Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A25 |
Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía). |
A26 |
Coñecer o currículo escolar destas ciencias. |
A27 |
Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá. |
A28 |
Valorar as ciencias como un feito cultural. |
A29 |
Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable. |
A30 |
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B8 |
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. |
B9 |
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. |
B14 |
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. |
B15 |
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. |
B16 |
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. |
B17 |
Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo. |
B18 |
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. |
B19 |
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural. |
B21 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B22 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B23 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B24 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B25 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotidá. |
A27
|
B2 B14 B22 B23
|
C6
|
Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía). |
A25
|
B8 B9 B21
|
C1 C7
|
Coñecer o currículo escolar destas ciencias. |
A26
|
B16 B17
|
|
Valorar as ciencias como un feito cultural. |
A28
|
B9 B15
|
C4
|
Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable. |
A29
|
B2 B19
|
C4 C8
|
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes. |
A30
|
B8 B17 B18 B24 B25
|
C1 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE 1. A organización do proceso de ensino das Ciencias na educación primaria |
1. Que ensinar. Criterios de selección de contidos. O ensino por competencias.
2. Como ensinar. A secuencia de ensino e os tipos de actividades. O papel do docente no desenvolvemento de contidos científicos.
3. Actividades e recursos didácticos para o ensino das Ciencias. As explicacións científicas na aula.
4. Que e como avaliar. Criterios e procedementos de avaliación. A súa integración no proceso de ensino-aprendizaxe. A avaliación competencial |
BLOQUE 2. Ensino e aprendizaxe do medio físico |
1. Interese educativo do estudo do medio físico na educación primaria
2. Análise conceptual do medio físico. O planeta Terra como sistema. Análise e definición dos contidos que se deben ensinar na educación primaria.
3. Problemática da aprendizaxe. As ideas e dificultades dos alumnos respecto a estes temas.
4. Recomendacións metodolóxicas, actividades e recursos para estudar as compoñentes do medio e os fenómenos atmosféricos e astronómicos. |
BLOQUE 3. Ensino e aprendizaxe dos seres vivos e o seu medio. |
1. A importancia de estudar os seres vivos en Educación Primaria
2. Análise científica: o modelo de ser vivo; a biodiversidade; os organismos en relación co medio -adaptacións e cambios-. Determinación do contido escolar.
3. A problemática da aprendizaxe. As ideas do alumnado sobre o modelo de ser vivo. A dificultade de comprender as funcións vitais, a súa interrelación. A dificultade de percibir a integración dos organismos no medio en continuo cambio.
4. Recomendacións metodolóxicas. Actividades, medios e recursos para estudar os seres vivos, as súas funcións e a súa relación co medio. |
BLOQUE 4. O ser humano un referente de ser vivo na educación primaria e a súa relación co medio ambiente |
1. Interese educativo do estudo do ser humano.
2. Análise científica. O ser humano dende unha perspectiva sistémica. Determinación do contido escolar para Educación Primaria.
3. Problemática de aprendizaxe: as ideas que teñen os alumnos de 6-12 anos sobre este tema. Influenza na selección e secuenciación de contidos.
4. Recomendacións metodolóxicas. Actividades de ensino, uso de modelos anatómicos-fisiolóxicos.
5. Importancia de introducir a interacción ciencia/tecnoloxía/sociedade e medio ambiente no eido educativo.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
A25 B8 B9 B24 |
4 |
6 |
10 |
Aprendizaxe colaborativa |
A25 A27 A28 A29 B2 B8 B9 B14 B16 B17 B19 B22 B23 B25 C6 C7 C8 |
9 |
11 |
20 |
Prácticas de laboratorio |
A25 A27 A28 A29 B2 B14 B16 B17 B23 B25 C6 C7 C8 |
16 |
10 |
26 |
Traballos tutelados |
A25 A26 A29 A30 B8 B9 B14 B15 B17 B25 C1 C4 |
0 |
40 |
40 |
Sesión maxistral |
A25 A26 A28 A29 B18 B21 C6 C7 C8 |
25 |
50 |
75 |
Proba mixta |
A25 A26 A27 A28 A30 |
3 |
30 |
33 |
Saídas de campo |
A25 A27 A28 A29 B2 B14 B16 B17 B23 C6 C7 C8 |
6 |
9 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
Exposición sobre diferentes cuestións relativas a que e como ensinar contidos concretos de Ciencias na Educación Primaria, utilizando a conversación dialogada en gran grupo
|
Aprendizaxe colaborativa |
Estudo de supostos prácticos ou situacións diversas e de diferentes materiais escritos, tanto en pequeno como en gran grupo, presentadas e orientadas polo profesor.
