Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ao términar con éxito esta materia, o alumnado será capaz de:
- Extraer a información relevante de artigos científicos mediante o emprego do método científico e do proceso de investigación. |
A29
|
B5 B11 B12
|
C1 C8
|
- Explicar os conceptos e modelos de excelencia aplicables á calidade educativa. |
A29
|
B5 B10 B11 B13 B16
|
C1
|
- Poñer en práctica os elementos esenciais dun proxecto educativo de centro incluíndo os decretos e ordes que o regulen, así como información científica relevante co seu exercicio profesional. |
A29 A30
|
B5 B10 B11 B12
|
C1
|
- Demostrar o manexo de instrumentos de recollida de información pertinentes para avaliar a satisfacción cun proxecto educativo de centro. |
A23 A24 A25 A29 A30
|
B5 B11 B12 B13
|
C1
|
- Deseñar unha proposta de mellora na que se inclúa o proceso de planificación, execución e avaliación desta por cada debilidade atopada nun proxecto educativo de centro. |
A26 A29 A30
|
B2 B5 B12 B13
|
C1 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- A calidade nos centros educativos. |
1.1. Historia da calidade.
1.2. A calidade na Educación Infantil. |
2.- Investigación e avaliación da calidade dos proxectos educativos. |
2.1. Investigación.
2.2. Avaliación.
2.3. Calidade. |
3.- Modelos de avaliación da calidade de proxectos educativos. |
3.1. Modelos de calidade.
3.2. Modelos de avaliación de proxectos educativos. |
4.- Técnicas e instrumentos para a recollida de información da avaliación de proxectos educativos. |
4.1. Tipoloxías de avaliación.
4.2. Criterios, ámbitos e indicadores.
4.3. Instrumentos de recollida de información. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A23 A30 C6 C8 |
17 |
42 |
59 |
Estudo de casos |
A24 A25 A26 A29 A30 B2 B5 B10 B11 B12 B13 C6 C1 |
17 |
23 |
40 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B16 C8 C6 |
6 |
0 |
6 |
Proba mixta |
A24 A25 A26 A30 B2 C1 |
2 |
24 |
26 |
|
Atención personalizada |
|
19 |
0 |
19 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Por iso, as clases expositivas, céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
|
Estudo de casos |
As clases expositivas combinaranse con clases interactivas guiadas polo profesorado e no que o alumnado cobra un papel importante.
Nas clases interactivas, empregaranse metodoloxías onde o suxeito se enfrente ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado situarase ante un problema concreto (práctica), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Os contidos desenvolvidos nestas charlas, conferencias,.... formarán parte da proba mixta. |
Proba mixta |
A exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta. Esta proba, integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia realizando o alumnado asistente a través das prácticas que vaia realizando.
É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.
As titorías desenvolveranse, polo tanto, na aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:
* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizaranse nas clases expositivas).
* A grupos de traballo pequeno (realizaranse nas clases interactivas -prácticas- ou no despacho).
* Individuais (realizaranse no despacho e versarán sobre o progreso do alumnado).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A24 A25 A26 A29 A30 B2 B5 B10 B11 B12 B13 C6 C1 |
A metodoloxía de estudo de casos porase en práctica nas clases interactivas. Para a realización do estudo de casos é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:
- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).
- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.
- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.
O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo. Non é necesario entregar as prácticas realizadas senón que o profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula.
O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
|
30 |
Sesión maxistral |
A23 A30 C6 C8 |
Asistencia e participación en clases, seminarios e titorías. |
10 |
Proba mixta |
A24 A25 A26 A30 B2 C1 |
A exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).
O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:
- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.
- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.
|
60 |
|
Observacións avaliación |
ALUMNADO ASISTENTE: As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase. - Considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída. - Ata un 20% das clases poderán
desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios
que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases,
pero que será necesaria a asistencia para alumnado considerado como
presencial. En todo caso, o contido das charlas formará
parte da proba de avaliación para ambas modalidades de asistencia. - O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice as prácticas correspondentes (estudo de casos) ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente. - O alumnado non asistente terá que presentar as prácticas desenvolvidas durante o cuadrimestre que serán valoradas co 10% da cualificación final da materia. Cada unha das prácticas deberá constar de: * Instrucións da práctica. * Desenvolvemento da práctica. * Reflexión persoal sobre as metodoloxías docentes empregadas na realización da
práctica. (O profesorado publicará en moodle unha listaxe das principais metodoloxías docentes que se poden empregar así como a explicación de cada unha delas): cáles empreguei e por qué. * Reflexión persoal sobre os contidos desenvolvidos: qué aprendín mediante a realización desta práctica, qué sei facer agora,...
* Reflexión persoal sobre as competencias adquiridas coa realización da práctica con respecto ás indicadas na Guía Docente (da materia): cáles adquirín, cáles non e por qué.
* Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contidos da práctica desenvolvida ao mundo da educación infantil, qué aprendín con esta práctica para o meu futuro profesional,...
* Apreciacións persoais sobre as titorías realizadas: en concreto (indicar se se acudiu a algunha titoría, momento e lugar da dita titoría para o desenvolvemento de cada práctica, desenvolvemento do proceso de titoría e decisións persoais tomadas con respecto á orientación facilitada por parte do profesorado) e en xeral (adecuación do horario de titorías, trato recibido, valoración xeral). * Valoración da temporalización do desenvolvemento da práctica.
* Outros aspectos: materiais elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,...
O exemplar da realización das prácticas entregarase impreso e encuadernado, sen tapas de
plástico e en papel reciclado (de ser posible), co obxectivo de traballar a
competencia "Capacidade para actuar de maneira sostible na defensa
do medio ambiente" e de acordo co recollido no Plan de Acción do
Programa Green Campus UDC". - O prazo
máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
- A puntuación deste traballo é de 1 punto pero é necesario acadar a mitade da puntuación (é dicir, 0.5 puntos) para poder aprobar a materia. NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Ruíz Olabuénaga, J.I. (2003). Técnicas de triangulación y control de calidad en la investigación educativa. Bilbao: Fundación Horreum
Gil Pascual, J.A. (2010). Bases metodológicas de la investigación educativa : (análisis de datos). Madrid: UNED
Rubio,M.J. y Varas, J. (2004). El Análisis de la realidad en la intervención social : métodos y técnicas de investigación. Madrid: CCS
Castillo Arredondo,S. y Cabrerizo Diago, J. (2011). Evaluación de la intervención socioeducativa : Agentes, ámbitos y proyectos. Madrid: Pearson Educación
Martínez Mediano, C. (2007). Evaluación de programas educativos : investigación evaluativa, modelos de evaluación de programas.. Madrid: UNED
Fernández-Ballesteros, R. (2006). Evaluación psicológica : conceptos, métodos y estudio de casos. Madrid: Pirámide
McMillan, J.H. e Schumacher, S. (2005 (2011 reimp.)). Investigación educativa una introducción conceptual. Madridd: Pearson Educación
Corbetta, P. (2007 (2010 reimp).). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill
Cubo Delgado,S., Martín Marín, B.e Ramos Sánchez, J.L. (2011). Métodos de investigación y análisis de datos en ciencias sociales y de la salud. Madrid: Pirámide
Bernardo Carrasco, J. e Calderero Hernández, J.F. (2000). Aprendo a investigar en educación. Madrid: Rialp
Pérez Juste, R. (2006). Evaluación de programas educativos. Madrid: La Muralla
Mateo, J. e Martínez, F. (2008). Medición y evaluación educativa. Madrid: La Muralla |
|
Bibliografía complementaria
|
García Sanz, M.P. e Martínez Clares, P.ords.) (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y trabajos fin de máster. Madrid: Universidad de Murcia
Buendía Eisman,L., González González, D. y Pozo Llorente, T. (2004). Temas fundamentales en la investigación educativa. Madrid: La Muralla
Fondevila Gascón, J. F. (2013). El trabajo de fin de grado en Ciencias Sociales y Jurídicas : guía metodológica. Madrid : Ediciones Internacionales Universitarias |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|