Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos. |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer e diferenciar entre conceptos afíns á exclusión social: pobreza, marxinación, desigualdade, vulnerabilidade, desadaptación... |
A2 A5 A8 A14
|
|
|
Discernir as fases polas que transcorren os procesos de exclusión social, as causas, as manifestacións e os efectos destas situacións |
A2 A5 A8
|
|
|
Identificar e analizar as relacións entre os sistemas político, económico, educativo e social, e os procesos de vulnerabilidade e exclusión social, nun marco de globalización neoliberal e crise do Estado de Benestar |
A2 A3 A5 A8 A20
|
|
|
Identificar e estudar as potencialidades e necesidades desde unha perspectiva integral e complexa |
A2 A5 A7 A8 A9 A14
|
B3
|
|
Deseñar, avaliar e defender programas e proxectos de acción socioeducativa para a prevención e inclusión social, especificando as bases teórico-metodolóxicas sobre as que se substenta |
A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 A20 A21
|
B2 B3 B5 B6
|
C3 C6 C7
|
Coñecer e promover estratexias e dinámicas de inclusión social, favorecedoras do empoderamento e participación das persoas, que permitan problematizar e transformar a realidade desde a perspectiva das persoas protagonistas (teatro do oprimido, aprendizaxe-servizo...) |
A2 A7 A9 A20 A21
|
|
C7
|
Determinar e fundamentar as características, os factores influíntes, as posibilidades e limitacións da acción socioeducativa en contextos específicos de vulnerabilidade e exclusión social |
A1 A2 A3 A5 A8 A14 A20
|
|
C7
|
Coñecer e asumir os principios deontolóxicos da profesión, integrándoos na análise e deseño de accións socioeducativas |
A14 A20
|
B4 B5
|
|
Espertar e desenvolver unha actitude autocrítica, de autorregulación da propia aprendizaxe, e de participación activa e responsable no proceso |
A14
|
|
C6 C7
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Módulo 1: A exclusión social, o novo rostro da pobreza |
1. Precisións terminolóxicas: pobreza, marxinación, exclusión, vulnerabilidade, desigualdade, minoría, integración.
2. Os procesos de exclusión e inclusión social: fases, dimensións de análise, ámbitos, factores e eixos da desigualdade. |
Módulo 2: Dereito á inclusión social: políticas, medidas institucionais e movementos sociais |
3. Estado de Benestar: dereitos e necesidades.
4. Globalización neoliberal e exclusión social: cuarto mundo.
5. Un outro mundo é posible: políticas, programas e movementos sociais de loita contra a exclusión. |
Módulo 3: Prácticas socioeducativas de prevención e inclusión social: perspectivas e procesos metodolóxicos |
6. Enfoques metodolóxicos inclusivos e transformadores: principios e directrices da acción socioeducativa.
7. Análise da realidade, deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de acción socioeducativa.
8. Técnicas e estratexias para a emancipación: Teatro do Oprimido.
9. Aprendizaxe-servizo para a inclusión social |
Módulo 4: Das realidades aos programas, proxectos e recursos de acción socioeducativa |
