Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Organización de Empresas Código 770G02037
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é achegar ao futuro enxeñeiro os coñecementos básicos da organización de empresas.
Desta maneira, trátase de capacitar ao alumno para desenvolver as competencias básicas para a toma de decisións referentes á planificación, programación e control da produción, así como desenvolver a apreciación da interacción entre a función de produción e as demais funcións da organización.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os distintos sistemas de xestión da produción e estratexias que se poden adoptar na dirección de operacións. A1
A20
A22
B3
B6
C5
C8
Manexo dalgunhas técnicas para a planificación e control da producción A1
A22
B1
B3
B7
Manexo de ferramentas para a xestión de proxectos A1
A22
B1
B4
B5
C5
Comprender a importancia da xestión dos recursos humanos dentro da empresa A1
B2
B4
B6
C1
Coñecemento do marco dos sistemas de xestión de calidade A35
B1
B4

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I:INTRODUCCIÓN
Tema 1: A empresa e a súa actividade produtiva.
Tema 2: A producción e os sistemas productivos.
BLOQUE II: DECISIÓNS TÁCTICAS E OPERATIVAS NA PRODUCCIÓN Tema 3: Xestión da cadea de subministracións.
Tema 4: Xestión de inventarios.
Tema 5: Planificación agregada.
Tema 6: Planificación de necesidades de material (MRP)
Tema 7: Produción "Just in Time" e produción axustada.
Tema 8: Dirección de proxectos.
BLOQUE III: DECISIÓNS ESTRATÉXICAS NA PRODUCCIÓN Tema 9: Deseño de produtos e servizos.
Tema 10: Estratexia de procesos e planificación da capacidade.
Tema 11: Estratexia de localización.
Tema 12: Estratexias de distribución en planta.
Tema 13: Estratexia e xestión da calidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A1 A20 A22 A35 B1 B2 B5 3.5 0 3.5
Solución de problemas B1 B3 B4 B6 C8 C1 14 21 35
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 C5 C8 4 4 8
Prácticas a través de TIC B1 B4 B6 C8 13 27 40
Sesión maxistral A1 A20 A22 B7 21 42 63
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba obxectiva composta por preguntas de teoría e exercicios prácticos que valorarán a adquisición dos coñecementos da materia.
Solución de problemas Resolución de problemas que permitirán afianzar os coñecementos teóricos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a xornadas ou conferencias que considere a profesora que sexan de interese para o alumno,así mesmo a visita a algunha empresa.
Prácticas a través de TIC Prácticas no ordenador, para afianzar os coñecementos teóricos e aprender o manexo de diferentes software na planificación da producción e de proxectos.
Sesión maxistral Exposición do contido teórico dos distintos temas do programa da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os problemas ou traballos expostos no despacho da profesora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 C5 C8 Asistencia a eventos expostos pola profesora que requirirán a realización dun traballo a posteriori que integrase no portafolio 5
Solución de problemas B1 B3 B4 B6 C8 C1 Resolución de problemas prácticos, que poderán entregarse e clase ou se requirirá a súa realización polo alumno fóra das aulas. 10
Proba mixta A1 A20 A22 A35 B1 B2 B5 Realizarase un exame parcial que liberará materia para o exame final 70
Prácticas a través de TIC B1 B4 B6 C8 Prácticas no ordenador que se realizarán na aula o fora de ela e que requiran a súa entrega dentro dun prazo 15
 
Observacións avaliación

Os alumnos poderán acollerse a dúas formas de avaliación:

- Avaliación continua: aqueles alumnos que decidan realizar todos os traballos expostos ao longo do curso. Neste caso a proba mixta ten un valor do 70% e os traballos un 30% (como se establece nas metodoloxías).
- Avaliación NON continua: aqueles alumnos que non realicen os traballos expostos. Neste caso, o exame final terá un valor do 70%.
A mediados do curso realizarase un exame parcial que liberará materia para o exame final.
As notas dos traballos e do exame parcial gardarase ata a 2º convocatoria (xullo).
Durante o curso confirmarase se leva a cabo a visita á empresa ou no seu caso asistirase a algún evento científico, en calquera dos dous, requirirase a realización dun traballo. O seu cualificación final será dun 5% da nota final, ao só realizarse unha destas dúas metodoloxías.


Fontes de información
Bibliografía básica Heizer, J; Render, B. (2009). Dirección de la producción. Prentice Hall
Domínguez Machuca, J.A. et al. (1995). Dirección de operaciones. McGraw-Hill
Casanovas, A.; Cuatrecasas, LI (2001). Logística empresarial. Gestión 2000

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión Empresarial/770G01010
Tecnoloxías de Fabricación/770G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías