Requisito para superar a materia
Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada a cada unha das actividades que computan na avaliación
Convocatoria de xullo
Na
convocatoría de xullo só se valora a proba mixta que incrementa o seu valor até
10.
Avaliación das actividades grupais
As actividades grupais van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última vai reflectirse na cualificación individual.
Actividades optativas
Coa realización de actividades optativas poden obterse até dous puntos. Para poder realizar estas actividades o alumnado debe de comunicarllo a profesora as que quere realizar, como moi tarde , na última semana de setembro.
Modalidade de avaliación para as persoas que non podan asistir as aulas
As persoas que, por razóns debidamente acreditadas, non asistan ó 85% das aulas, poden acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para optar esta modalidade hai que contactar, a máis tardar o 18 de setembro ou cando se produza a circunstancia que impida a asistencia ás aulas.
coa profesora para concretar as actividades de avaliación e o proceso de
supervisión e seguimento. Neste caso, o alumnado, a maoires das actividades acordadas, ten que realizar un informe sobre as aprendizaxes e competencias adquiridas.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso
de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen
declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo
14.4 da
Normativa académica de avaliacións, cualificacións e
reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de
2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación
expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a,
poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
Os contidos incluídos nos traballos deben estar
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas
APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas
que se re-elaboran.
Plaxio
O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso.
Falsificar unha sinatura
Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.
Copiar nos exames
O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.