asistencia activa, a puntualidade, a actitude proactiva e a colaboración cos compañeiros, así como a contribución a un clima adecuado de aprendizaxe durante a aula. Aleatoriamente, solicitaráse do alumnado que asista unha pequena síntese dunhas liñas sobre os puntos máis importantes expostos en clase. |
10 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación será de tipo continuado e a través de traballos de clase, sempre que estes superen os mínimos requerimentos (superen un 5 na avaliación dos mesmos)que se propoñan. De non cumprir estes requerimentos, comunicaráselle ao alumnado afectado esteincumprimento a mediados de decembro e a necesidade de ser avaliado mediante proba obxectiva. O traballo tutelado será o 55% da nota final. A análise de fontes documentais será o 15% da nota final. A presentación oral será o 5% da nota final. A avaliación contínua será o outro 25%, que incluirá o traballo e actividades a realizar durante a docencia práctica, a interactiva e nas sesións maxistrais. Esíxese un mínimo do 80% de asistencia activa e participativa a aula para poder optar á avaliación continuada e a través dos traballos. De non cumprirse, a proba escrita contará o 80% da nota final, xunto co 20% da nota do traballo tutelado. A planificación das entregas do/s traballo/s escrito/s será comunicada ao longo das 2 primeiras semanas de clase.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Vázquez, Clotilde; De Cos, A. I.; López-Nomdedeu, C (2005). Alimentación y nutrición. Manual teórico-práctico. Madrid: Díaz de Santos
Willett (2001). Eat, drink and be healthy. New York: Free press
Marcos, Ascensión (2011). Inmunonutrición. Madrid: Médica Panamericana
Seignalet, Jean (2004). La alimentación: la 3º medicina. Barcelona: RBA
Tojo Sierra, Rafael; Leis Trabazo, Rosaura (2009). La dieta atlántica. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago
Clark, Nancy (2006). La guía de nutrición deportiva. Badalona: Paidotribo
Lim, Roach (2010). Lo esencial en metabolismo y nutrición. Barcelona: Elsevier
Bellido Guerrero (2006). Manual de nutrición y metabolismo. Díaz de Santos
Serrano-Ríos (2008). Nutrición y alimentación: nuevas perspectivas. Madrid: McGraw-Hill
Biesalski (2007). Nutrición: texto y atlas. Buenos Aires; Madrid: Médica Panamericana
Peckenpaugh, Nancy (2010). Nutrition essentials and diet therapy. Saint Louis: Saunders Elsevier
Gil Hernández, Ángel (2010). Tratado de nutrición. Madrid: Médica Panamericana |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Proporcionarase xunto cos temas correspondentes |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA II/651G01019 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|