Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber deseñar mecanismos de recoñecemento no grupo escolar de preconceptos que conduzan á discriminación (nomeadamente a lingüística) e actuacións para a súa erradicación. |
AP1 AP8 AP13
|
|
|
Avaliar criticamente e en grupo as debilidades e as fortalezas dun proxecto lingüístico de centro de ensino real. |
AP9 AP10 AP13 AP26
|
|
CM4
|
Participar con argumentos sólidos e as claves da redacción académica en discusións dirixidas sobre a situación sociolingüística galega, os modelos de educación plurilingüe e o papel dos centros de ensino na planificación lingüística. |
AP13
|
|
CM1
|
A través das lecturas recomendadas, comprender a situación sociolingüística galega e coñecer a lexislación vigorante referida ao ensino das linguas en Galicia, mantendo un espírito crítico e comprometido cos valores de xustiza e equidade, asumindo a necesidade de actualización profesional ao longo da vida. |
AP6 AP13 AP14
|
|
CM4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade e diversidade lingüística. Modelos de educación bilingüe ou plurilingüe |
Que son as linguas?
Canto coñecemos sobre a diversidade lingüística?
Para que serve a educación?
Como apostamos polo plurilingüismo? |
A situación sociolingüística da lingua galega |
Coñecemento e uso da lingua galega
Actitudes e preconceptos sobre as linguas. O caso galego
Ameazas e fortalezas da lingua galega |
As linguas no sistema educativo galego |
A lexislación lingüística no sistema educativo
A competencia lingüística
A formación lingüística
Referentes e compromisos |
O papel dos centros educativos na planificación lingüística |
A intervención sociolingüística no ensino. Obxectivos e niveis de actuación
O proxecto lingüístico de centro
Os equipos de normalización e dinamización lingüística |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Foro virtual |
A10 A13 A14 C1 C4 |
0.5 |
4 |
4.5 |
Proba mixta |
A13 C1 |
0 |
4 |
4 |
Lecturas |
A1 A6 A8 A13 |
1 |
13.5 |
14.5 |
Sesión maxistral |
A13 |
3.5 |
0 |
3.5 |
Estudo de casos |
A9 A13 A26 |
10 |
0 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Foro virtual |
Existirá un caderno dixital para comentaren os/as estudantes as sesións e debater sobre as lecturas e os temas principais que se abordaren na aula. |
Proba mixta |
Existirá unha proba obxectiva final, con contidos fundamentalmente prácticos, que o alumnado deberá superar con, cando menos, un catro para lle facer media co resto das cualificacións obtidas durante o curso. |
Lecturas |
O alumnado deberá demostrar a comprensión das lecturas obrigatorias a través da súa participación no caderno dixital. |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado alcanzar as competencias e destrezas previstas na materia. |
Estudo de casos |
Na aula estudaranse diversos supostos prácticos para responder á hetoxeneidade de centros e de situacións sociolingüística. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Foro virtual |
|
Descrición |
O docente fará un seguimento semanal do caderno dixital e dará pautas de comprensión das dúbidas que ficaren, así como ofrecerá outras lecturas alternativas.
Por outra parte, todas as persoas discentes recibirán recomendacións sobre o seu seguimento das aulas e da materia mentres esta se desenvolver. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A1 A6 A8 A13 |
Elaboración de informes e participación nas discusións dirixidas con argumentos apoiados nas lecturas. |
10 |
Estudo de casos |
A9 A13 A26 |
Elaboración de supostos prácticos, individual e grupalmente. |
30 |
Proba mixta |
A13 C1 |
Realización dunha proba final |
30 |
Foro virtual |
A10 A13 A14 C1 C4 |
Participación no caderno dixital |
30 |
|
Observacións avaliación |
Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle. O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Para
superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4
valores sobre 10 na proba obxectiva. As persoas que non superaren a materia de
acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas
aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas actividades que non tiveren superadas. Será considerado Non Presentado aquel/a estudante que non realizar os estudos de casos e/ou a proba obxectiva.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Iglesias Álvarez (2012). "Actitudes e prexuízos lingüísticos en Galicia. A súa influencia nos usos", A letra miúda nº 1 (2012).. Compostela: GENDL
Asorey Vidal (). "O ensino en territorios con conflicto lingüístico", Actas do I Simposio Internacional sobre o Bilingüismo, 897-904.
Subiela e Fente (2012). "Reflexións relativas á elaboración participativa dun marco de planificación lingüística dos centros de ensino", en A letra miúda nº 1. Compostela: GENDL
Skutnabb-Kangas, T. (2011). "Resultados de crecementismo e a homoxeneización lingüística no ensino. Quen posúe os coñecementos máis válidos?" en Lingua e Ecoloxía. VIII Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacíóns sobre a lingua galega. Vigo: Galaxia
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo. Ames: Laiovento
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia (2005). Plan xeral de normalización da lingua galega . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia (2007). Planificacion linguistica nos centros de ensino 2007. Compostela: Xunta de Galicia |
|
Bibliografía complementaria
|
Silva Valdivia, B. (2008). Lingua e escola en Galicia: balance e propostas de futuro . Vigo: Galaxia
García Plata, Ignasi (). "A planificacio?n lingüística nos centros de ensino. A experiencia de Catalunya", A letra miúda nº 2, Revista de sociolingüística da CGENDL . Compostela: GENDL
Subiela, X. (2009). "Democracia e política lingüística en Galiza", en Monteagudo (coord.) Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Compostela: Consello da Cultura Galega
Calvet, L.J. (1995). A guerra das linguas e as políticas lingüísticas. Compostela: Laiovento
Silva Valdivia, B. (2010). Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán. Santiago: Universidade
Moreno Cabrera, J. C. (2006). De Babel a Pentecostés. Manifesto plurilingüísta. Barcelona: Horsoni
Ponencia de lingua do Consello da Cultura Galega (1999). Dereitos lingüísticos. Compostela: Consello da Cultura Galega
Díaz García et ali (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas . Santa Comba: tresCtres
Moure, T. (2010). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética . A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X. R. (2002 [1997]). Lingua galega: normalidade e conflito. Ames: Laiovento
Skutnabb-Kangas, T. (2000). Linguistic genocide in education or worldwide diversity and human rights?. New Jersey: Lawrence Erlbaum Associates
García Negro, Mª do Pilar (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Pontevedra: Cumio
Monteagudo, H. /Bouzada, X. (2002). O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000). Vol. II. Educación . Compostela: Consello da Cultura Galega
Sanmartin Rei, G. (2011). Unha outra guía para a intervención lingüística. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|