Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Cálculo Código 770G02001
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Benitez Garcia, Marta
Correo electrónico
marta.benitez@udc.es
Profesorado
Benitez Garcia, Marta
Suarez Peñaranda, Vicente
Correo electrónico
marta.benitez@udc.es
vicente.suarez.penaranda@udc.es
Web
Descrición xeral Se introducen os conceptos básicos do conxunto Rn para posteriormente definir as funcións sobre dito conxunto, e estudar os conceptos de límite, continuidade e diferenciación. Se estuda a integración para funcións dunha variable e posteriormente en funcións de varias variables

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A3 Capacidade para realizar medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos e informes.
A6 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poidan suscitar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B3 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Familiarizarse coa linguaxe propio do Cálculo A6
B4
Entender as características básicas do plantexamento dun problema matemático facendo uso das ferramentas que nos proporciona o cálculo. A3
A6
B1
C6
Ser capaz de valorar a dificultade dun problema e de elexir o método do cálculo máis axeitado para a súa resolución, incluídos os métodos numéricos. Ter unha boa disposición para a resolución de problemas. A6
B1
B2
B4
Ser capaz de empregar a bibliografía e as ferramentas TIC dispoñibles para atopar a información necesaria para resolver un problema dado. B6
C3
Coñecemento e dominio das operacións básicas con números complexos. A6
Dominio do significado xeométrico subxacente ao formalismo matemático empregado. Representación no plano e no espacio empregando distintos sistemas de coordenadas. A6
B1
Dominio dos coñecementos básicos de funcións de varias variables: conxuntos de nivel, límite, continuidade. A6
Comprender a importancia da derivada parcial como razón de cambio dunha magnitude (física, química, económica) e valorar a súa utilidade para formular problemas matemáticamente. A6
B3
Comprender o significado da integral e a súa interpretación e uso para formular diversos problemas. Saber aplicar a integral para o cálculo de áreas planas, superficies de revolución e volumes de sólidos. A6
B1
B3
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. O corpo dos números complexos O corpo dos números complexos. Operacións: suma, produto. Módulo e argumento. Forma exponencial. Operacións en forma exponencial.
2. Topoloxía en Rn. Produto escalar, módulo e distancia. Clasificación de puntos e conxuntos. Topoloxía en R: conxunto acoutado, supremo, ínfimo, máximo, mínimo. Coordenadas polares, cilíndricas e esféricas.

3. Funcións de varias variables. Funcións escalares e vectoriais. Conxuntos de nivel.
Continuidade. Continuidade en compactos.
4. Diferenciación de funcións vectoriais. Derivada direccional. Derivadas parciais: propiedades e cálculo práctico. Diferencial dunha función. Relación entre diferencial e derivadas parciais. Vector gradiente, relación coas derivadas direccionais.
Derivadas parciais de orde superior. Matriz Xacobiana.
5. Aplicacións da diferenciación de funcións vectoriais. Teorema de Taylor para funcións reais e escalares.
Puntos críticos, clasificación. Matriz Hessiana.
Extremos condicionados: reducción da dimensión, método dos multiplicadores de Lagrange.
6. Integración de funcións reais. Sumas de Riemann. Funcións integrables.
Teoremas do cálculo integral: teorema do valor medio, primeiro e segundo teoremas fundamentais.
Integración numérica: método de Simpson
Cálculo de volumes.
7. Integración múltiple. Integrais dobres. Integrais triplas. Cambio de variables nas integrais múltiples. Aplicacións das integrais: cálculo de áreas e volumes

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B4 B3 21 42 63
Solución de problemas A3 A6 B2 B3 C3 14 14 28
Obradoiro A6 B6 B1 C6 14 0 14
Prácticas de laboratorio A6 B6 B1 13 13 26
Proba mixta A6 B1 B4 C6 9 9 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Prácticas de laboratorio O seu obxectivo é que o alumno amose a súa capacidade para resolver problemas dos contidos da asignatura mediante o uso de programas informáticos.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
Consistirá en preguntas de resposta múltiple.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
Obradoiro: posto que esta actividade se desenvolve na aula, onde previamente se establecen pequenos grupos de traballo, o profesor ten a ocasión de atender persoalmente as dúbidas que xurdan aos alumnos.