10. Acción socioeducativa con poboación reclusa.
11. Prostitución. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Introductory activities |
A7 A1 |
3 |
0 |
3 |
Document analysis |
A2 A3 A5 A8 C3 C6 |
0 |
30 |
30 |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A2 A3 A5 |
12 |
0 |
12 |
Directed discussion |
A2 A3 A5 A8 A14 B5 B6 C6 |
4 |
0 |
4 |
Simulation |
A2 A3 A5 A7 A8 A9 A20 A21 B2 B3 B4 B5 B6 C3 C6 C7 |
3 |
40 |
43 |
Oral presentation |
A14 B6 C3 |
5 |
5 |
10 |
Workshop |
A7 A8 A9 A20 B3 B4 C7 |
5 |
0 |
5 |
Events academic / information |
A1 B3 C6 C7 |
4 |
5 |
9 |
Aprendizaxe servizo |
A5 A7 A8 A9 A20 A21 B3 B6 C7 C3 |
6 |
10 |
16 |
Long answer / essay questions |
A1 A2 A3 A14 B6 |
0 |
15 |
15 |
|
Personalized attention |
|
3 |
0 |
3 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Introductory activities |
Destinadas a (re)coñecernos como protagonistas dos procesos de ensino e de aprendizaxe que se inician, a presentar e discutir as regras do xogo recollidas na guía docente, a identificar intereses e /ou motivacións do alumnado respecto dos obxectivos que se queren acadar, e a verbalizar preconceptos e saberes previos das alumnas e alumnos relacionados coa materia, dos que partir para favorecer aprendizaxes relevantes. |
Document analysis |
Utilización de documentos relevantes textuais (artigos, libros, novas de prensa, poemas, textos lexislativos...) e audiovisuais (documentais, curtas, filmes , fotografías, viñetas...) que faciliten e amplíen a comprensión dos conceptos básicos da materia, e permitan a elaboración de pensamentos razoados acerca da intervención socioeducativa.
Seguindo a Finkel (2008), trátase de deixar que falen os documentos, propoñendo actividades que permitan desentrañar o seu significado: mapas conceptuais, estudo de casos, recensións, diálogo reflexivo, seminarios, etc.
|
Guest lecture / keynote speech |
Destinada á exposición oral por parte da docente na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a decontrución e reconstrución crítica do coñecemento experiencial. Complementarsase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e coa introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. A finalidade é promover unha aprendizaxe transformadora, potenciando a participación do alumnado na construción significativa do coñecemento. |
Directed discussion |
Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso reflexo, dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción.
En base á análise previa de fontes documentais, promoverase o debate e contraste de opinións fundamentadas, a través das que: identificar dificultades na comprensión; promover a dúbida e o conflito, poñendo en tea de xuízo as crenzas e interpretacións iniciais; provocar o pensamento diverxente e recoller diferentes argumentacións; favorecer a conexión con experiencias vitais; etc. Todo coa finalidade de que o alumnado tome conciencia de interpretacións alternativas da realidade socioeducativa, se emancipe dos preconceptos e ideas erróneas, e reconstrúa criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar.
Destinaranse á discusión dirixida tanto sesións expositivas como interactivas. Estas últimas organizaranse a modo de seminario aberto.
|
Simulation |
Práctica simulada de participación nunha convocatoria pública da Administración autonómica, na que se respectan as características formais e de contido, así como os requisitos habituais neste tipo de concursos. Ten como finalidade a inmersión nas competencias específicas da Educación Social relacionadas co deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de acción socioeducativa, así como co traballo en equipo, partindo dunha situación real o que entendemos supón un desafío motivador.
Esta proposta didáctica esixe poñer en relación as bases teóricas e metodolóxicas da materia para resolver un problema práctico (neste caso a elaboración dun programa), permitindo ademais recuperar e actualizar moitos dos saberes e destrezas adquiridos ao longo do Grao.
Dado a dimensión da proposta e a necesidade de promover unha aprendizaxe interdisciplinar, trátase dun traballo compartido coa materia Orientación Ocupacional, no que as docentes acompañarán aos grupos durante todo o proceso: asesorándoos tecnicamente, contribuíndo á autoorganización e autonomía, activando procesos reflexivos, problematizando decisións, incentivando argumentacións, reforzando as potencialidades, etc.
O proceso está marcado polos seguintes momentos: publicación simulada da convocatoria; inscrición dos equipos no concurso; deseño e presentación en prazo e forma do programa; defensa dos programas; actuación da comisión avaliadora; e resolución motivada do concurso. |
Oral presentation |
Algunhas das actividades desenvolvidas tanto de xeito individual como grupal, serán expostas diante do grupo de referencia, procurando chegar a conclusións compartidas sobre o caso investigado, o documento ou experiencia analizada. Entre as actividades, o Programa de Acción Socioeducativa será presentado e defendido no grupo expositivo.
