Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral Código 652606621
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
roberto.urrutia@udc.es
Profesorado
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
roberto.urrutia@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Analizar o funcionamento e organización dos centros onde se imparte a FP. AP5
AP6
AP7
AP9
AP10
AP13
AP34
Introducir o enfoque de xénero como contido nas programacións curriculares e levalo o traballo diario da aula. AP8
AP11
CM4
Analizar a organización e funcións do departamento de FOL. AP5
AP8
AP9
AP13
AP15
AP16
AP26
Analizar os currículos dos módulos da especialidade de FOL para a súa posterior utilizaación na planificación currícular. AP15
AP16
AP17
AP18
AP23
AP26
CM5
CM7
CM8
Realizar unha planificación curricular adaptada a un contexto concreto e coas estratexias e dinámicas de aula necesarias. AP15
AP16
AP19
AP20
AP21
AP22
AP23
AP24
AP25
AP27
AP30
AP32
AP34
CM1
CM3
Identificar as funcións do profesorado de FOL e calcular as súas retribucións. AP5
Analizar as condicións de acceso a condición de profesor no ensino público. AP5
Utilizar as TIC para obter e elaborar información no traballo de aula. CM3
CM6
Valorar o papel do profesor de FOL como dinamizador da formación de cidadáns críticos implicados na loita contra as desigualdades e a inxustiza social. AP13
AP26
AP32
CM4
CM7
Identificar, analizar e clasificar a normativa aplicable na actividade docente na FP. AP6
AP9
AP13
AP14

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.-Contexto organizativo e funcional dos centros de Formación Profesional. -Tipoloxía dos centros de FP, espazos e equipamentos.
-A organización docente nos centros onde se imparte FP: Órganos de Goberno, Proxecto Educativo, Proxecto Funcional e funcionamento e coordinación dos distintos departamentos.
-Análise da normativa aplicable a organización e funcionamento.
-Avaliación e xestión da calidade nos centros de FP
Tema 2.-O Departamento de FOL -Composición
-Funcións
-O traballo en equipo.
-A colaboración co Departamento de Orientación e no desenvolvemento do PAT.
Tema 3.-Análise dos currículos dos módulos da especialidade de FOL -Análise do currículo dos módulos LOXSE.
-Análise do currículo dos módulos LOE: FOL e EIE.
-A FCT: funcións e actividades do profesorado.
-Análise, interpretación e clasificación da normativa aplicable.
-
Tema 4.-Planificación nos distintos niveis de concreción curricular: do currículo a programación de aula. -A Planificación Curricular: estrutura e organización.
-Do currículo a programación de aula
-Técnicas e estratexias didácticas
-Selección, deseño e elaboración de materiais didácticos.
-Recursos
-A atención a diversidade
-A transversalidade
- O uso das TIC na planificación curricular e como imprescindible recurso didáctico.
-Estratexias e procedementos de avaliación.
Tema 5.- O profesor de FOL -Requisitos.
-Funcións
-Acceso a Función Pública: Oposicións
-Retribucións do profesorado.
-Acceso ao ensino privado.
-Autoemprego.
-


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A6 A15 A16 3 0 3
Sesión maxistral A19 A24 A25 A26 A27 A30 A34 32 32 64
Glosario A16 4 4 8
Proba obxectiva A16 A18 A19 A24 A30 A34 3 30 33
Traballos tutelados A27 A26 A25 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A11 A10 A9 A8 A7 A5 A30 A32 A34 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 45 135 180
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da programación do módulo: contidos, metodoloxía, avaliación e criterios de cualificación.
Proba de avaliación inicial.
Visionado dun documental
Sesión maxistral Na sesión maxistral expóñense dunha maneira sintética os contidos do módulo.
Glosario Recompilación e explicación da terminoloxía específica de FP e módulo de FOL.
Proba obxectiva Exame tipo test sobre os contidos do módulo.
Traballos tutelados Traballo grupal dunha planificación curricular.
Traballos individuais:
-Fracaso Escolar
-Lectura do libro Mal de Escola.
-Activiades de aula

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada esta dirixida o asesoramento e apoio ó alumnado na realización das tarefas propostas.
O alumnado con matrícula a tempo parcial terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Glosario A16 Realización individual do glosario 5
Traballos tutelados A27 A26 A25 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A11 A10 A9 A8 A7 A5 A30 A32 A34 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Traballo grupal de planificación curricular
Traballos Individuais
65
Proba obxectiva A16 A18 A19 A24 A30 A34 Exame tipo test 30
 
Observacións avaliación

ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL

 Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel

ASISTENCIA
 A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha aula deberá de facer individualmente a actividade correspondente.

No caso de non acadar o 80% de asistencia, a cualificación será non presentado na primeira oportunidade. Na oportunidade de xullo haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización e seguimento de actividades que reforzen as aprendizaxes máis vinculadas ó saber facer.

As persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento necesario para superar a materia.Na oportunidade de xullo haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico.

 REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas actividades de avaliación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das actividades. Cando non se realice algunha das actividades de avaliación a cualificación será non presentado.

Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.

É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

 FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sendeclarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013: “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ªedición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran
 FALSIFICACIÓN DE SINATURA
Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa
perda de avaliación continua
 Copiar nos exames e o uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.
LECTURAS RECOMENDADAS
Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.
htm

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías