Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Recursos humanos Código 610509135
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Gago Cortés, María Carmen
Correo electrónico
m.gago@udc.es
Profesorado
Gago Cortés, María Carmen
Correo electrónico
m.gago@udc.es
Web http://http://miiquimica.webnode.es
Descrición xeral A materia Recursos humanos trata de dotar ao alumnado dunha formación específica para a xestión de recursos humanos, sendo a única materia do plan de estudos que analiza contidos relacionados coa xestión de persoas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A5 CE5 - Avaliar axeitadamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado con produtos químicos especiais
A9 CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
B1 CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 CG1 – Innovar en espazos e áreas do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito empresarial
B8 CG3 – Avaliar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no campo da Química Industrial e da investigación química
B9 CG4 - Demostrar capacidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional
B12 CG8 - Avaliar a dimensión humana, económica, xurídica e ética na práctica profesional, así como as implicacións ambientais do seu traballo.
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C2 CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinares.
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
C5 CT5 - Demostrar unha actitude de respecto polas opinións, valores, comportamentos e prácticas doutros

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a normativa laboral española. AM2
AM9
BM1
BM8
BM11
BM12
CM3
CM5
Aprender e desenvolver as técnicas de xestión de RR.HH que permitan integrar esforzos de forma coordinada. AM2
AM5
AM9
BM1
BM4
BM5
BM6
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
Potenciar as habilidades de dirección de grupos de traballo, tanto técnicas como humanas (consecución de obxectivos). AM2
AM5
AM9
BM1
BM4
BM5
BM6
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: - Normativa laboral.
- Xestión de recursos humanos.
- Grupos de traballo.
- Traballo en equipo.
- Técnicas de motivación e resolución de conflitos.
- Liderado e delegación.
- Selección de persoal.
Tema 1. Xestión dos recursos humanos 1.1. Os Recursos Humanos (RRHH) na empresa e a evolución da xestión dos RRHH
1.2. A xestión de RRHH
Tema 2. Análise e deseño de postos de traballo 2.1. Concepto e análise do posto de traballo
2.2. Deseño e redeseño de postos
Tema 3. Planificación dos recursos humanos e flexibilidade da forza laboral 3.1. A planificación de recursos humanos
3.2. O proceso de planificación de RRHH
3.3. Flexibilidade da forza laboral
Tema 4. Recrutamento e selección 4.1. O recrutamento de persoal
4.2. A selección de persoal
Tema 5. Normativa laboral relacionada coa contratación. Socialización 5.1. A contratación na empresa
5.2. A Orientación e socialización
Tema 6. Formación dos recursos humanos e xestión de carreiras 6.1. Formación dos RRHH
6.2. A xestión de carreiras
Tema 7. Avaliación e mellora do desempeño e sistema de retribución 7.1. O concepto de avaliación do rendemento
7.2. O proceso de avaliación do rendemento
7.3. A retribución

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 B4 B5 12 0 12
Proba obxectiva B1 B4 B5 0 20 20
Traballos tutelados A9 C3 C1 0 10 10
Estudo de casos A2 A5 A9 B1 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C2 C4 C5 0 8 8
Presentación oral B4 B6 B8 B9 C1 C2 C5 0 8 8
Proba oral C3 0 8 8
Seminario B1 B11 C4 C5 7 0 7
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de encerado, computador, canón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.
Proba obxectiva Exame tipo test e/ou preguntas de resposta breve.
Traballos tutelados Realización de traballos, tanto individualmente, como en grupo, sobre temas científicos relacionados coas distintas materias do Máster.
Estudo de casos Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestiones tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.)
Presentación oral Exposición oral de traballos, informes, etc., incluíndo debate con profesores e alumnos.
Proba oral Avaliación continua do alumnado mediante preguntas e cuestións orais durante o curso.
Seminario Seminarios realizados con profesorado propio do Máster, ou con profesionais convidados da empresa, a administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Estudo de casos
Presentación oral
Proba oral
Descrición
Adaptación das metodoloxías seleccionadas ás circunstancias particulares de cada grupo de referencia. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B4 B5 Exame tipo test e/ou preguntas de resposta breve. 60
Traballos tutelados A9 C3 C1 Realización de traballos, tanto individualmente, como en grupo, sobre temas científicos relacionados coas distintas materias do Máster. 5
Estudo de casos A2 A5 A9 B1 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C2 C4 C5 Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestiones tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.) 15
Presentación oral B4 B6 B8 B9 C1 C2 C5 Exposición oral de traballos, informes, etc., incluíndo debate con profesores e alumnos. 10
Proba oral C3 Avaliación continua do alumnado mediante preguntas e cuestións orais durante o curso. 10
 
Observacións avaliación
A avaliación continua terá en conta a participación nas clases, así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.

a.- Exame 60% da cualificación.
b.- Participación nas actividades desenvolvidas na aula 40% (resolución problemas e casos 15%; realización de traballos 5%; presentación de traballos 10%; avaliación continua mediante preguntas e cuestións 10%).

Para poder sumar as notas das actividades desenvolvidas na aula, é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2,5 sobre 6 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.

É necesaria unha asistencia mínima ás clases do 80% para poder superar a materia. A puntuación do apartado b gardarase para a convocatoria de xullo, pero en ningún caso para os cursos posteriores.

Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.

A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.

Fontes de información
Bibliografía básica De la Calle Durán, M.C., Ortiz de Urbina Criado, M. (2004, 2014). Fundamentos de recursos humanos. Madrid: Pearson Educación

O profesor/para poderá proporcionar bibliografía específica para cada tema.

Bibliografía complementaria Bonache, J.; Cabrera, Á. (2006). Dirección de personas: evidencias y perspectivas para el siglo XXI. Madrid: Prentice Hall
Sastre, M.Á.; Aguilar, E.Mª (2003). Dirección de recursos humanos. Un enfoque estratégico. Madrid: McGraw-Hill
García-Tenorio, J.; Sabater, R. (Coordinadores) (2004). Fundamentos de dirección y gestión de recursos humanos. Madrid: Thomson Civitas
Gómez-Mejía, L.R.; Balkin, D.B.; Cardy, R.L. (2016). Gestión de recursos humanos. Madrid: Prentice Hall
Fernández Sánchez, E., Junquera Cimadevilla, B. (2013). Iniciación a los recursos humanos. Septem Universitas
Dolan, S.; Valle, R. (2007). La gestión de los recursos humanos: como atraer, retener y desarrolar con éxito el capital humano en tiempos de transformación. Madrid: McGraw-Hill
Valle, R.J. (coord.) (2004). La gestión estratégica de los recursos humanos. Madrid: Pearson Educación


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás clases, participe activamente en todas as actividades propostas polos profesores e consulte a bibliografía e outro material recomendado. As titorías son un recurso útil que os alumnos deberían utilizar as veces que fose necesario. O acceso campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispoñer e revisar antes das clases o material complementario facilita a participación do alumno e a súa capacidade de adquirir coñecementos.

Recoméndase tamén a lectura do programa e as normas de avaliación.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías