Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A18 |
Interpretar datos e indicadores socioeconómicos. |
A25 |
Aplicar as distintas técnicas de avaliación e auditoría sociolaboral. |
A26 |
Aplicar técnicas cuantitativas e cualitativas de investigación social ao ámbito laboral. |
A31 |
Aplicar os coñecementos á práctica. |
A35 |
Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais. |
B1 |
Resolución de problemas. |
B2 |
Capacidade de análise e síntese. |
B3 |
Capacidade de organización e planificación. |
B4 |
Capacidade de xestión da información. |
B9 |
Traballo en equipos. |
B14 |
Aprendizaxe autónomo. |
B15 |
Creatividade. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Coñecer o carácter científico da Socioloxía e saber os diferentes paradigmas e perspectivas na investigación social. |
A18 A25 A26 A31 A35
|
B1 B2 B3 B4 B9 B14 B15
|
C1 C3 C6 C8
|
- Coñecer os pasos para a elaboración dun proxecto de investigacon e se capaz de plantexar un proxecto de investigación nas áreas temáticas da titulación (relacións laborais, empresa, recursos humanos) |
A18 A25 A26 A31 A35
|
B1 B2 B3 B4 B9 B14 B15
|
C1 C3 C6 C8
|
- Coñecer e manexar as principais fontes de información estatística sobre mercado laboral. |
A18 A25 A26 A31 A35
|
B1 B2 B3 B4 B9 B14 B15
|
C1 C3 C6 C8
|
- Coñecer as principais técnicas de investigación social, tanto de carácter cualitativo como cuantitativo e saber empregalas nunha investigación. |
A18 A25 A26 A31 A35
|
B1 B2 B3 B4 B9 B14 B15
|
C1 C3 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. PROCESO E DESEÑO DA INVESTIGACIÓN SOCIAL |
O proxecto de investigación. Antecedentes e marco teórico: condicións e orixe do problema de investigación. Definición de obxectivos e hipóteses. Proposta metodolóxica e selección das técnicas de investigación. Unidades de observación e variables. Planificación das actividades |
TEMA 2. FONTES ESTATÍSTICAS PARA O ESTUDIO DAS RELACIÓNS LABORAIS |
Fontes estatísticas: definición e ámbitos de aplicación nas Ciencias Sociais. Elementos básicos da análise estatística da información. Presentación da información: táboas e gráficos. Introducción ás estatísticas laborais en España no marco da UE. As estatísticas de Afiliación á Seguridade Social e de Demandantes de Emprego. A Enquisa de Poboación Activa (EPA) |
TEMA 3. TÉCNICAS CUANTITATIVAS DE INVESTIGACIÓN SOCIAL |
Introducción ás principais técnicas cuantitativas de investigación social. Fundamentos de estatística descritiva. A enquisa. Principais aspectos do deseño mostral. A elaboración dos cuestionarios |
TEMA 4. TÉCNICAS CUALITATIVAS DE INVESTIGACIÓN SOCIAL |
A mirada cualitativa en Socioloxía. Introducción ás principais técnicas cualitativas de investigación social. A entrevista en profundidade. O grupo de discusión. A observación participante. A análise da información cualitativa: enfoques e procedementos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A18 A26 B2 B14 C6 |
5 |
5 |
10 |
Lecturas |
B3 B4 C3 |
2 |
16 |
18 |
Análise de fontes documentais |
A18 B3 B4 B9 C3 |
3 |
12 |
15 |
Aprendizaxe colaborativa |
B3 B9 B15 C8 C6 |
5 |
10 |
15 |
Obradoiro |
A18 A25 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C3 C6 C8 |
13 |
17 |
30 |
Traballos tutelados |
A18 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C1 C3 C6 |
5 |
15 |
20 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A25 A31 A35 B1 B15 C8 |
10 |
20 |
30 |
Presentación oral |
A18 A31 B2 B3 B4 B14 B15 C3 C1 |
2 |
8 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
A sesión maxistral consiste na explicación do temario da materia durante a aula. É preciso a asistencia ás clases para ter un seguimento continuo das tarefas encomendadas. |
Lecturas |
Os temas abordados nas sesións expositivas serán complementados cuns textos de lectura obrigatoria para os e as estudiantes. |
Análise de fontes documentais |
As fontes de información son básicamente documentais, tipo informes, estatísticas, artigos, bibliografía, etc. Resulta necesario o seu manexo para coñecer o ámbito de estudo, así como para construir o marco teórico do traballo a realizar |
Aprendizaxe colaborativa |
A metodoloxía docente sobre a que se basa a materia pretende desenvolver a aprendizaxe colaborativa, xa que se evidencia -a través do que se coñece como intelixencia social-como mellor que o autónomo |
Obradoiro |
A materia, os seus contidos e a súa aplicación práctica artéllase mediante un obradoiro, de maneira que a aula sexa un lugar de traballo, tratando así de experimentar e acostumbrar ao alumnado á mecánica e xeito de facer na vida laboral, tanto en canto a presencia, horarios, reparto de tarefas, cronogramas, responsabilidade, resultado final, etc. |
Traballos tutelados |
