Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber discernir e elexir as metodoloxías de traballo aplicables a cada problema. |
A15 A16 A20 A22 A26
|
B3
|
C4 C6 C8
|
Saber planificar e executar as distintas etapas do proceso analítico para o análise de trazas, xunto coa interpretación dos datos obtidos. |
A14 A17 A19 A20 A21 A23
|
B2 B4
|
C3
|
Saber diferenciar os obxetivos e aplicabilidade das principais ferramentas quimiométricas. Saber extraer información quimiométrica multivariable dun exemplo sinxelo relacionado cun estudo medioambiental. |
A14 A15 A16 A20 A26
|
B2 B4 B5
|
C2 C3 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Introducción ao análise de trazas |
Importancia da análise de trazas e campos de aplicación. O proceso analítico na análise de trazas: requerimentos especiais. Importancia e requisitos básicos da mostraxe. Estratexias de mostraxe. Conservación e tratamento da mostra: fontes de erro. Aseguramento da calidade na análise de trazas.
|
Tema 2. Análisis de trazas inorgánicas |
Introducción. Destrucción de matrices orgánicas. Descomposición e disolución de matrices inorgánicas. Procesos de separación e preconcentración en análise de trazas inorgánicas. Especiación de elementos traza. Aplicacións analíticas. |
Tema 3. Análisis de trazas orgánicas |
Introducción. Métodos de extracción de mostras sólidas. Métodos de extracción de mostras líquidas. Purificación, fraccionamento e concentración de extractos orgánicos. Aplicacións analíticas. |
Tema 4. Automatización no laboratorio analítico |
Obxectivos da automatización. Ventaxas e desventaxas da automatización. Clasificación dos sistemas analíticos automáticos. Robotización do laboratorio. Miniaturización. Análisis de procesos. |
Tema 5. Introducción á quimiometría |
Definición de quimiometría. A quimiometría no proceso analítico. Concepto de incertidume e cálculos básicos.
|
Tema 6. Inferencia estatística e calibración univariable |
Test estatísticos de inferencia nos laboratorios analíticos: tests de hipóteses e análise da varianza. Aplicacións ao laboratorio e a control de producción. Métodos de calibración. Calibración univariante por regresión lineal de mínimos cuadrados. Validación do modelo de calibración. Intervalos de confianza. |
Tema 7. Deseño e optimización de experimentos |
Deseño experimental: principios básicos. Tipos de deseños: deseños factoriais, deseños factoriais fraccionados e deseños Plackett-Burman. Optimización secuencial: método simplex. Deseños de superficie de resposta.
|
Tema 8. Análise multivariable de datos |
Introducción. Clasificación de métodos de recoñecimento de pautas. Métodos non supervisados: análise de agrupacións, análise de compoñentes principais. Métodos supervisados: método SIMCA, método do veciño máis próximo (KNN). |
Prácticas de laboratorio |
O estudante aplicará os conceptos teóricos desenvolvidos ao longo do curso. Preséntanse diferentes problemas reais (campo medioambiental, industrial, agroalimentario, clínico..) que os estudantes terán que resolver.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A15 A16 A17 A19 A20 A21 A22 A23 A26 B3 B4 B5 |
20 |
30 |
50 |
Seminario |
A15 A16 A20 A21 B2 B3 B4 C3 |
6 |
12 |
18 |
Lecturas |
C4 C6 C8 |
1 |
2.5 |
3.5 |
Sesión maxistral |
A15 A16 A21 A22 C4 |
21 |
52.5 |
73.5 |
Proba mixta |
A14 A15 C2 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Abordaranse diferentes técnicas de pretratamiento da mostra e de separación do analito necesarias antes das determinacións instrumentais (ex. cromatografía). Como traballo inherente ao desenvolvemento experimental empregaranse diferentes ferramentas quimiométricas tanto no proceso de calibración, deseño de experimentos e evaluación de parámetros de calidade analíticos. Ao finalizar as prácticas o estudante entregará unha memoria do traballo realizado cun análise crítico e detallado. |
Seminario |
Remárcanse aspectos esenciais dos temas tratados, resolución de boletíns de exercicios numéricos e cuestións que o profesor entregará previamente aos estudantes. Realizaránse exercicios de intercomparación dos resultados obtidos por diferentes procedementos, esta revisión axuda a entender a complexidade e dificultade dun análisis de trazas.
Realizarase unha aplicación de técnicas multivariantes de recoñecemento de pautas adecuadas para a interpretación dos datos medioambientais. |
Lecturas |
Realizaranse lectura/s seleccionada/s polo profesor relacionadas co análise de trazas. Posteriormente o estudante deberá entregar un pequeno informe no que identifique e resuma a estratexia seguida para a resolución do problema analítico. |
Sesión maxistral |
Acerca dos contidos máis importante do programa. Para un total aproveitamento das mismas, recoméndase que o estudante lea previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar nos textos recomendados. Para a impartición das mesmas empregaranse medios audiovisuais e/o informáticos e fomentarase o diálogo para a correcta comprensión dos contenidos, a resolución de dudas e fomento do sentido crítico.
|
Proba mixta |
Proba escrita que se realiza na convocatoria oficial de enero/xullo na que se evalúa o grao de aprendizaxe e de adquisición de competencias por parte do estudante. Constará tanto de preguntas teóricas como cuestións aplicadas, resolución de problemas e contidos prácticos. A data de realización indicarase no calendario de exames do grado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada que se describe en relación con estas metodoloxías ideouse como momentos de traballo presencial co estudante, polo que implica unha participación obrigatoria do mesmo baixo a supervisión do profesor, o cal resolverá dúbidas, organizará procura bibliográfica, etc.
