Estudo de casos |
Ao longo do curso, iranse presentando casos de estudo aos alumnos para a súa análise e discusión en clase, así como para a elaboración de traballos ben individuais, ben colectivos, que serán obxecto de avaliación e computarán na nota final.
Os casos corresponderanse con aspectos ilustrativos dos temas obxecto da materia.
O profesor axudarase e propoñerá aos alumnos o emprego de ferramentas de simulación para a toma de decisións a través dun xogo de empresa. |
Proba de resposta múltiple |
Consistirá nunha proba de avaliación dos coñecementos adquiridos á finalización da exposición de todos os contidos da materia.
Propoñerase un conxunto de preguntas con varias opcións de resposta. O número de preguntas, de opcións de resposta e o criterio de puntuación será establecido polo profesor á súa discreción. Os alumnos serán informados de tales aspectos coa antelación debida. |