Atención personalizada: no horario establecido polo profesor para este fin, os alumnos poderán voluntariamente requirir a súa atención e plantexar tódalas dúbidas que teñan.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 B6 B1 Os alumnos deben resolver exercicios coa axuda do programa informático que empregaron nas clases de laboratorio. 5
Solución de problemas A3 A6 B2 B3 C3 Formularanse cuestións teórico-prácticas nas que o estudante buscará a solución a un problema determinado. 20
Proba mixta A6 B1 B4 C6 Son probas coas que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte do estudante. Non terán un perfil definido, xa que poden abranguer dende cuestións test, nas que o alumno unicamente debe elixir unha resposta entre as opcións que se propoñen, ata a resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou contestar a cuestións teóricas que reflicten o grao de coñecemento da materia. 75
 
Observacións avaliación
<p>A cualificación final da asignatura consta de tres partes:</p><p>i) solución de problemas: teñen lugar mediante probas escritas e durante o
desenvovemento das clases na aula, no que o profesor valora de forma individual
o grao de coñecemento da materia por parte de cada alumno. Esta parte representa o 20% da cualificación.</p><p>ii) realización das prácticas de laboratorio, onde os alumnos deberán saber
utilizar os programas informáticos que lles proporciona o profesor para
resolver distintos exercicios que se formulen en relación co contido do
programa da materia. Esta parte representa o 5% da cualificación.</p><p>iii) a realización da prueba mixta. Esta parte supón o 75% da
cualificación da asignatura, da cal o 5% corresponde a probas relativas a
prácticas de laboratorio.</p><p>Aos estudantes a tempo parcial con dispensa académica valoraráseslle o
apartado i) nos examen oficiais, e o 5% correspondente as acitividades
relacionas coas prácticas de laboratorio do apartado iii) por unha proba
práctica.</p>

Fontes de información
Bibliografía básica De Burgos, J. (2008). Cálculo infinitesimal de varias variables. Madrid. Mcgraw-Hill.
Marsden, J.E. (2008). Cálculo vectorial. Madrid. Pearson Educación.
Salas, Hille, Etgen (2003). Calculus (una y varias variables). Barcelona. Reverté
Churchill, R. y Brown, J. (1987). Variable compleja y aplicaciones. Madrid: McGraw-Hill Interamericana

Bibliografía complementaria Purcell, E.J.; Varberg, D.; Rigdon, S.E. (2001). Cálculo. México. Prentice-Hall
García López, A. (2002 ). Cálculo II: Teoría y problemas de funciones de varias variables. Madrid. CLAGSA
Prieto Saéz, E.; Rodriguez e outros (1995). Matemáticas I. Economía y Empresa. 4000 pruebas de evaluación . Centro de Estudios Ramón Areces
Ladra, M, e outros (2003). Preguntas test de Álgebra Lineal y Cálculo Vectorial. Ferrol. E.U.Politécnica


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Alxebra/770G02006
Ecuacións Diferenciais/770G02011

Observacións
&lt;p&gt; Estudo diario dos contidos tratados nas sesións de sesión maxistral, complementados co curso virtual e a bibliografía recomendada.&lt;/p&gt;&lt;p&gt;Resolución tanto dos exercicios propostos nas sesións presenciais como doutros atopados na bibliografía recomendada.&lt;/p&gt;&lt;p&gt;É recomendable o traballo en grupos reducidos xa que a discusión entre os membros do mesmo axuda a resolver as distintas cuestións que se podan plantexar no estudo da asignatura.&lt;/p&gt;&lt;p&gt;Uso das horas de titoría do profesorado para resolver todo tipo de dúbidas sobre os contidos da materia.&amp;nbsp; &lt;/p&gt;


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías