Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A23 |
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil. |
A26 |
Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións. |
A33 |
Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. |
A36 |
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación. |
A37 |
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. |
A39 |
Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable. |
A40 |
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de adaptación a situacións novidosas. |
B9 |
Autonomía na aprendizaxe. |
B10 |
Capacidade de análise e síntese. |
B11 |
Capacidade de busca e manexo de información. |
B12 |
Capacidade de organización e planificación. |
B15 |
Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. |
B17 |
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos. |
B18 |
Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas. |
B20 |
Coñecemento de outras culturas e de outras costumes. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender o medio cultural de Galicia como espazo dinámico cun importante potencial educador, e como recurso metodolóxico e didáctico de aplicación na Educación Infantil. |
A23 A26 A37
|
B1 B3 B11 B12 B15 B20 B24
|
C4 C7
|
Deseñar propostas e actividades didácticas, dende unha metodoloxía de traballo por proxectos, sobre o contorno cultural galego axeitados ó ensino infantil. Aprender a construír proxectos dende o coñecemento e as emocións. |
A33 A36 A39 A40
|
B1 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B17 B18
|
C1 C4 C6 C7
|
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia |
A37 A40
|
B5 B6
|
C4 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade 1: Introdución. |
- Como pensamos e deseñamos a materia?
- Que obxectivos nos marcamos?
- Cales son os centros de interese?
- De que coñecementos partimos?
- Contidos e metodoloxía: propostas.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galicia.
|
Unidade 2. Paisaxes naturais, históricas e culturais. |
- Que é a paisaxe?
- Observacións e análise de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- As fontes de información e documentación no entorno.
- Como ler e interpretar a paisaxe.
- O clima, o relevo, a auga, a flora e fauna, a poboación de Galicia, etc., para traballar na E. Infantil.
|
Unidade 3. Os poboadores de Galicia dende a Prehistoria e a súa relación con outras culturas. |
- Prehistoria e Historia na Educación Infantil?: a curiosidade, a motivación e os centros de interese.
- A Arte e outras manifestacións da comunicación e creatividade.
- Experiencias: traballando a historia na E. Infantil dende as emocións, a creatividade e a flexibilidade. |
Unidade 4. Temas monográficos. |
- Nesta unidade traballaranse cuestións e temas concretos que vaian xurdindo da propia dinámica da aula.
Ensaiarase o traballo por proxectos cunha ou máis temáticas de contidos, recursos e aplicacións didácticas idóneos coa materia.
- Os obradoiros estarán directamente relacionados con estes temas.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B1 C1 |
1 |
2 |
3 |
Aprendizaxe colaborativa |
B4 B5 B7 B8 B18 |
2 |
7 |
9 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B6 B8 B15 C7 |
5 |
12 |
17 |
Saídas de campo |
A23 A40 B6 C4 |
6 |
16 |
22 |
Sesión maxistral |
A37 B3 B20 B24 C6 C8 |
5 |
10.5 |
15.5 |
Seminario |
A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 |
11 |
30 |
41 |
Proba obxectiva |
A37 A39 B9 B10 B11 |
1 |
2 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Periodicamente e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xurdan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Realizarase algunha actividade tipo conferencia, charla, encontro, pequeno curso nas que o alumnado terá a oportunidade de coñecer as experiencias que se están a realizar na Educación Infantil e actualizar os seus coñecementos, relacionados co ámbito da materia. |
Saídas de campo |
Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
Son a base para a realización de propostas didácticas por parte do alumnado.
Poderanse realizar saídas a exposicións, contornos naturais e encraves de interese cultural.
|
Sesión maxistral |
As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema.
Terán unha orientación claramente didáctica e de aplicación das aprendizaxes nas aulas de Infantil. |
Seminario |
Realizaranse traballos en grupo, cun papel decisivo por parte do alumnado no que respecta á participación, discusión, toma de decisións en común, busca de información e documentación, establecemento de metodoloxías, elección de temáticas en relación coa orientación da materia e desenvolvemento dos mesmos. O carácter didáctico será primordial. A profesora guiará esta actividade. |
Proba obxectiva |
Ao ser esta unha materia de marcado carácter experimental, didáctico e de traballo colaborativo, realizarase un exercicio simple para que cada alumna/o responda de maneira individual ás cuestións traballadas. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Os seminarios terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A37 A39 B9 B10 B11 |
Ao tratarse dunha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual da actividade desenvolvida por cada alumna/o.
|
10 |
Saídas de campo |
A23 A40 B6 C4 |
A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. |
30 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B6 B8 B15 C7 |
A asistencia será obrigatoria e as alumnas e alumnos realizarán comentarios escritos acerca das actividades. |
10 |
Seminario |
A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 |
Valorarase a participación e implicación, o criterio, a puntualidade nas entregas, a creatividade e a calidade do traballo. Con ser un traballo de grupo, terase en conta a participación de cada estudante. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Na avaliación terase en conta a actitude, interese, participación, e dedicación á materia. Ao tratarse dunha materia de marcado carácter práctico e vivencial non
se aconsella ao alumnado con dispensa académica. Así e todo, o alumnado
que se acolla á dispensa académica, deberá realizar un traballo de curso
individual e a proba obxectiva, sendo cualificados nun 50% cada unha
destas metodoloxías. Para acollerse a esta modalidade, é condición
necesaria asistir a titorías (mínimo 3) para facer un seguimento directo
da construción do traballo de curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
AA.VV. ((1999)). Atlas histórico de Galicia.. Vigo: Nigra Trea
Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. ((2010)). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Mariño, X.R. & González, X.M. ((2010)). Diccionario de etnografía e antropoloxía de Galiza.. Vigo: Nigratrea.
Cooper, H. ((2002)). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata
Pérez Alberti, A. ((2008)). Espacios naturales de Galicia.. Lundwerg
AA.VV. ((1991-2008)). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules Editorial.
Castro, X. ((2007)). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea
Villares, R. ((2004)). Historia de Galicia.. Vigo: Galaxia
Egan, K. (2010). Learning in Depth.. Chiicago: The University of Chicago Press
Méndez Fernández, L. ((2000)). Por que se chama así este sitio. Santiago: Lea |
Esta é unha bibliografía básica e de orientación. Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras referencias máis específicas sobre didáctica e experiencias en E. Infantil así como outras fontes de información. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Medio social e cultural e a súa didáctica/652G01025 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Trátase dunha materia que se realizará principalmente cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. Así, a asistencia e participación e en todas as actividades desenvolvidas no
contexto da materia, son imprescindibles. |
|