|
Prácticas de laboratorio |
Realización de actividades prácticas, en pequeno grupo e baixo a dirección do docente, ao redor da planificación/realización de experiencias sobre obxectos e fenómenos, relativos a contidos científicos relevantes en educación primaria.
|
Traballos tutelados |
Elaboración de traballos, relativos á problemática do ensino e aprendizaxe de contidos concretos.
Comprenden: a) Lecturas e análise individual sobre a temática proposta; b) Discusión en pequeno grupo e desenvolvemento do traballo; c) Seguimento do traballo en fase de realización
|
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a formulación de interrogantes aos estudantes, sobre os aspectos teóricos que debe coñecer un mestre en relación ao ensino e aprendizaxe das Ciencias da natureza. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas obxectivas (de resposta múltiple ou de resposta breve) e preguntas de ensaio e desenvolvemento (análise de situacións, resolución de problemáticas, valoración de propostas concretas...) relacionadas co ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza na educación primaria. |
Saídas de campo |
Realización de actividades no medio, en pequeno grupo e baixo a dirección do docente, en torno á planificación/realización de experiencias sobre obxectos e fenómenos do contorno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Os alumnos/as serán atendidos no horario de titorías para orientar e resolver problemáticas concretas relativas ao traballo durante a súa fase de realización. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A25 A26 A27 A28 A30 |
Valoraráse a adquisición dos coñecementos relevantes e a capacidade interpretativa do alumnado (análise e síntese, argumentación, crítica...) adquiridos ao longo do curso. |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A25 A27 A28 A29 B2 B14 B16 B17 B23 B25 C6 C7 C8 |
Valorarase asistencia, participación e presentación de resultados, tanto en actividades prácticas de campo/laboratorio como en sesións interactivas |
10 |
Traballos tutelados |
A25 A26 A29 A30 B8 B9 B14 B15 B17 B25 C1 C4 |
Valorarase a inclusión dos aspectos descritivos relevantes e, especialmente, a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacions obxecto de estudo, así como a competencia para diseñar materiais didácticos. Ademais, no seu caso, valorarase a exposición oral dos traballos. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Primeira oportunidade
(xuño): A cualificación nesta oportunidade farase en función dos resultados
obtidos nas seguintes avaliacións parciais: • Sesións interactivas e actividades prácticas de
campo/laboratorio: a asistencia a estas actividades é obrigatoria. Se
globalmente a asistencia é inferior ao 80% a cualificación neste apartado será
0. • Traballos tutelados. Serán avaliados dous traballos
presentados nas datas fixadas ao longo do curso. A nota neste apartado será a
media ponderada, no seu caso, das cualificacións obtidas en cada un deles. • Proba escrita individual dos resultados da aprendizaxe.
