Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o obxecto de estudo da disciplina, a súa definición e os seus antecedentes históricos. |
A1 A2
|
|
|
Examinar as distintas perspectivas teóricas nas que se basea o estudo do desenvolvemento ao longo do ciclo vital. |
A2 A11
|
|
C1 C8
|
Analizar as distintas etapas que conforman o ciclo vital e os procesos de desenvolvemento ao longo do mesmo. |
A4
|
B2
|
C1 C6
|
Identificar e comprender os cambios, desaxustes e conflitos que poden xurdir desde a concepción até a morte do individuo. |
A5 A12 A14 A15
|
B4
|
C4 C7
|
Valorar a importancia do entorno socio-cultural nos procesos de desenvolvemento. |
A2 A5 A9
|
B4
|
C4
|
Acadar inquietudes éticas en relación ás implicacións socioeducativas dos coñecementos adquiridos |
A17
|
B5
|
C4
|
Acadar hábitos de estudo, de análise crítica e de discusión que promovan a construción activa do coñecemento por parte do alumnado. |
|
B1 B6
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introducción á Psicoloxía do desenvolvemento |
Concepto de desenvolvemento
Obxecto da Psicoloxía do desenvolvemento
Ámbitos, etapas e contextos de desenvolvemento
Factores determinantes do desenvolvemento
Evolución histórica da Psicoloxía do desenvolvemento |
Perspectivas teóricas na Psicolxía do desenvolvemento |
Modelos e paradigmas na Psicoloxía do desenvolvemento
Principais orientacións teóricas na Psicoloxía do desenvolvemento:
- Teorías psicoanalíticas
- Teorías da aprendizaxe
- Teorías cognitivas
- Teorías sociobiolóxicas
- Teorías contextuais |
O desenvolvemento na infancia |
Desenvolvemento físico na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento cognitivo na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento lingüístico na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento socio-emocional na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía |
O desenvolvemento na adolescencia |
Desenvolvemento físico: adrenarquia e gonadarquia
Desenvolvemento cognitivo: a etapa das operacións formais
Desenvolvemento socio-emocional:
- Autoconcepto e autoestima
- Relacións familiares
- Relacións cos iguais
- Relacións de parella |
O desenvolvemento na etapa adulta |
Cambios físicos na xuventude e na madurez
Desenvolvemento cognitivo na xuventude e na madurez: intelixencia e procesamento da información
Desenvolvemento socio-emocional na xuventude e na madurez: traballo, relacións sociais, matrimonio, fillos. |
O desenvolvemento na vellez |
Cambios físicos na vellez
Desenvolvemento cognitivo: a memoria das persoas maiores
O benestar psicolóxico na vellez |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A4 A14 A15 B1 C4 C6 C7 |
4 |
26 |
30 |
Lecturas |
A1 A2 A17 B5 C4 C6 |
2 |
4 |
6 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A5 A11 A14 B1 C6 |
2 |
18 |
20 |
Portafolios do alumno |
A1 A2 A4 A5 A9 A14 A15 B1 B4 B6 C4 C7 |
1 |
14 |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A4 A5 A14 A17 C4 |
3 |
30 |
33 |
Resumo |
B1 B2 B5 B6 |
1 |
3 |
4 |
Actividades iniciais |
A1 A5 A14 B6 C7 |
1 |
0 |
1 |
Solución de problemas |
A5 A9 A12 A14 B1 C6 |
1 |
1 |
2 |
Simulación |
A12 A14 A17 B4 B5 B6 C4 |
1 |
1 |
2 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A4 A5 A14 |
1 |
1 |
2 |
Discusión dirixida |
A1 A4 A5 A12 A14 B1 B4 B5 B6 C7 C1 |
3 |
3 |
6 |
Glosario |
A1 A2 A4 |
1 |
1 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A4 A5 A17 C6 C7 C8 |
21 |
0 |
21 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte para afondar nos contidos traballados. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a súa análise. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Portafolios do alumno |
É un cartafol (físico ou virtual) ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Resumo |
Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
|
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron e que pode ter máis dunha posible solución. |
Simulación |
Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes. |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. |
Glosario |
Un glosario é un recurso que consiste na explicación e contextualización dun conxunto de termos ou conceptos propios dun material especializado para facilitar a súa comprensión. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Proba mixta |
|
Descrición |
Tanto a preparación do exame como a realización das actividades que se incluirán no portafolio serán obxecto de atención individualizada ao longo do curso durante as horas de titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A1 A2 A4 A5 A9 A14 A15 B1 B4 B6 C4 C7 |
En relación co portafolio valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións empregadas na elaboración das propostas educativas.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición. |
30 |
Proba mixta |
A1 A2 A4 A5 A14 A17 C4 |
A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. |
70 |
|
Observacións avaliación |
OPCIÓN A Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%: a) Elaboración e presentación do portafolio (30%). b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (70%). OPCIÓN B Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Arts. 2.3; 3.b; e 4.5) (29 de maio de 2012). Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 80%: a) Exame escrito sobre os contidos da materia (100%). OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: 1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dossier e proba mixta). 2. O dossier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dossier). 3. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 4. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Papalia, D. E., Olds, S. W. y Feldman, R. S. (2010). Desarrollo humano. . México D. F.: McGraw Hill.
Papalia, D. E., Olds, S. W. y Feldman, R. S. (2009). Psicología del desarrollo. De la infancia a la adolescencia. México D. F.: McGraw Hill.
Giménez-Dasí, M. y Mariscal, S. (2008). Psicología del desarrollo. Desde el nacimiento a la primera infancia.. UNED: McGraw Hill.
Delgado, B. (2008). Psicología del desarrollo. Desde la infancia a la vejez. . UNED: McGraw Hill.
Santrock, J. W. (2006). Psicología del desarrollo. El ciclo vital. . Madrid: McGraw Hill. |
|
Bibliografía complementaria
|
Serulnikov, A., y Suárez, R. (2001). Piaget para principiantes. Buenos Aires, Argentina: Era Naciente SRL |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|