O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
C4 C6 C8 |
Valorarase o informe detallado das mesmas, no que o estudante debe identificar e xustificar as estratexias seguidas nas mesmas para a resolución dos problemas analíticos.
|
5 |
Seminario |
A15 A16 A20 A21 B2 B3 B4 C3 |
Valorarase a participación dos estudantes neles, ademáis da resolución das cuestións, casos e/ou problemas plantexados polo profesor. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A15 A16 A17 A19 A20 A21 A22 A23 A26 B3 B4 B5 |
Valorarase tanto polo traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención, interpretación dos resultados obtidos) como pola elaboración do diario de laboratorio.
|
15 |
Proba mixta |
A14 A15 C2 |
Realizarase un exame que consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e problemas numéricos relacionados cos contenidos teóricos. Na proba obxectiva incluiranse algunhas preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
O
traballo do alumno será avaliado de forma continua a través da asistencia ás
actividades avaliables, a súa participación nos traballos de seminario, a
resolución de cuestións e problemas numéricos, informe das lecturas, prácticas
de laboratorio e pola proba mixta. A realización das prácticas é
obrigatoria e a súa non realización impide a superación da materia. A
proba mixta consistirá en dúas partes: cuestións teóricas e exercicios
numéricos, cada unha das cales deberá ser superada. No caso de superar algunha
das partes na primera oportunidade, ésta NON se conservará na segunda oportunidad. PRIMEIRA
OPORTUNIDADE Para superar a materia é preciso obter na proba mixta unha nota
mínima de 5 (sobre 10) e no resto de actividades avaliables unha nota mínima de
4 (sobre 10) e alcanzar, ponderadas e sumadas as cualificacións de todas as
actividades avaliables unha nota mínima de 5 (sobre 10). A materia non será
aprobada (mesmo no caso de que a suma total supere 5) se a puntuación dunha das
actividades avaliables non alcanza o 4 e neste caso, a puntuación final da
materia será suspenso (4,5). O
alumno obterá a cualificación de Non Presentado cando non realice nin as
prácticas de laboratorio nin a proba mixta. SEGUNDA
OPORTUNIDADE Na segunda oportunidade realizarse a proba mixta cuxa
calificación substituirá á obtida na primeira oportunidade manténdose as
calificacións das prácticas, seminarios e lecturas obtidas na primeira
oportunidade. Para superar a materia nesta convocatoria é preciso obter na
proba mixta unha nota mínima de 5 (sobre 10) e alcanzar, ponderadas e sumadas
as cualificacións de todas as actividades avaliables unha nota mínima de 5
(sobre 10). Os
alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra
se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriron na súa
totalidade na primeira oportunidade. DEDICACIÓN
A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA O alumno con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente mediante
as cualificacións obtidas na proba mixta (80%), lecturas (5%) e nas prácticas
(15%). A realización das prácticas facilitarase dentro da flexibilidade que
permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Isto
aplica a ambas as oportunidades. SUCESIVOS CURSOS ACADÉMICOS Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de
ensino-aprendizaxe, *incluída a avaliación, refírese a un curso académico e,
por tanto, volvería comezar cun novo curso, *incluídas todas as actividades e
procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
CaMARA, C.; PEREZ-CONDE, C (2011). Análisis químico de trazas. Madrid, Sintesis
MILLER, J.N.; MILLER, J.C. (2002). Estadística y quimiometría para química analítica, 4th edition. Madrid, Prentice-Hall
RAMIS, G.; GARCIA, M.C. (2001). Quimiometria. Madrid, Sintesis
CAMARA, C.; FERNANDEZ, P.; MARTIN-ESTEBAN, A.; PEREZ-CONDE, C.; VIDAL, M. (2002). Toma y tratamiento de muestra. Madrid, Sintesis |
|
Bibliografía complementaria
|
OTTO, M. (2007). Chemometrics : statistics and computer application in analytical chemistry . Weingeim, Willey-VCH
KELLNER, R,; MERMET, J.M.; OTTO, M.; WIDMER, H.M. (2004). Analytical chemistry: a modern approach to analytical science. Winheim, Willey-VCH
VALCARCEL, M.; CARDENAS, M.S. (2000). Automatización y miniaturización en química analítica. Barcelona, Springer-Verlag
jOHN R. DEAN (2014). Environmental Trace Analysis : techniques and applications. United Kingdom, Wiley & Sons |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Analítica 1/610G01011 | Química Analítica 2/610G01012 | Química Analítica Instrumental 1/610G01013 | Química Analítica Instrumental 2/610G01014 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Medio ambiente e calidade/610G01037 |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo de fin de Grao/610G01043 |
|
Observacións |
Recomendamos levar a materia ao día, facer unha boa preparación das prácticas e utilizalas para responder a preguntas, conceptos e completar a formación teórica necesaria. Tratar de construír a capacidade de traballar con "visión analítica" da primeira á última fase do proceso de análise. Ter coñecemento de métodos clásicos e instrumentais de análise (titulacións, gravimetrías, métodos de separación, técnicas eletroanalíticas, óptica e cromatográfica). Ter coñecemento de ferramentas de informática (follas de cálculo, procesamento de texto, navegación en "internet"). Coñecementos básicos de inglés. |
|