Faranse dúas probas, a primeira abarcará a metade da materia e a segunda
coincidirá coa convocatoria de exame final fixada pola facultade. - Os alumnos/as que
superen a primeira proba (primeiro parcial con cualificación de 5 ou superior)
poderán presentarse só ao exame do segundo parcial, na data establecida no
calendario oficial da Facultade. A cualificación da proba escrita destes estudantes
será a media aritmética das notas obtidas en cada parcial. O aprobado estará
condicionado a que a nota de cada parcial sexa igual ou superior a 5. - Os alumnos/as que no primeiro parcial teñan cualificación
inferior a 5 deberán realizar unha proba final na devandita data, que incluirá
toda a materia. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará
condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques. - Os alumnos/as que non teñan aprobado (con cualificación 5
ou superior) os traballos tutelados e/ou as actividades
interactivas/laboratorio deberán realizar, na data oficial de xuño, unha segunda proba escrita específica e individual
relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba será a súa cualificación de
xuño nos apartados de sesións interactivas/laboratorio e traballos tutelados. Para obter a cualificación de
aprobado na materia nesta oportunidade
de xuño será imprescindible obter unha nota de 5 en cada apartado (sesións
interactivas/laboratorio; proba escrita; traballos tutelados). Cumprida esta condición a nota final será a
media ponderada das cualificacións dos distintos apartados. A cualificación dos
estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada dos
apartados suspensos. Segunda oportunidade (xullo): O alumnado que asistiu ao 80% das
actividades interactivas/laboratorio e que ten aprobados os traballos
tutelados, pero non superou a proba escrita individual de avaliación dos
resultados da aprendizaxe, deberá realizar esta proba nas datas oficiais de
xullo. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada
a que se aproben os contidos de cada un dos bloques. O alumnado que non teña aprobado
(con cualificación 5 ou superior) en xuño os traballos tutelados e/ou as
actividades interactivas/laboratorio deberá realizar, na data oficial de xullo,
unha proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos. O alumnado
que non superara en xuño nin os traballos tutelados e/ou as actividades
interactivas/laboratorio, nin a proba individual escrita terá que realizar
todas as probas antes mencionadas na convocatoria de xullo. Para obter
cualificación de aprobado na oportunidade de xullo é necesario ter superado con
nota de 5 ou superior cada unha das partes (a proba escrita individual e os
traballos tutelados/actividades interactivas-laboratorio). A nota final será a
media ponderada das cualificacións dos devanditos apartados. A cualificación
dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada das
notas suspensas. NORMAS ESPECÍFICAS DE
AVALIACIÓN PARA:
Alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial, segundo o establecido na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC
(29/05/2012): 1.
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase. 2.
Terá dereito
preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes
nas sesións interactivas. 3.
O resto da avaliación
rexerase polo que establecen as "normas xerais de avaliación" desta
guía docente. Alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na
"Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de
Grao" na UDC (29/05/2012): 1.
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase. 2.
A cualificación final
na primeira convocatoria (maio/xuño) será o resultado das cualificacións obtidas
nos seguintes apartados: - Sesións interactivas
(actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel). O alumnado debe
realizar de xeito individual (sen obriga de asistir a clase) as sesións
interactivas das que consta a asignatura, tendo que cumplir obrigatoriamente
un calendario de entregas que o docente lle dará durante o primeiro mes de
clases, unha vez que o alumnado lle
presente o certificado de recoñecemento de matrícula a tempo parcial e
dispensa académica. A cualificación deste apartado está condicionada
á entrega por parte do alumno das prácticas e seminarios. Non se terán en
conta os traballos entregados fóra de prazo. (100% de entregas: 1
punto; máis de 93%: 0,75; entre 86%-92%: 0,5; entre 80-85%: 0,25; menos de
80%: 0). - Traballos
tutelados. O alumnado terá que realizar, obrigatoriamente e de forma
individual, dúas actividades academicamente dirixidas (AAD) e terá que
entregalas segundo o calendario establecido. A cualificación deste
apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. (ata 3
puntos). Para que se teñan en conta as cualificacións destas dúas
actividades, é requisito imprescindible ter entregado polo menos o 80%
das sesións interactivas. - Proba
individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os
contidos das expositivas e as interactivas. Realizarase na data
establecida no calendario oficial da Facultade. (ata 6 puntos).
Para obter unha cualificación de
aprobado, é imprescindible ter entregado polo menos o 80%
das sesións interactivas, e obter unha media de polo menos 5 sobre 10
tanto nos traballos tutelados como na proba individual global. A cualificación
total no caso de superar a materia farase en base á media ponderada de cada un
dos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a
materia será a media ponderada dos apartados suspensos. No caso de que o alumno entregara
polo menos o 80% das sesións interactivas e non acade o aprobado, a
súa cualificación corresponderá á parte suspensa. Os alumnos/as que non teñan aprobado (con cualificación 5 ou
superior) os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/laboratorio
deberán realizar, nas datas oficiais, unha segunda proba escrita específica e individual
relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba será a súa cualificación dos
apartados de sesións interactivas/laboratorio e traballos tutelados. A
avalíación para a "segunda oportunidade (xullo)" será exactamente a
mesma que a que aparece nas "normas xerais de avaliación" desta guía
docente. NOTA
1: A cualificación das sesión interactivas e traballos tutelados só se garda
durante un curso académico.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
García Barros, S. y Martínez Losada, C. (2013). Inmersos en el aire miramos al cielo. Los fenómenos atmosféricos y astronómicos. . Graó. Barcelona
García, J. y García, F., (1989). Aprender investigando . Diáda. Sevilla
Garrido, J.M. y Galdón, M. (2003.). Ciencias de la Naturaleza y su Didáctica. Grupo editorial Universitario
Cañas, y otras (2007). Competencias en el conocimiento y la interacción con el mundo físico. La competencia científica. Alianza Editorial: Madrid.