Unha das finalidades da presentación oral é favorecer a coavaliación e autoavaliación a través da contrastación de diferentes formas de resolver as mesmas actividades, permitindo identificar dificultades e potencialidades nos propios traballos, así como autorregular a propia aprendizaxe.
|
Workshop |
Proposta metodolóxica eminentemente práctica na que o alumnado se achegará ao coñecemento e aplicación de exercicios, xogos, técnicas e estratexias da metodoloxía do Teatro do Oprimido. Ten como finalidade promover desmecanización física e intelectual, estimulando a discusión e a problematización de situacións da vida cotiá, a reflexión crítica sobre as relacións de poder que caracterizan as interaccións humanas, e a definición conxunta e “ensaio” de alternativas para a emancipación, sempre dende a perspectiva das propias persoas protagonistas. |
Events academic / information |
Actividades realizadas polo alumnado que implican la asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.), co obxectivo de afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Nas sesións expositivas e a través do Moodle poderase informar, tanto por parte da docente como do alumnado, de eventos de interese.
|
Aprendizaxe servizo |
Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde o alumnado aprende ao traballar en necesidades reais da contorna co fin de mellorala. Ten unha tripla intencionalidade: pedagóxica, solidaria e reflexiva. |
Long answer / essay questions |
Esta proba busca responder a preguntas de certa amplitude valorando as seguintes capacidades: razoamento (argumentar, establecer sinerxías, etc.), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico, precisión conceptual e redacción. Implica, polo tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. A proba contemplará catro preguntas a desenvolver. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Long answer / essay questions |
Aprendizaxe servizo |
Oral presentation |
Simulation |
|
Description |
Para o desenvolvemento do Programa de Acción Socioeducativa baseado nunha convocatoria pública simulada, así como para a súa presentación e defensa oral, será preciso acudir, como mínimo, a dúas sesións de titoría, nas que facer o seguimento por parte da docente. Estas sesións serán indicadas na aula. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Long answer / essay questions |
A1 A2 A3 A14 B6 |
Esta proba busca responder a preguntas de certa amplitude valorando as seguintes capacidades: razoamento (argumentar, establecer sinerxías, etc.), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico e redacción. Implica, polo tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
|
30 |
Aprendizaxe servizo |
A5 A7 A8 A9 A20 A21 B3 B6 C7 C3 |
Avaliarase o grao de participación na proposta de APS, a calidade do servizo realizado (deseño e desenvolvemento) e as aprendizaxes desenvolvidas durante o proceso, a través dun breve informe de autoavaliación. O servizo será avaliado tamén por parte da entidade colaboradora. |
20 |
Oral presentation |
A14 B6 C3 |
A presentación e defensa do Programa de Acción Socioeducativa será avaliado pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación), e polo propio grupo (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre eles: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a coherencia no discurso, a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); e o uso de recursos.
A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo. |
10 |
Simulation |
A2 A3 A5 A7 A8 A9 A20 A21 B2 B3 B4 B5 B6 C3 C6 C7 |
Avaliarase segundo os criterios indicados na convocatoria pública simulada. Ademais, valorarase: o afondamento nos contidos; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; aspectos formais relativos á calidade da presentación. |
40 |
|
Assessment comments |
1.- A asistencia e participación nas sesións de aula e actividades prácticas sinaladas considéranse obrigatorias nunha universidade presencial como é a Universidade da Coruña. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas (de saúde, laborais ou de conciliación), non podan ter unha asistencia sistemática (por encima do 85%), poderán optar a unha modalidade de avaliación específica, sempre que o comuniquen á docente en horario de titorías para a súa oportuna e axeitada consideración. Nestes casos, establécense as seguintes actividades de avaliación: Ensaio reflexivo (30%); Proba de ensaio (70%). As pautas e criterios de avaliación están recollidas no documento de avaliación colgado no Moodle. 2.- O cómputo global da nota final require que a proba de ensaio e a simulación (ou ensaio reflexivo) obteñan unha cualificación de aprobado (5). En caso contrario, só figurará na cualificación final a correspondente ao exame. As actividades superadas só se gardarán durante a convocatoria anual. 3.- Todos os traballos presentaranse en formato dixital (PDF) a través do Moodle. Non se aceptará ningún traballo do que a docente non teña constancia da súa realización.
|
Sources of information |
Basic
|
|
Asamblea General de las Naciones Unidas. Declaración Universal de los Derechos Humanos. Resolución 217 A (III), de 10 decembro de 1948. Arriba, Ana (coord.) (2008). Políticas y bienes sociales: procesos de vulnerabilidad y exclusión social. Madrid: Fundación FOESSA. Barba, María e Morán, M.Carmen (2013). Prisión e dereito á educación.
Atas do XII Congreso Internacional Galego-Português de Psicopedagoxía
(pp.776-788). Belzunegui,
Ángel e Brunet, Ignasi (2012). Los lugares sociales de la pobreza. En
Belzunegui, A. (Coord.), Socialización
de la pobreza en España (pp.11-34). Barcelona: Icaria. Bergalli, Roberto (2009). La humillación: técnicas y discursos para la exclusión social. Barcelona: Bellaterra. Bonet, Jordi (2006). La
vulnerabilidad relacional: análisis del fenómeno y pautas de intervención.
REDES. Revista hispana para el
análisis de redes sociales, 11. Cabrera, Pedro (2003). Cárcel y Exclusión. Revistadel Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales , 35, 83-120. Castel, Robert (1995). De la exclusión como estado a la vulnerabilidad como proceso. Archipiélago. Cuadernos de crítica de la cultura, 21. Castel, Robert (1997). La metamorfosis de la cuestión social, una crónica del salariado. Buenos Aires: Paidós Castel, Robert (2010). El ascenso de las incertidumbres. Buenos Aires: FCE. Cobo, Rosa (2011). Hacia una nueva política sexual. Madrid: Catarata. Cortes
Generales (2007). Informe de la ponencia sobre la prostitución en
nuestro país (154/9) aprobada en sesión de la ponencia de 13 de marzo de
2007. Escudero, José Manuel e Sáez, José (coords.) (2006). Exclusión social, exclusión educativa. Murcia: Diego Martín.García
Roca, Joaquin (2006). Relatos, metáforas y dilemas. Para transformar las
exclusiones. En Vidal, F. (dir), La
exclusión social y el Estado de Bienestar en España. V
García Roca, Joaquín et al. (1991). Pedagogía de la marginación. Madrid, Editorial Popular. García Roca, Joaquín (2007). La revancha del sujeto. Documentación Social, 145, 37-52. Garrido, Vicente e Gómez, Ana Mª (1995). Educación Social en el ámbito penitenciario. Comunicación, Lenguaje y Educación , 27, 53-60. Garrido, Vicente e Martínez, Mª Dolores (eds.) (1998). Educación Social para delincuentes. Valencia: Tirant lo Blanch. Gil, Fernando (2002). La exclusión social. Barcelona: Ariel. Gómez, Águeda e Pérez, Silvia (2009). Prostitución: clientes e outros homes. Vigo: Xerais. Hernández, Blanca (2007). La prostitución, a debate en España. Documentación Social, 144, 75-89. Informe FUHEM de
Políticas sociales (pp. 9-27). Madrid: FUHEM. Jiménez,
Magdalena (2008). Aproximación teórica de la exclusión social: complejidad
e imprecisión del término. Consecuencias para el ámbito educativo. Edudios Pedagógicos, 1, 173-186. Karsz, Saül (comp.) (2004). La exclusión bordeando sus fronteras: definiciones y matices. Barcelona: Gedis. Laespada, Mª Teresa (ed.) (2008). Intervención en exclusión social y drogodependencias: la confluencia entre políticas sociales y sanitarias . Bilbao: Universidad de Deusto. López-Aranguren, Eduardo (2005). Problemas sociales: desigualdad, pobreza, exclusión social. Madrid: Biblioteca Nueva. Manzanos, César (dir.) (2005). Servicios sociales y cárcel: alternativas a la actual cultura punitiva . Victoria-Gastéiz: Salhaketa. Max-Neef,
Manfred; Elizalde, Antonio e Hopenhayn, Martín (1998). Desarrollo y
necesidades humanas. En Desarrollo a
