PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación anteriormente descrita é OBRIGATORIA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade. levará a cabo unha avaliación continua onde a aplicación das porcentaxes correspondentes realizarase a condición de que o alumno teña todas as probas (Dossier de exercicios e Proba de ensaio/desarrolllo) superadas de maneira independente.
Cando o alumno non supere de maneira independente una ou máis probas suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non superar algunha das avaliacións, figurará cun 4,5 en acta.
O feito de non presentarse a algunha das probas implica figurar en acta como NON PRESENTADO.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Para a Segunda Oportunidade o alumno será avaliado mediante un exame único escrito que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
MATRÍCULA PARCIAL:
Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.
OPORTUNIDADE ADIANTADA:
Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
MATRÍCULA DE HONRA:
Poderán optar a matrícula de Honra aqueles alumnos cuxa media supere o 9,5.
A profesora da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente da materia.