Cebrián, G. y Junyent, M. (2014). Competencias profesionales en Educación para la Sostenibilidad: un estudio exploratorio de la visión de futuros maestros. ENSEÑANZA DE LAS CIENCIAS Núm. 32.1, 29-49
Pujol, R.M. (2003). Didáctica de las Ciencias en la educación primaria. Síntesis. Madrid
Sanmartí, N. (2002). Didáctica de las Ciencias en la educación secundaria obligatoria. Síntesis. Madrid
Weissmann,H. (1993). Didáctica de las Ciencias Naturales. Paidós. Barcelona
Vilchez, J.M. (2014). Didáctica de las Ciencias para Educación Primaria I.Ciencias del espacio y de la Tierra. Madrid. Pirámide
González García, F. (2015). Didáctica de las Ciencias para Educación Primaria. II. Ciencias de la vida. Madrid. Pirámide
Sanmartí, N. (2007). Diez ideas clave : evaluar para aprender. Graó. Barcelona
Del Carmen, L. (1996). El análisis y secuenciación de los contenidos educativos. ICE/Horsori. Barcelona
Osborne,R. y Freyberg,P. (1991). El aprendizaje de las Ciencias. Implicaciones de las Ciencias de los alumnos. Narcea. Madrid
Cañal, P. (2008). El cuerpo humano: una perspectiva sistémica. Alambique, 58, pp. 8-22
De Pro, A. (2014). Energía:uso, consumo y ahorro energético en la vida cotidiana. Graó. Barcelona
Harlen, W. (1998). Enseñanza y aprendizaje de las Ciencias. Morata. Madrid
De Vencchi, G. y Giordan (2006). Guía Práctica para la enseñanza científica. Sevilla. Diada
Driver, R. y otros (1989). Ideas científicas en la infancia y la adolescencia. Madrid. MEC/Morata
Cañal, P. (2008). Investigando los seres vivos: proyecto curricular Investigando nuestro mundo (6-12). Sevilla: Díada
Cañal, P., Lledó, A., Pozuelos, F. J., y Travé, G. (1997). Investigar en la escuela: elementos para una enseñanza alternativa.. Sevilla:Diada
Martí, J. (2012). La enseñanza de las Ciencias en primaria. Graó. Barcelona
Marín, N. (2003). La enseñanza de las Ciencias en primaria. Grupo editorial Universitario
Del Carmen, L. y otros ( 1997). La enseñanza y el aprendizaje de las Ciencias de la Naturaleza. Horsori/ICE UAB. Barcelona
Ramiro, E. (2010). La maleta de la ciencia. 60 experimentos de aire y agua y centenares de recursos para todos. Graó. Barcelona
Catalá, M. y otros (2003). Las Ciencias en la escuela. Graó. Barcelona
Martín del Pozo, R. y otros (2013). Las ideas "científicas" de los alumnos y alumnas de Primaria: tareas, dibujos y textos. Universidad Complutense de Madrid
Pinto, J.A., Carbajal, A. (2003). Nutrición y Salud. Instituto de Salud y Consumo. Madrid
Jiménez Aleixandre, M. P., Sanmartí, N., Couso, D. (2011). Reflexiones sobre la ciencia en la edad temprana en España: la perspectiva de la enseñanza de las ciencias. COSCE-Ministerio de Ciencia y Tecnología. Madrid |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I/652G02020 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Didáctica da educación para a saúde/652G02041 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|