escala humana (pp.37-82). Barcelona: Icaria. Rubio, Mª José e Montero, Silvia (coords.) (2002). La exclusión social: teoría y práctica de la intervención. Madrid, CCS. Sanz, Susana (2010). Colectivos vulnerables y derechos humanos: perspectiva internacional. Valencia: Tirant lo Blanch. Solana, José L. et al. (2008). Los retos de laprostitución: estigmatización, derechos y respeto. Granada: Comares. Subirats, Joan (dir.) (2004). Pobreza y exclusión social un análisis de la realidad española y europea. Barcelona Fundación "La Caixa". Consultado en http://obrasocial.lacaixa.es/StaticFiles/StaticFiles/f28d31d9615d5210VgnVCM1000000e8cf10aRCRD/es/vol16_es.pdf Valverde, Jesús (1997). La cárcel y susconsecuencias. La intervención sobre la conducta desadaptada. Madrid: Popular. Vidal, Fernando (2006) (ed.). La exclusión social y el estado de bienestar en España. V Informe FUHEM de políticas sociales. Barcelona: Icaria. Xunta de Galicia (2004). A prostitución feminina na Comunidade Autónoma de Galicia. Santiago de Compostela: Servizo Galego de Igualdade, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. Xunta de Galicia (2006). II Plan Galego deInclusión Social 2007-2013. Santiago de Compostela: Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar. Consultado en http://benestar.xunta.es/export/sites/default/Vicepresidencia/Biblioteca/Documentos/Plans_e_programas/II_Plan_Galego_Inclusion_Social.pdf Wacquant, Lloïc (2012). El matrionio entre el workfare y el prisionfare en el siglo XXI. Astrolabio, 9 , 184-205. Revistas: - Pedagogía Social. Revista interuniversitaria
- (2000-2001). MonográficoExclusión social, 6-7.
- (2010). Infancia y adolescenciaen dificultad social, 17.
- (2012). Educación social yética profesional, 19.
- (2013). Educación social en prisiones, 22.
- Educación Social. Revista de intervención socioeducativa
- (2000). Drogadicciones:experiencias en clave de futuro, 14.
- (2001). Deontología y prácticaprofesional, 17.
- (2003). Intervenciónsocioeducativa y pueblo gitano, 24.
- (2004). Intervención educativacon personas sin hogar, 27.
- (2007). El trabajo en red en laeducación social, 36.
- (2009). La Inserción Laboralcomo proceso de intervención educativa, 41.
- (2009). La atenciónsocioeducativa en las transiciones vitales, 42.
- (2009). Globalización, diversidad cultural y acción socioeducativa, 43.
- Revista de Educación Social (RES)
- (2016). Educación Social en centros penitenciarios, 22.
- Revista de Educación
- (2012). La educación en instituciones penitenciarias. Historia, políticas públicas y buenas prácticas, 360.
- Documentación social
- (1997): Políticas contra la exclusión social,106.
- (2001). Las otras caras de la globalización, 125.
- (2003). Los procesos de inclusión y exclusiónsocial de las personas con discapacidad, 130.
- (2004). Migración, hacia un modelo de integraciónsocial, 132.
- (2004). Intervención ante laexclusión social, 135.
- (2005). Los objetivos de desarrollo del milenio,136.
- (2005). Vivienda y alojamiento,138.
- (2007). Empleo e inclusiónsocial, 143.
- (2007). La prostitución, unarealidad compleja, 144.
- (2007). Repensar la intervenciónsocial, 145.
- (2007). Migraciones ydesarrollo, 147.
- (2009). Dilemas de la PolíticaSocial, 154.
- (2010). Consecuenciaseconómicas y sociales de la crisis mundial, 158.
- (2011). Ciudadanía universaly democracia a escala humana, 159.
- (2011). Miedo, inseguridad ycontrol social, 161.
- (2012). La discriminación ética hacia la población inmigrante: un reto para la cohesión social, 162.