Ben sexa indivual ou colectivamente, o traballo final exisido na materia debe ir cumprindo unha serie de etapas e contidos. Todo elo conleva a necesaria titorización de dito traballo, tanto para resolver calquer tipo de dúbida como para ter unha supervisión axeitada do mesmo. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
O traballo final da materia consiste na realización dun anteproxecto de investigación, enfocado nunha temática en concreto e desenvolvendo todos os seus apartadados. |
Presentación oral |
Outra faceta a desenvolver dentro da planificación da materia é que o alumnado se acostume a falar en público e, máis concretamente, a presentar os informes técnicos resultantes do seu traballo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Presentación oral |
|
Descrición |
Requeriráse a asistencia a titorias, previa petición de cita por correo electrónico (gabriel.vazquez@udc.es) por parte dos e das estudiantes nas seguintes ocasións:
- Resolución de dúbidas e tratamento individualización dos problemas que xurdan a cada estudiante na redacción do anteproxecto de investigación que se realizará nas sesións interactivas da materia.
- Consulta de dúbidas sobre calquera aspecto da materia.
- Revisión das cualificacións do anteproxecto de investigación, o exame e a cualificación global da materia.
O profesor responsable tentará na medida do posible colgar a información pertinente da asignatura no Campus Virtual para facilitar así o seguimento da mesma. Tamén contestará a preguntas e dúbidas realizadas por correo electrónico.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. Na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A18 A25 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C3 C6 C8 |
A colaboración e o traballo en equipo son habilidades e méritos a ter en conta, de cara a unha mellor integración e contribución en futuros postos profesionais, que son principalmente en colectivos, tipo empresas, gabinetes, organismos, institucións, oficiñas, etc. De aí que se teña en conta o desenvolvemento, interese, participación e convivencia cos compañeiros por parte do alumnado. |
30 |
Traballos tutelados |
A18 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C1 C3 C6 |
De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega. |
20 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A25 A31 A35 B1 B15 C8 |
Consiste na redacción dun anteproxecto de investigación nunha temática relacionada con algún aspecto abordado na titulación e cunha orientación dirixida a facilitar a posterior realización da memoria fin de Grao.
O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico, no que se prestará especial atención ás funcións e efectos do emprego e os recursos humanos.
Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor.
O alumnado deberá recoller no mesmo os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como outra de carácter primario que sirva para o propósito da investigación a realizar.
Este traballo é a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflictir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados. |
40 |
Presentación oral |
A18 A31 B2 B3 B4 B14 B15 C3 C1 |
Aínda que se trate de levar a cabo traballos de carácter colectivo ou integrados dentro dun entorno social determinado, tamén é necesario que o alumnado tome conciencia da súa contribución ao mesmo e saiba reivindicalo e expoñelo. De aí que se avalíe a presentación ao resto da clase dos respectivos traballos e/ou aportacións por parte do alumnado, de xeito individual. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Esta materia está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.
A non asistencia ao 80% de las clases supón automáticamente que non se pode avaliar mediante este proceso e metodoloxía de claro carácter continuo, pasando por tanto a opción da avaliación mediante a proba ou probas obxectivas contempladas no calendario académico correspondente. Nos casos de realización de prácticas ou outras causas debidamente xustificadas, a porcentaxe necesaria de asistencia para poder ser avaliado mediante o sistema exposto nesta guía docente poderá ser do 60%, sempre e cando se acorde co profesor un seguimiento ou calquer outra forma para suplir as ausencias.
A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico; sendo a asistencia, o interese, a participación, as valoracións propia e dos demáis compeñeiros e a exposición oral pública os outros pilares para a avaliación da asignatura.
O traballo poderá ser individual ou colectivo, ponderándose a avaliación en base ao número de autores. Se ben se postula como fórmula ou indicación preferente a realización do traballo de maneira colectiva, en formato obradoiro e nas horas lectivas.
Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.
Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.
Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que, ademáis dos contidos teóricos explicitados nesta guía e con base na bibliografía tamén exposta, se inclúe un soposto de carácter práctico.
