As
cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no
que se realicen.
As
probas obxectivas poden incluir preguntas de resposta curta e/ou tipo test,
resolución problemas en papel ou deseño de circuitos co software ISE.
Nota final
A
nota final calcularase, en xeral, como:
Nota
Final =0,15 x Nota proba obxectiva 1 + 0,15 x Nota
proba obxectiva 2 + 0,2 x Nota proba obxectiva 3 + 0,5 x Nota
Simulación
Aqueles
estudantes que non tivesen calificación nalgunha das 2 primeiras probas
obxectivas, ou ben, acadasen calificacións moi baixas poden optar a realizar a
3ª proba obxectiva cun peso do 50% (a proba será distinta neste caso). Neste
suposto a nota final será:
Nota
Final=0,5*Nota proba obxectiva 3 +0,5 x Nota Simulación
Segunda
oportunidade
Na
segunda oportunidade, realizaráse unha proba obxectiva que pode constar de
cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario, exercicios escritos e de
deseño de circuitos co software ISE.