- Barbecho. Revista de reflexión socioeducativa
- (2002-2003). Opresión,resistencia y acción educativa, 2.
|
Complementary
|
|
AA.VV. (2003). Patrones de exclusión social en el Marco Europeo. Consultadoen http://www.cruzroja.es/pls/portal30/docs/PAGE/SITE_CRE/ARBOL_CARPETAS/BB_QUE_HACEMOS/B10_INTERVENCION_SOCIAL/POBREZA/MAQUETAPATRONES.PDF Antón, Antonio (coord.) (2000). Trabajo, derechossociales y globalización. Algunos retos para el siglo XXI. Madrid: Talasa. Aliena, Rafael. (2005). Descenso a la Periferia: asistencia y condición humana en el territorio de lo social. Valencia: NauLlibres. Álvarez-Uría, Fernando (ed.) (1992). Marginación e inserción. Los nuevos retos de las políticas sociales. Madrid: Endymion. Álvarez-Uría, Fernando et al. (1995). Desigualdad y pobreza hoy. Madrid: Talasa Arriba,Ana (2002). El concepto de exclusión en política social. Unidad de Políticas comparadas. CSIC.Consultado en http://digital.csic.es/bitstream/10261/1495/1/dt-0201.pdf Bauman, Zygmunt (1999). La globalización, consecuencias humanas. México: Fondo deCultura Económica. Bauman, Zygmunt (1999). Trabajo, consumismo y nuevos pobres. Barcelona: Gedisa. Bauman, Zygmunt (2001). La posmodernidad y sus descontentos. Madrid: Akal. Bauman, Zygmunt (2005). Vidas desperdiciadas. La modernidad y sus parias. Barcelona:Paidós. Bergalli, Roberto (Coord.) (2003). Sistema penal y problemas sociales. Barcelona: Bellaterra. Bourdieu, Pierre (dir.) (1999). La miseria del mundo. Madrid, Akal. Castel, Robert, et al (2001). Desigualdad y globalización. Cinco conferencias. Buenos Aires: FCE. Cortina, Adela (2001). Ciudadanos del mundo. Hacia una teoría de la ciudadanía. Madrid,Alianza Editorial. Delgado, Manuel et al. (2003). Exclusión social y diversidad cultural. Donostia: Tercera Prensa. Freire, Paulo (1992). Pedagogía del oprimido. Madrid: Siglo XXI Freire, Paulo (2001).Pedagogía de la indignación. Madrid: Morata. Freire, Paulo (2002).Pedagogía de la esperanza. Mexico: Siglo XXI. García, A. e Sáez, J. (1998). Del racismo a la interculturalidad. Competencia de laeducación. Madrid: Narcea. Gil, Fernando; Jover, Gonzalo e Reyero, David (2001). La enseñanza de los Derechos Humanos. Barcelona: Paidós Giménez, Maria et al. (2003). Nuevas políticas para la inclusión social: agenda pública y prácticas significativas. VIII Congreso Internacional del CLAD sobre la Reforma del Estado y de la Administración Pública, Panamá, 28-31 Oct.2003 Gimeno, Juan A. (2004). Exclusión social y Estadode Bienestar. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces. Goffman, Erving (1982). Estigma. La identidad deteriorada. Buenos Aires: Amorrortu. Hernández, Enrique; Quintana, Pedro e Rodríguez, Fco. Javier
(coords.) (2000). Marginación e intervención social. Actuaciones y
necesidades del coletivo gitano en riesgode exclusión social. Oviedo:
Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones. Hessel, Stéphane (2010). Indignádevos. Faktoría de libros. Jelinek, Elfriede (2005). Los excluidos. Barcelona: Mondadori. Juliano, Dolores (2004). Excluidas y marginales. Una aproximación antropológica. Valencia: Cátedra. Mas, Francesc (2001). Rompiendo fronteras. Una visión positiva de la inmigración. Barcelona: Intermón. Millán, José Carlos (comp.) (2004). Colectivos enriesgo de exclusión. Inmigrantes, minorías étnicas y perspectiva de género. A Coruña: Instituto Gallego de Iniciativas Sociales y Sanitarias. Millán, José Carlos (2005). Políticas sociales, modelos de intervención y estado de bienestar. A Coruña: Instituto Gallego de Iniciativas Sociales y