O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.
Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.
Básicamente, e para dicilo dun xeito sinxelo, trátase de ensinar e aprender esta materia cun plantexamento parecido ou imitando aos lugares de traballo sociolóxico, de maneira que o alumnado desenvolva capacidades de autoxestión e se familiarice con estos procesos, de cara a súa mellor integración e desenvolvemento no mercado laboral. De aí tamén que a figura do profesor se centre máis na orientación, guía, supervisión, corrección e estímulo durante as xornadas de traballo en clase.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
IBÁÑEZ, J. (2003). Cómo se realiza una investigación mediante grupo de discusión, páxs. 283-297 en GARCÍA FERRANDO, M. et alia, El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación.. Madrid. Alianza
AZOFRA, M.J. (1999). Cuestionarios. Madrid. CIS
TAYLOR, S.J. e BOGDAN, P. (1996). Introducción a los métodos cualitativos de investigación (PÁXS. 100-132). Barcelona. Paidós
BERICAT, E. (1998). La integración de los métodos cuantitativo y cualitativo en la investigación social (PÁXS. 103-146). Barcelona. Ariel
MIGUEL, A. DE (1997). Manual del perfecto sociólogo (PÁXS. 59-91). Madrid. Espasa
CEA D'ANCONA, M.A. (1996). Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social (PÁXS. 220-237). Madrid. Síntesis
CEA D'ANCONA, M.A. (1996). Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social (PÁXS. 239-291). Madrid. Síntesis
CEA D'ANCONA, M. (1996). Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social (PÁXS. 81-122). Madrid. Síntesis
DUVERGER, M. (1996). Métodos de las ciencias sociales (PÁXS. 17-56). Barcelona. Ariel
PONS, I. (1993). Programación de la investigación social (PÁXS. 27-54). Madrid. CIS
GARCÍA FERRANDO, M. (1997). Socioestadística. Introducción a la estadística en Sociología (PÁXS. 45-83). Madrid. Alianza
VALLÉS, M.S. (2003). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica (PÁXS. 339-401). Madrid. Síntesis
SIERRA BRAVO, R. (1994). Técnicas de investigación social. Teoría y ejercicios (PÁXS. 41-95). Madrid. Paraninfo |
|
Bibliografía complementaria
|
|
ANDER-EGG, E. (1995), Técnicas de investigación social. Buenos Aires: Lumen.
AZOFRA, M.J. (1999), Cuestionarios. Madrid: CIS.
BERICAT, E. (1998), La integración de los métodos cuantitativo y cualitativo en la investigación social. Barcelona: Ariel.
CEA D’ANCONA, M.A. (1996), Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social. Madrid: Síntesis.
CORBETTA, P. (2007), Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill.
DELGADO, J.M. e GUTIÉRREZ, J. (1994), Métodos y técnicas de investigación en Ciencias Sociales. Madrid: Síntesis.
DUVERGER, M. (1996), Métodos de las ciencias sociales. Barcelona: Ariel.
FESTINGER, L. e KATZ, D. (1992, comps.), Los métodos de investigación en las ciencias sociales. Barcelona: Paidós.
GARCÍA FERRANDO, M. (1997), Socioestadística. Introducción a la estadística en Sociología. Madrid: Alianza.
GARCÍA FERRANDO, M.; IBÁÑEZ, J. e ALVIRA, F. (2000), El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación. Madrid: Alianza.
KÖNING, R. (1973), Tratado de Sociología empírica. Madrid: Tecnos.
MAYNTZ, R. (1988), Introducción a los métodos de la Sociología. Madrid: Alianza.
MIGUEL, A. DE (1997), Manual del perfecto sociólogo. Madrid: Espasa.
MILLS, C.W. (1987), La imaginación sociológica. México: Fondo de Cultura Económica.
PONS, I. (1993), Programación de la investigación social. Madrid: CIS
SELLTIZ, C.; WRIGHTSMAN, L.S. e COOK, S.W. (1980), Métodos de investigación en las relaciones sociales. Madrid: Rialp.
SIERRA BRAVO, R. (1976), Técnicas de investigación social. Ejercicios y problemas. Madrid: Paraninfo.
TAYLOR, S.J. e BOGDAN, R. (1996), Introducción a los métodos cualitativos de investigación. Barcelona: Paidós.
VALLÉS, M.S. (2003), Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid: Síntesis. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Socioloxía do Traballo/760G01017 | Estatística Descritiva/760G01018 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Informática Aplicada/760G01041 |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo Fin de Grao/760G01034 |
|
|