Sanitarias. Muleiro, Hugo (2006). Al margen de la agenda: noticias, discriminación y exclusión. México: Fondo de Cultura Económica. Nun, José. (2001). Marginalidad y exclusión social. Buenos Aires, Fondo de Cultura Económica. Oña, José Manuel (2010). Educación de calle y desarrollo comunitario: una experiencia educativa en contextos de exclusión. Madrid: Cáritas, Fundación Foessa. Renes, Victor (dir.) (2008). VI informe sobre exclusión y desarrollo social en España 2008. Madrid: Fundación FOESSA, Cáritas Española. Riera, Ignasi (2002). Emigrantes y refugiados. Barcelona: Debolsillo. Ruiz, Blanca e Ruíz, Eduardo (2001). Las Políticas de inmigración: la
legitimación de la exclusión. Bilbao: Universidad de Deusto. Santolaria, Félix (1997). Marginación y educación: historia de la educación social en la España moderna y contemporánea. Barcelona, Ariel. Soriano, Andrés (2001): Políticas y economía en la exclusión social. Pedagogía Social Revista Interuniversitaria, 6-7, 21-32. Subirats, Joan (dir.) (2005). Análisis de los factores de exclusión social. Fundación BBVA. Consultado en http://www.fbbva.es/TLFU/dat/DT_2005_04.pdf Subirats, Joan (dir.) (2006). Fragilidades vecinas:narraciones biográficas de exclusión social urbana. Barcelona: Icaria. Subirats, Joan & Gomà, Ricard (dirs.) (2003). Un paso más hacia la inclusión social. Generación de conocimiento, políticas y prácticas para la inclusión social. Madrid: Plataforma de ONGs – IGOP. Consultado en http://www.plataformaongs.org/upload/88/94/un_paso_mas_hacia_la_inclusion_social.pdf Valedor do Pobo (2005). Informe extraordinariosobre a situación da
poboación xitana en Galicia. Santiago de Compostela. Consultado en http://www.valedordopobo.com/index.php?s=115&i=22 Vallés, Josep (2009). Manual del educador social:intervención en servicios sociales. Pirámide. Varela, Julia e Álvarez-Uría, Fernando (1989). Sujetos frágiles. Ensayos de sociología de la desviación. Madrid: Fondo de Cultura Económica. Vélaz de Medrano, Mari Carmen (2002). Intervención educativa y orientación en problemas de inadaptación y exclusión por factorese ducativos y socioculturales. Madrid: UNED. Vidal, Fernando (2009). Pan y rosas: fundamentos de exclusión social y empoderamiento. Madrid: Fundación FOESSA. Wacquant, Loïc (2000). Las cárceles de la miseria.Madrid: Alianza Editorial. Wacquant, Loïc (2001). Parias urbanos. Marginalidad en la ciudad a comienzos del milenio. Buenos Aires: Manantial. Wacquant, Loïc (2007). Los condenados de la ciudad:guetos, periferias y estado. Buenos Aires: Siglo XXI. Wacquant, Loïc (2009). Castigar a los pobres. El gobierno neoliberal de la inseguridad social. Barcelona: Gedisa. Xunta de Galicia (2009). Plan Integral para a convivencia e o desenvolvemento social do Pobo Xitano de Galicia. Documento base. Santiago de Compostela: Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar. Consultado en http://benestar.xunta.es/export/sites/default/Vicepresidencia/Biblioteca/Documentos/Plans_e_programas/planxitano.pdf |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa/652G03002 | Socioloxía/652G03005 | Pedagoxía social/652G03006 | Xénero, igualdade e educación/652G03007 | Educación multicultural/652G03013 | Intervención en contextos familiares de risco/652G03015 | Servizos sociais e benestar social/652G03014 | Educación de menores en desprotección e conflito social/652G03016 | Educación de persoas adultas e maiores/652G03018 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
Orientación ocupacional/652G03021 |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
|